sábado, 16 de mayo de 2015

O IMPORTANTE É O VOTO. SOLO.




                     




 Era epoca de sementeira. O matrimonio estaba sembrando centeo nas leiras de Mouro Morto . Pareceu de sútaque aquel home, montado nun cabalo, preguntando se o camiño que levaba chegaba a Hermisende.
 O noso matrimonio non falaba nin pizca de castelán, e o cabaleiro solo sabia falar aquelo.  Solo falaban, os labregos, o idioma da bisbarra que era unha mezcla de Galego, Xabrés e o antergo Llionés. En definitiva, como  mais tarde me dixo un experto na cousa esa dos idiomas, un filólogo deses que nos dicen de donde proceden os idiomas, como estan na actualidade os mesmos despous de moitos anos e como contar os seus altibaixos.Aquelo era un latín pouco evolu-cionado.
 O cabaleiro, que solo viña a bisbarra a pedir o voto dos veciños, pous habia eleccións, solo queria saber se no camiño errera. A comarca era de montes salvaxes, con riscos feros e un río, que cando se enchia non deixaba nada detrás del. Como por alí decian, cando o río ia de monte a monte, era mellor non acercarse.
 A muller acercouse o cabaleiro e o cabalo alporizouse, levantandose das patas de adiante, e o cabaleiro asustouse hasta case caer. Areglouselle o asunto con solo deixando caer o “chapeau”
 Entonces a muller quixo coller o sombreiro para darlle-lo, cousa que fixo, que, o acercarse o cabalo  volveu a encabritarse, e o pedidor de votos case cae o santo “suelo”. O labrego urxiu á muller decindolle que le dera o chapeu o señor.
 O individuo aquel, que, era a primeira vez que pola bisbarra se acercaba, pensou se estaba nun país diferente, solo porque aqueles dous ciudadanos le falaban nun idioma que non entendia, colleu medo. Sacou da cinta unha pistola, dixo aquello de “va de retro satanás”, e escomenzou a facer virar  o cabalo para iniciar o camiño devolta hacia Lubián, lugar no que arrendera o cabalo por un dia. Foi con tan ma sorte, que habia un rego de auga, o cabalo saltou, e a pistola do interfecto caeulle. O home coa mellor das intencións acercouse a axudarle,collendo a arma para entregarla, pero o politico co medo que xa arrastraba, espoleu o cabalo e perdeuse cara a Castrelos. Aquela foi a primeira arma de fogo, que estivo en Val dos Marcos, e serviu para vendela a un tratante que ninguén sabia de onde era. Uns decian que galego, outros que portugués e outros que xabrés. Eu penso que era o Holandés Errante.
 Arredor de cen anos mais tarde, a cousa non variou apenas. Pola Xeabra, os politicos de corbata e subencións bancarias e das outras, seguen a pedir o voto, e dicindo que van colocar camaras fotográficas para que non haxa incendios na comarca. O asunto aquel que noutra bandada de promesas, na que decian que ian por magotes de cabras para limpar os montes, xa pasou a historia, no era cousa de facer sempre as mesmas promesas. Os nosos amigos labregos, tiñan e tein unha vantaxe sobre os de fora, inda que non falan mais que o seu idioma, entenden todos os demais das distintas administracións.

2 comentarios:

  1. Curioso malentendido co cabaleiro.
    Agora seguen coas mesmas mañas que imos coñecendo.

    ResponderEliminar
  2. A istoria é real. Era cousa de "loias" entre os avós. Podemos decir que xa ten cen ou mais anos. Siguen igual.

    ResponderEliminar