sábado, 21 de marzo de 2015

HOMES

                                             HOMES
 
Podia suceder noutro sitio, pero non, sucedeu en San Ciprián de Hermisende na Alta Xeabra, nos límites dos Tres Reynos.

Cando se fala de homes (HOMES), que as veces parece que a intención da palabra está olvidada.

Naqueles tempos a verba tiña un significado evidente, cousa que agora parece que está esquecida.

Aqueles homes que nos precederon, eran homes de verdade e non cabian nas suas mentes, cousas que se puideran terxiversar. Cousa que actualmente sucede con demasiada facilidade.

Nunha ocasión, cando eu era rapaz, e xa choveu, na nosa aldea estábase a facer unha casa, como se decia antes “de raiz”.

Cando os pedreiros tiñan as paredes subidas habia que subir alí o alto as vigas do amadeirado correspondente, sobre o cual se iba a axustar o louxado.

A viga mais importante e fundamental na estrutura dunha casa é a viga do cumbreiro, que é sobre na que descansan os canteados que suben desde as tercias a ela. É polo tanto fundamental e como consecuancia deso é grande e con unha envergadura grande. Xeralmente un carballo de gran porte, inteiro, que pesa o seu.

Os canteiros, cando chegou a hora, dixeronle o patron da obra, que busquera HOMES, para subir o cumbreiro.

Era no estio e polo tanto a xente estaba coas labouras propias da época, cousa que levou o propietario da obra, a buscar que axudera a subir a viga.

Cando chegueron alí, o dono e mais os axudantes, o xefe dos pedreiros díxole: “Quero homes. Non quero daqueles que xa o foron nin dos que o van a ser. Temos que subir o carballo para facer a casa e non para deslomar a ninguén”.

Ante a dubida de quen era home ou non, houbo tamen na aldea, cando inda existia a capela de Santa Catalina, unha demostración empirica do asunto. Dous rapaces veciños da capela, e que xa abaqndonaron este mundo hai uns anos, eran os xemelgos do ti Alexandre. O parecer nunha ocasión que o crego correspondente andaba por alí, eles, os xemelgos, que tiñan a dubida de se era home ou non, encheronse de valor e razón e levantaronle a sotana o crego. Descubriron que debaixo levaba pantalóns, cousa que os deixou convencidos de que como levaba pantalóns, era home. Daquela as mulleres non os puñan. Coido que non os tiñan.