domingo, 11 de octubre de 2015

¿SABE MAIS O DIABO POR VELLO OU POR DIABO?

    NON CREO QUE SIRVA PRA NADA.

Son un home da Alta Xeabra. A Alta xeabra, entre outras cousas, diferenciase da Sanabria-La Carballeda pola maneira de falar.
 Desde antergo, nesta brava austera e deprimida comarca (o de deprimida ,hai qua agradecerle-lo os politicos imperantes dende sempre) a maneira de falar ou idioma, sempre estivo condicionada pola sua situación xeográfica.
 Dun lado no Reyno de León falbase Lliones, xa desgraciadamente, case perdido (Non confundir co Bable), de outro o Portugués, moi vivo inda, e que sexa por sempre, e o poniente o do Reino de Galicia ou Galego. Con altibaixos no eido politico e urbán. Mais grazas a deus, moi vivo no rural, que a fin de contas é o que conserva as tradicións, neste pais.
 Nacin nunha aldea enclavada na Serra da Gamoneda, aldea que está sobre o nivel do mar a mil cen metros, e que dado o tempo transcurrido desde o meu nacemento hasta agora, inda recordo cosas, sobre todo as que considero importantes. Polo tanto recordo as conversas mantidas con xentes que xa vai moito que nos deixeron. Teño que agradecerle os deuses que inda me deixen conserva a memoria. Ben certo é que cada vez é mais selectica.
 Tamén que deixar constancia das miñas diatribas co meu fillo, cando falo de que un sabe mais cousas por vello que po demo. Sempre me quero referir a esto. Se un se decata, non so vive a vida propia, tamén todas aquelas vidas que foi escoitando, sobretodo, das xentes honestas que solo contaban as sua esperencias. Ese o plus que se ten por ser mais vello, ou se queredes por ter mais anos. No mundo cientifico, escolástico, e universitário, a cousa ten outro cariz. Inda que me atreveria a que, según que cousas poderiamos discutilas. Digo, non as cientificas, e moi actuais.
 Voltando a orixe desta entrada, e aproveitando o barullo politico e mediático, da improbable independencia de Catalunya (Nunca foron tolos os catalanas), queria referir unha conversa ou relato escoitado mais de unha vez a un tiu meu, da Teixera coma min e o que eu querialle moito. Sempre considerei que o Ti Miguel era un fora de seria, naquela aldea na que le tocara vivirt.
  Decia meu tiu, referindose a guerra do 36, ou guerra civil chamada así polos que venceron,e sublevación polos perdedores, que enriba tiñan razón.
 Contaba o Ti Miguel, que nos últimos meses da guerra, él recien incorporado o exercito, tocoulle
entrar en Catalunya desde o Ebro hasta o Pirineo Xerundense
 Decia:
  “Daba pena ver como aquelas hortas eran arrasadas pola tropa que era animada polos xefes a deixala como un erial. Habia soldados que respetaban os hortos, mais outros ensañabanse, nada mais para que os viran os xefes, que unha vez pasado o dia deixaban de acordarse daqueles estúpidos, que sempre houbo e haberá (Cultura e formación a todolos niveles).
 Contabao un home tamén de extración agraria, e que sabia o que costaba sacarlle algo a terra, e non entendia o porque das guerras por cousas que no le ivan nin le viñan.
 Agora gustariame decirlle ós politicos actuais, que miren hacia atrás, solo hasta estas datas das que estou a falar.
 Monteron unha “borralleira”, con esto da independencia, que coido que mais é para defender as súas falcatruadas que o benestar da xente.
 NON CREO QUE FAGAN NIN PUTO CASO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario