martes, 2 de junio de 2015

SEGANDO HERBA





    CUANDO A VIDA NON ATENTABA CONTRA NINGUÉN


 Son as catro da madrugada, hora solar.
 Chaman nas contras da fiestra do meu cuarto, tres golpes. Era a contraseña.
 Ergome, paso un pouco de auga polos ollos e fuciño, e entro na cociña a tomar o xexún. Alguén me dixera que ia ben ésas horas un ponche de ovo con café. Fixen un,  paseino engulindo-o  e collín o saquito onde miña nai deixou a noite anterior a merenda.
 O camiño era longo. Chegar o lugar onde íamos traballar, levaba mais de unha hora. A distancia non era o mais “fodido”, senón o subir hasta a portela de Rebordelo, de esta a das Pombeiras, e desde ali case o alto da Cachena.
 Chegamos, deixamos as merendas penduradas nuns carballos, e agarramos as gadañas e pomonos a segar a herba daquel prado previamente  axustado, por novecentas pesetas.
 Levamos como media hora traballando, cuando teño un decaimento. Non poden as pernas conmigo, os xeonllos dobranse, e teño unha sensación de vacio enorme no corpo.
 O mais grande do grupo, somos tres, preguntame que foi o que tomei como xexún. Un ponche con café, dixenlle.
 Ahí tes o problema. Come algo da merenda e xa verás como te pasa. Fun o morral e zampeime un cacho de pan  con xamón, e case sen solución de continuidade, xa me pasou a floxeira, e podo volver o traballo.
 Chegou a hora de comer a merenda, que como case sempre estaba formada por xamón e un pouco de “chouriza”. Comimos, charlemos, falemos de todo, e como de costume decidimos durmir a siesta hasta que as sombras baixeran. Era o normal.
 De todolos xeitos tíñamos mais de tres cuartas partes do prado segadas, en menos de unha hora acababamos a faena.
 Durmimos, pouco, pous o falar era prioritario, fumemos unha caixiña de celtas cortos, cando a sombra daba na parte sen segar, empezemos a darle a gadaña.
 De sutaque démonos conta de que non acabariamos o choio de dia. As sombras, cando chegaban o prado, o sol xa estaba ruxindo o outro lado de Fisterra..
 Acabemos de segar o prado, gracias a lúa que le ia pisando os talóns o sol. Cheguemos de novo a aldea con obscuridade absoluta.
 Os amios que ian conmigo, xa deixeron este bonito e delicado Planeta, que empeza a estar escarallado por culpa duns descerebrados, chamados Persoas.
 Busquei o significado de persoas, e parece que quere decir máscaras.
 Os enganos xa fai demasiado tempo que rondan esta comunidade. Menos mal que quedan as formigas, as que non teñen a mesma forma de goberno que as mascaras.
 Coido que as cucarachas tampouco. Inda que non o teño demasiado claro.

2 comentarios:

  1. Agora a maior parte do traballo fanno as máquinas; outra descerebradas saídas do cerebro dalgún descerebrado.
    Que a nostalxia traía boas lembranzas !.

    ResponderEliminar
  2. Outro problema, as máquinas non entrarian no siti referido, e menos agora que coido que está cheo de monte, corzos, porcos monteses e porco teixos.
    Os que imos vellos xa case solo nos queda a nostalxia. Pelexar xa o fixems, e se fai falla, o mellor inda sacamos folgos de algures.

    ResponderEliminar