lunes, 27 de junio de 2016

IMPOSTOS A LUZ DO CÚ.




                                           LUZ CULEADA.(Solo luz)
  Neste fin de semana próximo pasado,fumos a Alta Xeabra a enterrar plantas, que esperamos que produzan algo co que podamos subsistir, no caso de que as cousas vayan a peor.
  Do que escribí anteriormente non é do que qeria referir.
  Cando estábamos na Alta Xeabra, concretamente na marxe direita do riu Tuela, ou se queredes mellor na haba do Ladeairo, nun lugar  chamado  San Cibrao, pertencente o Val de Hermisende, e que o Mestre Don Vicente Risco, chamaba o Val dos Marcos.
  Eso do Val dos Marcos coido que viña a conto, dixo-o o ;Mestre, porque no minifundio existente entre horta e horta habia un marco, ou fito según o idioma portugués.
  Fóramos a aldea a espetar cebolas, pementos, tomates e demais plantas de espetar . Cenábamos en casa de un amigo, Mestre de profesión, dos que sempre se aprenden cousas, por algo se chaman Mestres. Este chámase Carlos, bisneto do ti Carlos e sobriño neto de un tal Carlos estudiante de crego e morto antes de cantar misa (non sei por qué eso de cantar misa).
  Enterréramos as cebolas, as patacas, os pementos, e despous de cear unha  “zaragallada” condimentada e cociñada por este pobre aprendiz de contar cousas, a miña dona e mais eu iniciemos o camiño hacia a nosa casa que fai linde coa Igrexa do lugar.
  O chegar a altura da antiga pallarega dos Mikaelos, nun recuncho donde non entraba a luz dos faroles eléctricos que alumean os camiños, estaba, todo pancho un coco relumbrón.
  Falémos del e de como se chama en Galicia o mesmo bichexo: Vagalume.
  A noite seguinte, cando volviamos de novo para casa, o coco relumbrón estaba no mesmo lugar. todo teso e pancho
  Dicen que estes animaliños estan neses lugares, e desprenden esa luz, porque andan buscando parella, para reproducirse.
  Seguramente é verdade, mais por si é o caso eu avisei o bichiño, que debia comunicar ós seus conxéneres a lenda. " Tende moito coidado cos gobernos actuais do estado das Españas, pous como se volva a nomear un mínister igual que o sainte, ides ter que pagar un imposto a luz eléctrica, inda que sexa producida polo “CU”.