martes, 5 de mayo de 2015

Cousas miñas

                              


                            ESTUPIDECES DE XUVENTUDE.

 Fai anos, anos nos que un, obligado por a pobreza da Xeabra, na que staba inmersa, como outras zonas, despous da fratricida guerra chamadacivi (incivil, para min), a todo aquel nacido nos famosos Montes de León, xa descritos por un tal Miguel Saavedra, natural de Cervantes de Sanabria, do cual nome non queria acordarse, cuatrocentos anos despous da sua morte, a cousa seguia exactamente igual. Metida toda a Xeabra nunha pobreza que non tiña visos de mellorar, todos e todas Xabres@s, estábamos obligados a emigrar, dedicarse o contrabando ou ingresar na forzas represoras da época.  Como todo o dito, non era bon para todos, algúns decidimos liscar buscando horizontes novos nos que formarse e buscar unha mellor maneira de vida. Cousa que algúns conseguiron e oiutros non. Mais iso non é o motivo de esta entrada.

 Hoxe, non sei porqué razón, chegou a miña mente unha anécdota daquela época na que eu viví en Barcelona. Ëpoca que non esquecerei nalgúns casos, e noutros tratarei de olvidalos para sempre.

 A anécdota, en concreto é a seguinte:  Daquela eu, con vintepoucos anos, saído dunha comarca deprimida, saido da “mili” cunha formación media, deime conta de que todo estaba por facer , todo o tiña por ver, e experimentar. Cando digo todo é TODO.

 Adoitaba  ir as veladas de boxeo, loita libre, e demais caralladas que se facian arredor do Paralelo.Daquela tamén no mundo do boxeo, triunfaban os que sairan da nada e fixéranse un posto na vida do país a base de “Ostias”, xente como Pedro Carrasco, un boxeador creo que apellidado San José e outros que xa nin recordo. Os dous que nome-ei, daquela, eran campeóns de Europa, xunto con outro que creo que se chamaba Legrá.
 
 Nunha velada, a que asistín habia combates de boxeo entre os tres nominados e os respectivos contrincantes, dos cuais nomes non me acordo.

 Un dos combates era o de San José (coido que o nome era así), contra un “negrito” que no segundo ou terceiro asalto caeu noquedo. O que no argot boxistico se chama perder po K.O. A bronca foi monumental. Todo quisque berrando como energumenos, eu incluido, “tongo, tongo..”.

 Acabou a velada, cada un a sua casa, e a esperar outra.
 
  O dia seguinte, merquei a prensa, supoño que a do movimento, e fun a ver que decian da velada da noite anterior.  O negriño, o que le berreramos aquelo de tongo, tongo.., pola noite morrera a causa de un deramme cerebral.
 
 Cando lein aquelo, pensei que o derrame cerebral tiñao eu polos berros que proferin, e deixarme levar por a ¿euforia?, da multitude berradora.

 Non  volvin a entrar en ningún sitio no que alguén se dera de Ostias, por diñeiro.

4 comentarios:

  1. Tremendo o que nos contas, Xabres.
    A masa actúa en conxunto, sen pensar ,e cando actúamos así somos un perigo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A miña culpa está no feito. Non por estar na masa son menos responsable. É algo, que despous de cincuenta anos ou así, inda non se me saiu do caletre.
      Apertas Ohma.

      Eliminar
  2. Vaia impresión !. Vaia cura de humildade ao besta. Como podemos errar desa maneira. Non me extraña que aínda o lembres.

    ResponderEliminar