lunes, 13 de abril de 2015

COUSAS DA VIA



 

           COUSAS DA VIA.

Era na Xeabra. Podia haber sido noutro lugar.
Era na Xeabra, na coñecida como a Alta Xeabra, inda que a que limita coa Cabrera, tamén é alta, vaia se o é.
Pra definir mellor a situación , digamos que era entrambalas portelas, no val do nome do río Tuela.
Era polos anos cuarenta cincuenta, en plena construción do ferrocarril entre a Puebla de Sanabria e Ourense.
Nesta zona habia túneles a reo. Coido que o mellor sería enumerar os tramos nos que a via ia o descuberto. Poucos e cortos.
Daquela, rara era a semana na que non se falaba dalgún acidente na chamada “a via “.
Os mortos, tanto traballadores voluntarios como forzados, que se agolpaban no famoso, pola zona, Campamento, no término de Requeixo,foron moitos-
Requeixo, pueblo que mereceria a pena dar unha volta polo seu Sagrado, hoxe Cemiterio, donde as lápidas case describen coas suas verbas unha situación hoxe case incrible.
Se hoxe se fala con xente deste lugar inda, os de mais idade, inda din que morria a xente do mal da via. Tardouse en aceptar que o mal da via era a silicosis.
Un amigo meu, que xa nos deixou tamén, traballou no famoso tunel do Padornelo. Empezou traballando con seu pai, que xa traballera na construción. Cando él, traballaban no mantemento, que debido a configuración geomorfica do terreno, sempre terá que ser mantido.
Nunha ocasión, estando nos traballos de conservación, o meu amigo que estaba pola entrada do tunel da banda de Requeixo, subido nun tinglado montado o efecto de ixectar cemento nas bobeda do tuinel.
Cada vez que pasaba un tren, á mais minima velocidade, todos estaban en alerta por se habia algo negativo.
Pasou un tren en direción a Ourense. Cando pasou por onde estaba o meu amigo, xa dixo que pasaba demasiado rápido mais non pasou nada naquela zona de traballo.
A media hora correuse a voz de que mais adiante. Cerca da saida de Lubián , houbera un acidente grave incluso falouse de que podia haber algún morto.
Pola descricións que corrian, él pensou que podia moi ben ser na zona donde estaba a traballar o seu pai.
Sen pensar en nada, baixouse do tinglado e a carreira empezou a ir hacia a outra boca do tunel
Despous de unha hora correndo e coa anguria no peito de pensar o peor con relación o pai, empezou a encontrarse con outros traballadores que corrian no senso contrario. Un deles era o seu pai que viña a procura del.
Préles todo quedou nun susto, mais non así para os familiares de outro traballador que con moi ma sorte perdera a vida.
Como en todos os acidentes naquel tramo da via non houbo responsabilidades.
Non sei cantos morreron na zona dos tuneles, pero seguro que foron moitos mais dos que oficialmente se dixo.

2 comentarios:

  1. Muita xente ten morrido traballando... e a que queda por morrer.
    Lembro un presidente dos empresarios que dicía que os obreiros caían dos andamios porque estaban borrachos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hai demsiado Fillo da Gran Bretaña!, O maior problema é que non o damos arreglado.
      Na via do tren alí, nas Portelas, concretamente e Requejo (Requeixo) Habia un poboado chamado o Campamento, porque nel habia, aparte das estructuras das empresas da construción, unha manchea de xente que que o rexime franquista tiña alí a traballar a forza. Eran presos politicos.

      Eliminar