sábado, 18 de julio de 2015

CHARLAS COS AMIGOS

                              CHARLAS COS AMIGOS

  Nestes dias de man sobre man que estou a pasar na Alta Xeabra, inda que un busca o alonxamento do mundo mundial, que solo le trae cabreos, vexase o dos gregos, de cando en vez gusta de visitar os amigos que sempre dan bos consellos. Onte estiven na beira do Tuela unha maña enteira con Don Alvaro Cunqueiro, persoa coa que un dia tive a honra de compartir un bo xantar, alá polos ans sesenta e tantos do século pasado,
 Como o asunto dos estados e as suas urdideiras, sempre me traen pola rua da amargura, Don Alvaro presentoume pra axudar, a Delfín, un amigo seu que nunha ocasión tentou atopar un tesouro, e acaeceulle o que sigue:
 Delfin era amigo meu, e foi visitarme un xoves de Corpus.


 Soñei que estaba un caldeiro de ouro ao lume, nunhas trébedes de prata, e botaban a cocer unha galiña branca, e o caldeiro comia a galiña e cuspía os ósos. E chegou o Estado e levouse o caldeiro e as tŕébedes, e non me deixaba mas que os ósos da galiña.El hai dereito?.


 E cómo era o estado?, pregunteille.

 Delfin mírame e xa ve que eu créolle todo o que me dí, e non me non bulro. Delfin veme tan espritual e tan intelectual como il mesmo o sexa.


 O Estado era un sombreiro, un sombreiro mui grande.Abriu a boca e papou todo.


 Despois cuspiu os ósos da galiña branca e unha galiña moura, que eu non a vira deica aquela.
Mirei, e non tiña o ovo. O Estado, é decir o sombreiro, iba tocando o tambor no caldeiro, pola fraga  de Rioseco arriba.


 Delfín move a cachola, saca un pano azul do peto do pantalón e limpase a boca. E en castelán, petando na mesa, dime:
 Asi no merece la pena el atopar tesoros!.

 
 Meu amigo ten toda a razón.

1 comentario: