sábado, 16 de diciembre de 2017

    A MORTE ESPEREITA.

 As datas son as axeitadas,
 No Nadal, adoitase facer unha cea, que diferencie o cotián con a data do nacemento dun dos redentores da humanidade. Despous de mais de oito mil anos, según o calendario chino, a humanidade, é salvada por algún "salvador" de cando en vez.
 O home da capa remendada. xa mo dixo no seu dia.
 Tamen me dixo que, todos os salvadores eran eso; salvadores. Nunca souperon comunicarse con a humanidade de xeito entendible pola mesma, do mesmo xeito que a humanidade non sabe comunicarse cos chamados animales.
 Todo isto non ben o caso, pous do que quero falar é da maneira de buscar un modo de comer distinto, no chamado equincio de inverno. creo que os intelectuais, chmanlle de outra maneira-
 Nas épocas nas que a humanidade, pasa penurias, una humanidade mais que outra, a maneira de comer as veces leva a diferenciar entre estar ben ou mal alimentado, cousa que é neste caso-
 Pra diferenciarse da maneira de comer no resto do ano, berzas, castañas, patatas e fabas con fariña de mandioca, según decia o Sr. Zé da Tresa, home sabio, que por accidente viviu na comarca, e que non por iso deixou de ser sabio.
 Era unha noite de Decembro de lua que alumeaba como un verdadeiro facho alá arriba, e que facia que as sombras dos castañeiros e carballos, debuxando perfiles na terra e nas leiras e prados, pareceran cousas fantasmagóricas, irreais e de outro mundo descoñecido.
 A primeira manxoeira, armémola no cimo do pozo dos Olmos, donde se decia que, o que chapuzaba alí, ali tiña que deixar de existir. Cousa inda non demostrada-
A segunda, foi no paso de Veigadiz a Veigadarea, xusto por enriba da rodeira dos carros.
 A terceira, por enriba da charca do "ti" Salvador, no cimo dos prados de Veigadiz
 A última no Prado Grande, na caldeira que sae do fondo de Penacoba, para regar o Prado grande.
 Unha vez acabada a faena volveuse para a aldea, xa coas sombras da lúa bastante alargadas. Selene xa ia montada sobre o Monte da Croa, altitude no concello de Vinhais fregesia da Moimenta e Montouto, terra do amigo Aleixandre, home sabio da zona aparte de bon xastre.
 O dia seguinte,pola mañanciña, antes de que os encargados de facer que as boas xentes non defraudaran a facenda estatal madrileña, habia que recoller por si era o caso.
 Escomenzouse a inspecion dos armadillos en sentido inverso, o feito na noite anterior.
 No primeiro armadillo nas vicadas da preseira do fondo de penacoba, solo habia un  nizcalo, cousa que si sucedia, xa non entraba ningunha bácora.
 No segundo, no fondo das callostras de Veigadiz, non entrera nada.
 Na terceira, no paso de Veigadiz a Veigadarea habia unha salmo fario.
 Pra revisar a ultima habia que pasar o riu pro outro lado. Empezaba a subir, pous debian de derreter as neve nas serras de Lubian e demais.
 Pensouse en deixar a manxoeira no seu sito, pous seguro que pasaba igual que nas outras : nada.
 Cuando se cruzou o riu, a hora de sacar a manxoeira, xa se pensou que estaba chea de follas.
 O tentar sacala, estaba tensa, parecia que estaba atada a algo. Seguro que a pedra do fondo era demasiado grande, e o arrastrala enterrabase na area.
 No últimp intento, pareceu que ali dentro algo se movia. Entonces tomouse a decision de ser mais concienzudo a hora de sacala.
 A sorpresa cando saiu a manxoeira foi grande, ali habia, polo menos unha arroba de trutas, negras como chamizos.
 Aquelas foron unhas festas saturnais, memorables. comeronse trutas, fritidas, escabechadas e en caldeirada, incluso as escabechadas chegaron para a noite de fin de ano
 O Tuela non estaba contaminado, inda non se construiran as autovias, e as augas non estaban preservadas, ou como carajo le digan agora.
 O Tuela quitou fames, quitou lixos, regou prados, moveu muiños donde se moia o centeo, coñeceu amorios, incluso nalgunha vez efixo que xentes irresponsables afogaran. Hoxe non fai nada daquelo salvo baixar augas contaminadas pra que algunha empresa teña mais beneficios. Xa non se poderian facer festas de mesa, pous as trutas xa case son solo recordo.