domingo, 13 de septiembre de 2015



                            ¿ACABOUSE TODO XA?

  ¿Chegou o fin do mundo a Val dos Marcos?
  Nestes derradeiros “xornes”, nese mundo casi infinito e tan inescrutable como o que vivimos, chamado a Rede (Parece xa case un deus, con verdades mentiras, especulacións e xenios do arribismo), estase a falar do día 23 deste mes ó que os nosos antergos denominaban o mes : que ou ben seca fontes ou leva pontes, referindose a climatoloxia propia do inicio do outono.
  Será como a Natureza quererá que sexa, ou como cada un de nos queira crer. Eu xa levo, polo menos catro predicións do fin mundial, o mais chamativo, foi cando polos anos cincuenta do seculo pasado, o mistério de Fátima predixo o fin do mundo no ano 1960. A bo fé que o foi para moita xente; toda aquela que naquel ano deixou de pisar no Planeta Terra.
  Desta vez, empezo a pensar que pode ser certo, pous esta mañá empecei a ver un inicio da cousa, que pode ser certa: O fin do mundo empeza en Val dos Marcos (San Cibrao, no límite dos Tres Reynos, e con sintomas parecidos na comarca da Alta Xeabra, incluido toda a Xeabra e Carballeda, coas Frieiras no mesmo camiño). Como algunhas vegadas, hoxe tocoume facer de comer. Desde a fiestra da nosa cociña, albiscase un cacho do pobo, un pouco mais abaixo do Xogo dos Paus, e desde unha hora bastante cedo, con un dia deses que presaxian desastres, pous habia néboa na Ladeira, non se via o Monte Muga, caia un xirimiri dese que non molla os Vascos, cuando por dúas ou tres veces pasou unha carriola desas que transportan animales vivos, hasta que me decatei do que estaba a facer:
  A carriola chegaba o lugar donde o meu amigo, e último Quixote (a forza) estabulaba o seu magote de ovellas, que catro ou cinco días atrás estivera visitando o veterinario.
  Xa ia tempo que o meu amigo Xetoño, me dixera que se ia xubilar. Que o tiñan que operar dos xeonllos. Son esas articulacións cousa fundamental para poder levar todolos dias ó monte esas ovellas, que en definitiva, o axudaban ir vivindo, e pelexando coas cousas dos politicos que lexislan desde sillons cómodos nalgún sitio en Valladolid ou Zamora. Exemplo: cando deixan queimar os montes, e logo non deixan ós gandeiros, práticamente sair de casa co seu gando, con prohibicións estúpidas que sempre perxudican os mesmos. Non os que queiman os montes.
 En definitiva, o Xé, deixa a vida activa, éra o último. A partir de hoxe xa non se sentirán as chocallas dalgunha das suas ovellas, non se sentiran os cans ladrando a todo aquelo que pensaban que era unha ameaza pro magote, defeito, o fin do mundo xa está en Val dos Marcos.
  Pase o que pase coa terceira guerra mundial, pola nosa bisbarra, xa non nos chamará a atención. A nosa comarca morre por inanición, e a terceira guerra virá polo que sempre veñen as guerras: ANSIAS DE PODER E DE E AVARICIA.
  Espero que os causantes dos desaguisados, cando morran, as pasen putas e sen remisión.

3 comentarios:

  1. Bo pastor, boa persona e a ausencia dos seus animais notarase en falla sen dúbida.
    Un saúdo cibernético para José Antonio.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito esta entrada.
    É certo que o mundo rural esmorece, e a nada, como acontecía no libro da Historia Interminable de Michael Ende avanza imparable, ante a desidia dos xestores que esqueceron imaxinar, durante décadas, un futuro viable para o agro. O malo é que xa só podemos contemplar retazos do que un día foi unha forma de ser co territorio, tremendamente dura e moitas veces ingrata, pero a alternativa de abandoar o espazo no que se obten o sustento máis básico e concentrarnos nas cidades non parece tampouco unha solución alá moi sostible no tempo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Difícil prdecir futuro. Vexoo negro, se non se volve a mirada, os nosos labregos,e gandeiros. Non quero ter en conta esas caralladas que agroman co ttip. No me quero olvidar do mundo marñeiro.

      Eliminar