domingo, 27 de septiembre de 2015

ELECCIONES GENERALES 2015



 
Amigos con momentos desocupados, que a veces ocupais leyendo en este blog de un ciudadano casi desnortado. Amigos, decia, mi estancia en Sanabria toca a su fin. Hay que incorporarse de nuevo a la vida urbana, donde uno se ha buscado actividades, tales como aprender música, tocar el clarinete (Ya tengo un precontrato con la Filarmonica de Viena...), y sobretodo ayudar en la medida de mis posibilidades y conocimientos, a PODEMOS, con la sana idea de ver de cambiar las maneras y formas de hacer politica. Politica en función de la gente y sobretodo de la mas necesitada.
Hago esta introducción porque ayer estuvimos acompañando un rato a los amigos de PODEMOS de Zamora, que estuveron visitando Sanabria. Son candidatos  por Zamora a las próximas elecciones Generales de este país.
La reunión fué en el castillo de Puebla de Sanabria, castillo del siglo XIV, muy bien restaurado y conservado. Enhorabuena a las autoridades municipales de la Villa.
En la reunión los aspirantes a las Cortes Generales, y al Senado, nos han relatado de forma muy amena, sus motivaciones para presentarse y sus anhelos en relación con el nuevo cambio de hacer politica, que a buen seguro ya es imparable. ANIMO COMPAÑEROS, TENEMOS IDEAS Y SENTIMIENTOS QUE AL FINAL SERÁN COMPARTIDOS POR TODOS AQUELLOS QUE PIENSAN EN SU PRÓJIMO COMO EN ELLOS.
Eramos pocos en la reunión, talvez por desconocimiento de su existencia. Quiero pensar mas en ésto que en un probable pasotismo.
Era sábado, a las siete de la tarde hasta la ocho, y pienso que mucha gente podia aistir. No sé, espero que fuese por desconocimiento. Sin embargo he constatado que los lugares donde se expendia cerveza, las terracitas estaban llenas de gente joven.
A esos jovenes yo les diria que como ellos no hagan nada por su futuro, y dejen que sean los demás los que lo decidan por elllos, las cosas seguiran como siempre. Si la cosa fué por desconocimiento, solo me queda pedir discultas y perdón por haber juzgado sin pruebas.
Una de las cosas que se planteó fué la de ver la posibilidad de iniciar un circulo de PODEMOS en Puebla de Sanabria. Änimo desde aquí, a aquellos con inquietudes a intentar hacerlo y poder colaborar en el destino, sin que sean los de siempre los que nos “paastoreen”
 1A MI NO ME GUSTA QUE DECIDAN POR MI, POR LO MENOS SIN CONSULTARME!

martes, 22 de septiembre de 2015

PARO A GOGO



                

 
Están acabandose os dias de estancia nesta aldea da Alta Sanabria, perdida entre a Gamoneda o Marabón, a Escusaña e o Ladeairo,

Neste pequeño curruncho non desaparecen as miserias do resto do mundo, e a todos os seres vivos de por eiquí chegalles sufrir os vaivens dese modo de vida que nos fumos dando, ou consentindo a imposición de uns cuantos macacos, que nunca tiveron necesidades vitais.

Na última entrada que fixen por estes lares, falaba do meu amigo Xetoño, que pasaba a ser canameiro como moi ben dixo outro amigo, que o dexou escrito no blog.

O pase do Xe a outro estadio de vida, afectou, e moito auns seus colaboradores, que desde que vendeu as ovellas, entreron no mundo do paro, e andan desnortados dando voltas pola aldea sen saber moi ben que facer. Levaban toda a vida co mesmo traballo, e según Xetoño, nunca falteron o traballo tanto se chovia como se facia unha calor abrasante, nunca abandonaban o seu posto e responsabilidade de traballo.

Estou a referirme, naturalmente os cans.

  Ian todolos dias coa res catro. Un Mastin , un can de carea, e dous pequenos, un podenco e o outro de raza indefinida.

Todolos dias nada mais sair da aldea camiño de Rebordelo, o chegar as Rozas xa empezaban os pequenos a escurrizar as corzas, apoiados polos dous grandes, que sempre se sumaban a festa.

As corzas, por se alguén non o sabe, no monte non corren, literalmente voan. O par de horas volvian a estar no lugar donde foran sacadas da cama.

Díxome o XE que non podia mandalos o paro, e el tiña que desfacerse deles por fin de obra.

O asunto dos cans xa o leva amañado, pous o mastín atopou traballo con outro pastor nunha aldea cercana. A cadela de carea, ahora está,convaleciente despous de ter un parto con nove cadeliños. Supoño que sacalos adiante cos tempos que corren vaille ser complicado. Os dous pequenos non teran moito problema, pous xa se sabe que no tempo da caza sempre fan falla bos axudantes experimentados.

Como dice o meu amigo :espero que non teñan que sumarse a migración siria.

domingo, 13 de septiembre de 2015



                            ¿ACABOUSE TODO XA?

  ¿Chegou o fin do mundo a Val dos Marcos?
  Nestes derradeiros “xornes”, nese mundo casi infinito e tan inescrutable como o que vivimos, chamado a Rede (Parece xa case un deus, con verdades mentiras, especulacións e xenios do arribismo), estase a falar do día 23 deste mes ó que os nosos antergos denominaban o mes : que ou ben seca fontes ou leva pontes, referindose a climatoloxia propia do inicio do outono.
  Será como a Natureza quererá que sexa, ou como cada un de nos queira crer. Eu xa levo, polo menos catro predicións do fin mundial, o mais chamativo, foi cando polos anos cincuenta do seculo pasado, o mistério de Fátima predixo o fin do mundo no ano 1960. A bo fé que o foi para moita xente; toda aquela que naquel ano deixou de pisar no Planeta Terra.
  Desta vez, empezo a pensar que pode ser certo, pous esta mañá empecei a ver un inicio da cousa, que pode ser certa: O fin do mundo empeza en Val dos Marcos (San Cibrao, no límite dos Tres Reynos, e con sintomas parecidos na comarca da Alta Xeabra, incluido toda a Xeabra e Carballeda, coas Frieiras no mesmo camiño). Como algunhas vegadas, hoxe tocoume facer de comer. Desde a fiestra da nosa cociña, albiscase un cacho do pobo, un pouco mais abaixo do Xogo dos Paus, e desde unha hora bastante cedo, con un dia deses que presaxian desastres, pous habia néboa na Ladeira, non se via o Monte Muga, caia un xirimiri dese que non molla os Vascos, cuando por dúas ou tres veces pasou unha carriola desas que transportan animales vivos, hasta que me decatei do que estaba a facer:
  A carriola chegaba o lugar donde o meu amigo, e último Quixote (a forza) estabulaba o seu magote de ovellas, que catro ou cinco días atrás estivera visitando o veterinario.
  Xa ia tempo que o meu amigo Xetoño, me dixera que se ia xubilar. Que o tiñan que operar dos xeonllos. Son esas articulacións cousa fundamental para poder levar todolos dias ó monte esas ovellas, que en definitiva, o axudaban ir vivindo, e pelexando coas cousas dos politicos que lexislan desde sillons cómodos nalgún sitio en Valladolid ou Zamora. Exemplo: cando deixan queimar os montes, e logo non deixan ós gandeiros, práticamente sair de casa co seu gando, con prohibicións estúpidas que sempre perxudican os mesmos. Non os que queiman os montes.
 En definitiva, o Xé, deixa a vida activa, éra o último. A partir de hoxe xa non se sentirán as chocallas dalgunha das suas ovellas, non se sentiran os cans ladrando a todo aquelo que pensaban que era unha ameaza pro magote, defeito, o fin do mundo xa está en Val dos Marcos.
  Pase o que pase coa terceira guerra mundial, pola nosa bisbarra, xa non nos chamará a atención. A nosa comarca morre por inanición, e a terceira guerra virá polo que sempre veñen as guerras: ANSIAS DE PODER E DE E AVARICIA.
  Espero que os causantes dos desaguisados, cando morran, as pasen putas e sen remisión.