viernes, 9 de octubre de 2015

                               LENDAS XABRESAS (Reais)



   Facia friu. Dentro da cociña a cousa cambiaba. Na cociña de pedra con chapa de ferro os rachos de carballo, facian que a chapa estivera roxa, e polo tanto alí o viño con mel, roxado na xerra de cristal, cada vez estaba mellor.
 Notei que facia friu cando sain o cimo da escaleira a mexar. Era costume de mexar desde o alto da escaleira. Agora que o penso, ¿Como mexaban as mulleres?.
 Cando estaba en Trasil, acompañando a cadela para que mexera antes de encerrala no seu cuarto de dormir, mentras esperaba, estaba mirando haia o sureste albiscando a estrela ou “lucero” da mañá  , cousa que adoitaba facer todalas noites. Mirando hacia rriba, non solo se vian as Osas, a Polar e Casiopea, desde facia un montón de anos tamén se vian o que a xente que sabia deso chamaban os “satélites artificiais”.  Mirando-os podias pasar toda a noite, pous as veces vianse tres ou catro case simultáneos..
 Si algunha vez queredes velos, que sexa en noites de xeada; é cando millor se ven.
 Namentras esperaba que a cadela volvera donde dormia, e mirando para aquel firmamento estrelado, que case asustaba pola sua grandiosidade, ví unha luz, como a dun “foco” potente, que viña desde a vertical do Castelo de Rechouso, en direción da Teixeira.
  A medida que se acercaba, o foco de luz crecia, todo a unha boa velocidade, pensando a distancia a que se via que circulaba.
 Pensei que seria un daqueles satelites artificiais, xusto hasta que perdin de vista aquelo, por mor da espadaña da igrexa. Pensei que o velveria ver unha vez pasada a mesma. Inda estou a esperar. Perdeuse definitivamente. Ou caeu, ou deu a volta e non o vin ou.   ou.... ou.
 Volveu a cadela, acaricieina, pecheille a porta e dixenlle hasta mañá. E voltei para cociña, donde as risotadas eran grandes.
 Sucedera que, naquel dia estivera na aldea Don Emilio o Cacharreiro. Compreranle unha xerra de cristal de una forma moi bonitiña, e para estrenala, saqueran do viño novo ó que le engadiron unhas cucharadas de mel e puxeron a quentar enriba da chapa da cociña.
 Cuando o viño empezou a ferver, alguén tratou de sacar a xerra da chapa para botar uns groliños daquel licor de deuses, e ¡Oh deuses! O levantala deixou o cú pegado na chapa, e o viño con mel esparexido por toda a cociña.
 Ese era o motivo das risotadas.
 Contei o asunto da luz sobre a espadaña da igrexa. O mais vello do fiadeiro, ilustrounos cunha verbas, que inda hoxe é a hora que dan que pensar.
 Iso- dixo- ven sucedendo dende sempre. Todos os que viviron e viven nesta casa, adoitan a ver ese fenómeno. Non é nada extraño Tamén hai noites nas que se ven sair dunha especie de cilindro a algún ser, parecido os humans.
 Sempre se dixo que algunha muller da comarca, se aproveitera dalgún deles.
 Non era de estrañar, despous de uns cantos anos de guerras e sen homes na bisbarra.
 No dia seguinte, apareceron mortos todos os machos cabrios da contorna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario