viernes, 21 de agosto de 2015

GRANDE SANABRIA

                               
               ALTA XEABRA .  CONCELLO DE HERMISENDE. (1)

  Estamos pasando uns días en Vigo. Xa sabedes que nestas datas de estiu, adoitamos estara na Alta Xeabra, des fai xa uns anos. Viñemos a Vigo pra non esquecer que é aiquí donde residimos normalmente. ¡Somos ciudadanos de Vigo!.
  Ben, nestas datas de estadia en Vigo, que mañá acaban, pous volvemos o Val do Tuela, ou Val dos Marcos, como no seu dia bautizou a comarca Don Vicente Martínez Risco, debido as formas polas que os veciños adoitaban delimitar as lindes dos seus eidos de laranza.
  Os amigos de Vigo, sempre me preguntan pola terra dos meus ancestros, pous caseque todos escoiteron falar dela, mais poucos coñecen a nosa terra.
  Cando falo da nosa terra, falo particularmente da Alta Xeabra e de toda a comarca, que e merecente toda de ser coñecida.
  Vou  tentar describir, casi a voa-pruma, as cousas que a min mais me gustan da zona. Seguro que moitas vanse quedar no tinteiro, será cuestión de revisarlas a tempo pasado.
  Como todas as cousas, á hora de empezar, debese facer cun certo orden, cousa que pretendo facer por dous motivos, primeiro por que é a miña terra e segundo porque ésta terra está no límite xeográfico do Reyno de León, Galicia e Portugal, unidos por un vértice na raia denominado desde sempre o Penedo dos Tres Reynos. Neste lugar, según as cronicas populares, parece ser que os reis que firmeran un tratado de aporveitamento de augas para as reses, despus da firma, como xa era noite durmiron na zona, e foron despertados a mañá seguinte polo canto dos galos dos tres Reynos.
  Estou a Falar do Cocello de Hermisende, que o conforman cinco aldeas, ou como se chamaban antes "lugares", a saber : Hermisende barrio de Santa Maria, Hermisende barrio de San Cibrao, A Teixeira, Castrelos e Castromil.
  Polo Val do Tuela, corren as augas, unhas veces mansas e outras brava dependendo da época do ano, do riu do mesmo nome, que nace nas serras do concello veciño e tamén de fala galega, de Lubián.
 Para aqueles que les gusten os paseos polo monte, eu diria que a hora de escomenzar un percorrido pola zona, a visita o Penedo dos Tres Reynos, é unha boa maneira de empezar. Existen accesos o ponto referido desde Manzalvo e Cadavos lugares do concello da Mezquita de Ourense, des a Moimenta pertecente a Vinhais en Portugal e desde Castromil e o barrio de Sancibrao. Desde calisquera dos eidos mencionados merece a pena a andaina e ruta circular, sé se quere comer ou cenar no lugar de inicio.
  Nesta zona, hai u pequeno riu, chamado Rigueiro de Anta, afluente do Tuela que se mete e Portugal, baixando ó riu o pé dunha ponte medieval sobre o Tuela, que está o lado do Castro da Cigadonha, e que xa o nome de Anta fai referencia as milenaria antas, que algunha inda hai na zona. Tamén pertiño da ponte e da Cigadonha, no riu existe unha fonte de augas caldas, solo accesible cando o caudal é baixo.
  Na próxima entrada falaremos da ruta que nos leva a Fraga das Ferraduras situada no alto do Testeiro, entre o Campo, Val de Cabritos e as Pombeiras.