domingo, 8 de febrero de 2015

BARRIO DE TEIS. O MEU BARRIO




 Como case todos sabedes eu vivo en Vigo desde xa vai cerca de cuarenta anos. Cando viñemos Angela, Héctor e mais eu, decidimos, os dous mais vellos, vivir no barrio de Teis.
  Consideremos que era un barrio axeitado para vivir nel. Era, daquela, un barrio fundamentalmente de traballadores, con unha industria de asteleiros e mariñeiros, que le daban vida. Habia un cine, comercios pequenos que daban traballo os seus propietarios e nalguns habia un ou dous empregados hay.no barrio uns cuantos colexios publicos, alguns privados, e tamén institutos.
 Otra das cousas que bundaban eran os bares, casi nunha porta un e noutra tamén. Unha praza de abastos formidable na que se pode mercar de toda clase de comida.
 De sutaque chegou unha invitada que endexamais deberia haber chegado- Foi esa cousa chamada crise. Desde aquela cambieron moito as cousas neste precioso barrio, que para aqueles que non o saiban ten un monte chamado da Guia, donde enriba ,probablemente dun castro celta, edifiqueron unha capela a que le chaman tamén a Nosa Señora da Guia, lugar desde o que se ve a ria, caseque todo Vigo e ó final da mesma ria están as illas Cies, que fan unha especie de parapeto e defenden a ria e o porto dos embates do mar aberto.
 Desde fai un tempo, desde que chegou esa desgracia chamada crise, que si algunha vez teño ganas e forza, vou tentar explicarvola de xeito sinxelo, decindo que é unha cousa provocada pola avaricia humana e a pouca solidaridade de uns cos outros.. Desde fai un tempo, neste fermoso barrio, e nas suas ruas, polas mañas, nas tardes menos, hai demasiada xente pedindo na rua, algo para comer e en moitos casos para levar a casa donde hai familias enteiras pasando-o mal.
  Non é raro ver xente rebuscando nos contenedores da basura.
  Un dia atrás, o pasar diante dun deses contenedores estaba un home, bastante ben ben vestido, casi metido dentro do contenedor buscando algo.
  Unha vez que pasei,¡imbécil de min!, pensei que ó mellor podia  axudar e volvendo sobre os meus pasos pregunteille se le podia axudar en algo.
  O home, moi correctamente, mai de xeito enérxico, respondeume que a min non me importaba nada a súa situación, que por favor o deixera en paz.
  Pedinlle disculpas e lisquei dali cunha anguria forte e sen saber que facer e dicir.
  Solo se me ocorre chamarlle, os que teñen a solución nas súas mans e en vez de axudar a xente cada vez emporcan mais a situación algo inescribible.
  Son personaxes sen alma, e solo desexo que os responsables, algunha vez se vexan na situación dos mais necesitados e ninguén les bote unha man.

2 comentarios:

  1. Pintan bastos por todas partes e o asunto non ten solución doada.
    Haberá que apandar co que veña e solidarizarse só cos coñecidos.

    ResponderEliminar
  2. E canto boto de menos a rúa Aragón que enlaza Teis co O Calvario, percorrido que tantas veces fixen co meu velocípedo ou cicleta pra rubindo pola costa de Rorís meterlle a indireta e chegar a Madroa ou a Guía, donde ese fillos da pulisa fixeron unha capela alí onde había un niño de águia, un ninho rapace...E fóronlle tocando as pedras e delas foron ficando enterradas as istorias antergas, daquelas dos pagos, das lombas da auga, das ameixas de mar, das de Rande, das da praia Dáguia, do niño, da boca, da Bouza, da Ría...¿Que non daría eu por ver a eses cresos e tamén a moitos cregos feitos merda, de farrapos vestidos larpando nos caldeiros do lixo, no sudre, na porcallada que eles votaron riba de moitos?
    ¿E logo, máis ti chegache a Teis, logo da crise do satentaetrés?
    E xa van tres máis, pois as outras xa non se lembran tan ben..,
    E de certo que nesta tenhen aqueles que xa non se pensan do pobo as que a provocaron...
    Haberá que pasar pola Teixeira, denantes das Portelas
    Deica entón

    ResponderEliminar