viernes, 11 de diciembre de 2015

VOLVENDO A UTOPIA.





 Despous de un montón de anos, de varias legislaturas, da haber sido embaucado por un “cristiano” alá polos primeiros anos da mal chamada democracia (lástima que me dera conta tarde), que sabia vender area no deserto e que embaucou a moitos en beneficio própio(prensa dixit, non sexa que me denuncie) chegamos a actualidade.
   Chegamos, digo, aunque sexa a trancas e barrancas, a actualidade, donde parece que hai xente, digo XENTE, que está disposta a dar a cara pra mudar o rumbo deste barco, cuxa deriva é catastrófica se non se corrixe. Catastrófica para uns moitos e olvidados de todos incluso da man de deus, e collonuda para catro escapados da cova de Alí Baba.
   Onte estiven nun mitin, (non son moi amigo destas cousas), nunhas escaleiras do Auditório do Mar. Parece ser que pra corporación actual de Vigo, os da MARA GALEGA, non somos xente a que se le poda deixar un espacio da cidade, mentras eles se senten na cadeira e teñan a candieira de mando. (As candieiras queimanse, e ás vegadas cambian de man).
  Alí nas escaleiras, sentados en cadeiras que compañeiros se ocuparon e colocar, e cunha cousa diante, que era digna, cun atril incluido, que os oradores non necesitaban nada mais que pra apoiarse, pous o que tiñan que decir, éles tiñanho moi clariño, cambiar o rumbo da nave, e ter en conta os mais desfavorecidos.
  Desde  o primeiro orador, Breogán, pasando por Martiño Noriega, Alkexandra, Anxela e o vello camarada Beiras, todo foi na mesma direción UNIDADE DAS FORZAS GALEGAS, e o mais importante para min: CON VOZ PAUSADA E SEN DEIXAR DE MOSTRAR AS FALACIAS DOS ACTUAIS ADMINISTRADORES DA “RES PUBLICAE”.
  Son poucos os anos de diferencia entre Beiras e eu, igual ca de moitos xoves que alí estabamos.
  Sintome orgulloso dunha xeración, que nun momento foi ilusionada e enganada por aqueles ós que votemos. Sintome orgulloso de apoiar a un movemento de xente nova que quere cambiar as cousas en favor dos mais desfavorecidos fundamentalmente, e de todos se nos deixan.
  ANIMO AMIGOS,E  PODEMOS LEVAR ESTA MAREA A MUDAR AS COUSAS NO NOROESTE DA PENINSULA. (NON NOS OLVIDEMOS DE PORTUGAL).
  (DIGO O QUE SE LE DIXO A ZAPATERO: "NON NOS DESILUSIONEIS OUTRA VEZ. TEMOS MEMORIA)

miércoles, 2 de diciembre de 2015

¿A ALGUEN LE IMPORTA A FAME?



 
Hoxe, dia 2 do Nadal de 2015, as cinco é media da tarde sain a dar unha volta polas ruas, para estirar as “patas” e tentar de que a gordura non se siga cebando con un.
Nada mais encetar a andaina e case diante do portal da casa donde vivo, vi un home debruzado nun contenedor do lixo( non é a primeira vez que o vexo, él ou a outros coma el), estaba, polo que deduxe, buscando comida ou algo que se le parecera.
Ia ben vestido, con pantalóns de pana, chaqueto de punto enriba da camisa, e cunha mochila nas costas. Desas mochilas que tamen adoitan levar os nenos o colexio.
Era un home delgado e que polo que ví mais tarde camiñaba a un bon paso.
Sin encomendarme a naide decidin seguilo para enterarme da sorte que tiña, na sua busqueda. Unhas veces eu paraba dinte de algún escaparate, mentras él rebuscaba nos “contenedores”, e outras esperaba que acabara,  e deixaba que camiñara diante de min
Desde a rua Sanjurjo Badia, e Garcia Barbón, hasta a rua Urzaiz, donde decidin non facer mais de investigador ocasional, e tamén porque alí tivo que deixar de rebuscar nun par de caixons porque xa estaba outro home rebuscando.
Podo decir que nese par de kilometros, mais ou menos, que fun detrás del non sacou nada de ningún dos contenedores que esculcou.
Veise que a xente non tira restos. Non están os tempos para tirar nada.
Quedei pensando en cual seria o percorrido daquel home, e o resultado final. Penso que casi podria pronosticar que nefasto.
Andan decindo que a economia se recupera, pero eu penso que a recuperación, para moitos, é NEGATIVA, por moito que a propaganda dos partidos venda fume de follatos.
O triste do caso, é que os mesmos que sufren a situacion descrita, son capaces de votar ós mesmos de sempre. Un nunca sabe moi ben que pensar.
Non vai moito vin unha viñeta con dous indixentes debaixo de unha ponte, que se decian un o outro que votarian o mesmo, por se era o caso.
Mentras tanto o Axuntamento de Vigo xa empeza a gastar cuartos nas luces que anuncian a navidad.
Estes dias recolleuse no banco de alimentos un monton de toneladas de alimentos que a xente donou.
PORQUE OS PARTIDOS POLITICOS E OS ENCATGADOS DE XETIONAR A “RES” PUBLICA, NON TOMAN CONCIENCIA DA SITUACION, E TENTAN PORLE REMEDIO?.
Xa estou hasta as gonadas de que seamos os ciudadanos os que tentemos parchear estas cousas, cando desde os lugares donde se manexan os cartos públicos, fan mangas e capirotes cos mesmos, e importales un carallo as necesidades de humanos como eles ou mellores, e que naceron polo mesmo lugar que eles, mais en sitios distintos, estan a pasalas putas, e nin eu nin o resto de ciudadanos, cobramos IMPOSTOS (a vebrab ben de IMPOSICION), para solventar ou paliar estas situacions.
Mentras a politica non poña en primeiro lugar as persoas, e sobre todo as mais necesitadas, os politicos conmigo que non cunten.
Con o derroche e luces e outras “mamandurrias”, ¿cuanta xente se poderia sacar do eido da fame?

domingo, 11 de octubre de 2015

¿SABE MAIS O DIABO POR VELLO OU POR DIABO?

    NON CREO QUE SIRVA PRA NADA.

Son un home da Alta Xeabra. A Alta xeabra, entre outras cousas, diferenciase da Sanabria-La Carballeda pola maneira de falar.
 Desde antergo, nesta brava austera e deprimida comarca (o de deprimida ,hai qua agradecerle-lo os politicos imperantes dende sempre) a maneira de falar ou idioma, sempre estivo condicionada pola sua situación xeográfica.
 Dun lado no Reyno de León falbase Lliones, xa desgraciadamente, case perdido (Non confundir co Bable), de outro o Portugués, moi vivo inda, e que sexa por sempre, e o poniente o do Reino de Galicia ou Galego. Con altibaixos no eido politico e urbán. Mais grazas a deus, moi vivo no rural, que a fin de contas é o que conserva as tradicións, neste pais.
 Nacin nunha aldea enclavada na Serra da Gamoneda, aldea que está sobre o nivel do mar a mil cen metros, e que dado o tempo transcurrido desde o meu nacemento hasta agora, inda recordo cosas, sobre todo as que considero importantes. Polo tanto recordo as conversas mantidas con xentes que xa vai moito que nos deixeron. Teño que agradecerle os deuses que inda me deixen conserva a memoria. Ben certo é que cada vez é mais selectica.
 Tamén que deixar constancia das miñas diatribas co meu fillo, cando falo de que un sabe mais cousas por vello que po demo. Sempre me quero referir a esto. Se un se decata, non so vive a vida propia, tamén todas aquelas vidas que foi escoitando, sobretodo, das xentes honestas que solo contaban as sua esperencias. Ese o plus que se ten por ser mais vello, ou se queredes por ter mais anos. No mundo cientifico, escolástico, e universitário, a cousa ten outro cariz. Inda que me atreveria a que, según que cousas poderiamos discutilas. Digo, non as cientificas, e moi actuais.
 Voltando a orixe desta entrada, e aproveitando o barullo politico e mediático, da improbable independencia de Catalunya (Nunca foron tolos os catalanas), queria referir unha conversa ou relato escoitado mais de unha vez a un tiu meu, da Teixera coma min e o que eu querialle moito. Sempre considerei que o Ti Miguel era un fora de seria, naquela aldea na que le tocara vivirt.
  Decia meu tiu, referindose a guerra do 36, ou guerra civil chamada así polos que venceron,e sublevación polos perdedores, que enriba tiñan razón.
 Contaba o Ti Miguel, que nos últimos meses da guerra, él recien incorporado o exercito, tocoulle
entrar en Catalunya desde o Ebro hasta o Pirineo Xerundense
 Decia:
  “Daba pena ver como aquelas hortas eran arrasadas pola tropa que era animada polos xefes a deixala como un erial. Habia soldados que respetaban os hortos, mais outros ensañabanse, nada mais para que os viran os xefes, que unha vez pasado o dia deixaban de acordarse daqueles estúpidos, que sempre houbo e haberá (Cultura e formación a todolos niveles).
 Contabao un home tamén de extración agraria, e que sabia o que costaba sacarlle algo a terra, e non entendia o porque das guerras por cousas que no le ivan nin le viñan.
 Agora gustariame decirlle ós politicos actuais, que miren hacia atrás, solo hasta estas datas das que estou a falar.
 Monteron unha “borralleira”, con esto da independencia, que coido que mais é para defender as súas falcatruadas que o benestar da xente.
 NON CREO QUE FAGAN NIN PUTO CASO.

viernes, 9 de octubre de 2015

                               LENDAS XABRESAS (Reais)



   Facia friu. Dentro da cociña a cousa cambiaba. Na cociña de pedra con chapa de ferro os rachos de carballo, facian que a chapa estivera roxa, e polo tanto alí o viño con mel, roxado na xerra de cristal, cada vez estaba mellor.
 Notei que facia friu cando sain o cimo da escaleira a mexar. Era costume de mexar desde o alto da escaleira. Agora que o penso, ¿Como mexaban as mulleres?.
 Cando estaba en Trasil, acompañando a cadela para que mexera antes de encerrala no seu cuarto de dormir, mentras esperaba, estaba mirando haia o sureste albiscando a estrela ou “lucero” da mañá  , cousa que adoitaba facer todalas noites. Mirando hacia rriba, non solo se vian as Osas, a Polar e Casiopea, desde facia un montón de anos tamén se vian o que a xente que sabia deso chamaban os “satélites artificiais”.  Mirando-os podias pasar toda a noite, pous as veces vianse tres ou catro case simultáneos..
 Si algunha vez queredes velos, que sexa en noites de xeada; é cando millor se ven.
 Namentras esperaba que a cadela volvera donde dormia, e mirando para aquel firmamento estrelado, que case asustaba pola sua grandiosidade, ví unha luz, como a dun “foco” potente, que viña desde a vertical do Castelo de Rechouso, en direción da Teixeira.
  A medida que se acercaba, o foco de luz crecia, todo a unha boa velocidade, pensando a distancia a que se via que circulaba.
 Pensei que seria un daqueles satelites artificiais, xusto hasta que perdin de vista aquelo, por mor da espadaña da igrexa. Pensei que o velveria ver unha vez pasada a mesma. Inda estou a esperar. Perdeuse definitivamente. Ou caeu, ou deu a volta e non o vin ou.   ou.... ou.
 Volveu a cadela, acaricieina, pecheille a porta e dixenlle hasta mañá. E voltei para cociña, donde as risotadas eran grandes.
 Sucedera que, naquel dia estivera na aldea Don Emilio o Cacharreiro. Compreranle unha xerra de cristal de una forma moi bonitiña, e para estrenala, saqueran do viño novo ó que le engadiron unhas cucharadas de mel e puxeron a quentar enriba da chapa da cociña.
 Cuando o viño empezou a ferver, alguén tratou de sacar a xerra da chapa para botar uns groliños daquel licor de deuses, e ¡Oh deuses! O levantala deixou o cú pegado na chapa, e o viño con mel esparexido por toda a cociña.
 Ese era o motivo das risotadas.
 Contei o asunto da luz sobre a espadaña da igrexa. O mais vello do fiadeiro, ilustrounos cunha verbas, que inda hoxe é a hora que dan que pensar.
 Iso- dixo- ven sucedendo dende sempre. Todos os que viviron e viven nesta casa, adoitan a ver ese fenómeno. Non é nada extraño Tamén hai noites nas que se ven sair dunha especie de cilindro a algún ser, parecido os humans.
 Sempre se dixo que algunha muller da comarca, se aproveitera dalgún deles.
 Non era de estrañar, despous de uns cantos anos de guerras e sen homes na bisbarra.
 No dia seguinte, apareceron mortos todos os machos cabrios da contorna.

domingo, 27 de septiembre de 2015

ELECCIONES GENERALES 2015



 
Amigos con momentos desocupados, que a veces ocupais leyendo en este blog de un ciudadano casi desnortado. Amigos, decia, mi estancia en Sanabria toca a su fin. Hay que incorporarse de nuevo a la vida urbana, donde uno se ha buscado actividades, tales como aprender música, tocar el clarinete (Ya tengo un precontrato con la Filarmonica de Viena...), y sobretodo ayudar en la medida de mis posibilidades y conocimientos, a PODEMOS, con la sana idea de ver de cambiar las maneras y formas de hacer politica. Politica en función de la gente y sobretodo de la mas necesitada.
Hago esta introducción porque ayer estuvimos acompañando un rato a los amigos de PODEMOS de Zamora, que estuveron visitando Sanabria. Son candidatos  por Zamora a las próximas elecciones Generales de este país.
La reunión fué en el castillo de Puebla de Sanabria, castillo del siglo XIV, muy bien restaurado y conservado. Enhorabuena a las autoridades municipales de la Villa.
En la reunión los aspirantes a las Cortes Generales, y al Senado, nos han relatado de forma muy amena, sus motivaciones para presentarse y sus anhelos en relación con el nuevo cambio de hacer politica, que a buen seguro ya es imparable. ANIMO COMPAÑEROS, TENEMOS IDEAS Y SENTIMIENTOS QUE AL FINAL SERÁN COMPARTIDOS POR TODOS AQUELLOS QUE PIENSAN EN SU PRÓJIMO COMO EN ELLOS.
Eramos pocos en la reunión, talvez por desconocimiento de su existencia. Quiero pensar mas en ésto que en un probable pasotismo.
Era sábado, a las siete de la tarde hasta la ocho, y pienso que mucha gente podia aistir. No sé, espero que fuese por desconocimiento. Sin embargo he constatado que los lugares donde se expendia cerveza, las terracitas estaban llenas de gente joven.
A esos jovenes yo les diria que como ellos no hagan nada por su futuro, y dejen que sean los demás los que lo decidan por elllos, las cosas seguiran como siempre. Si la cosa fué por desconocimiento, solo me queda pedir discultas y perdón por haber juzgado sin pruebas.
Una de las cosas que se planteó fué la de ver la posibilidad de iniciar un circulo de PODEMOS en Puebla de Sanabria. Änimo desde aquí, a aquellos con inquietudes a intentar hacerlo y poder colaborar en el destino, sin que sean los de siempre los que nos “paastoreen”
 1A MI NO ME GUSTA QUE DECIDAN POR MI, POR LO MENOS SIN CONSULTARME!

martes, 22 de septiembre de 2015

PARO A GOGO



                

 
Están acabandose os dias de estancia nesta aldea da Alta Sanabria, perdida entre a Gamoneda o Marabón, a Escusaña e o Ladeairo,

Neste pequeño curruncho non desaparecen as miserias do resto do mundo, e a todos os seres vivos de por eiquí chegalles sufrir os vaivens dese modo de vida que nos fumos dando, ou consentindo a imposición de uns cuantos macacos, que nunca tiveron necesidades vitais.

Na última entrada que fixen por estes lares, falaba do meu amigo Xetoño, que pasaba a ser canameiro como moi ben dixo outro amigo, que o dexou escrito no blog.

O pase do Xe a outro estadio de vida, afectou, e moito auns seus colaboradores, que desde que vendeu as ovellas, entreron no mundo do paro, e andan desnortados dando voltas pola aldea sen saber moi ben que facer. Levaban toda a vida co mesmo traballo, e según Xetoño, nunca falteron o traballo tanto se chovia como se facia unha calor abrasante, nunca abandonaban o seu posto e responsabilidade de traballo.

Estou a referirme, naturalmente os cans.

  Ian todolos dias coa res catro. Un Mastin , un can de carea, e dous pequenos, un podenco e o outro de raza indefinida.

Todolos dias nada mais sair da aldea camiño de Rebordelo, o chegar as Rozas xa empezaban os pequenos a escurrizar as corzas, apoiados polos dous grandes, que sempre se sumaban a festa.

As corzas, por se alguén non o sabe, no monte non corren, literalmente voan. O par de horas volvian a estar no lugar donde foran sacadas da cama.

Díxome o XE que non podia mandalos o paro, e el tiña que desfacerse deles por fin de obra.

O asunto dos cans xa o leva amañado, pous o mastín atopou traballo con outro pastor nunha aldea cercana. A cadela de carea, ahora está,convaleciente despous de ter un parto con nove cadeliños. Supoño que sacalos adiante cos tempos que corren vaille ser complicado. Os dous pequenos non teran moito problema, pous xa se sabe que no tempo da caza sempre fan falla bos axudantes experimentados.

Como dice o meu amigo :espero que non teñan que sumarse a migración siria.

domingo, 13 de septiembre de 2015



                            ¿ACABOUSE TODO XA?

  ¿Chegou o fin do mundo a Val dos Marcos?
  Nestes derradeiros “xornes”, nese mundo casi infinito e tan inescrutable como o que vivimos, chamado a Rede (Parece xa case un deus, con verdades mentiras, especulacións e xenios do arribismo), estase a falar do día 23 deste mes ó que os nosos antergos denominaban o mes : que ou ben seca fontes ou leva pontes, referindose a climatoloxia propia do inicio do outono.
  Será como a Natureza quererá que sexa, ou como cada un de nos queira crer. Eu xa levo, polo menos catro predicións do fin mundial, o mais chamativo, foi cando polos anos cincuenta do seculo pasado, o mistério de Fátima predixo o fin do mundo no ano 1960. A bo fé que o foi para moita xente; toda aquela que naquel ano deixou de pisar no Planeta Terra.
  Desta vez, empezo a pensar que pode ser certo, pous esta mañá empecei a ver un inicio da cousa, que pode ser certa: O fin do mundo empeza en Val dos Marcos (San Cibrao, no límite dos Tres Reynos, e con sintomas parecidos na comarca da Alta Xeabra, incluido toda a Xeabra e Carballeda, coas Frieiras no mesmo camiño). Como algunhas vegadas, hoxe tocoume facer de comer. Desde a fiestra da nosa cociña, albiscase un cacho do pobo, un pouco mais abaixo do Xogo dos Paus, e desde unha hora bastante cedo, con un dia deses que presaxian desastres, pous habia néboa na Ladeira, non se via o Monte Muga, caia un xirimiri dese que non molla os Vascos, cuando por dúas ou tres veces pasou unha carriola desas que transportan animales vivos, hasta que me decatei do que estaba a facer:
  A carriola chegaba o lugar donde o meu amigo, e último Quixote (a forza) estabulaba o seu magote de ovellas, que catro ou cinco días atrás estivera visitando o veterinario.
  Xa ia tempo que o meu amigo Xetoño, me dixera que se ia xubilar. Que o tiñan que operar dos xeonllos. Son esas articulacións cousa fundamental para poder levar todolos dias ó monte esas ovellas, que en definitiva, o axudaban ir vivindo, e pelexando coas cousas dos politicos que lexislan desde sillons cómodos nalgún sitio en Valladolid ou Zamora. Exemplo: cando deixan queimar os montes, e logo non deixan ós gandeiros, práticamente sair de casa co seu gando, con prohibicións estúpidas que sempre perxudican os mesmos. Non os que queiman os montes.
 En definitiva, o Xé, deixa a vida activa, éra o último. A partir de hoxe xa non se sentirán as chocallas dalgunha das suas ovellas, non se sentiran os cans ladrando a todo aquelo que pensaban que era unha ameaza pro magote, defeito, o fin do mundo xa está en Val dos Marcos.
  Pase o que pase coa terceira guerra mundial, pola nosa bisbarra, xa non nos chamará a atención. A nosa comarca morre por inanición, e a terceira guerra virá polo que sempre veñen as guerras: ANSIAS DE PODER E DE E AVARICIA.
  Espero que os causantes dos desaguisados, cando morran, as pasen putas e sen remisión.

viernes, 21 de agosto de 2015

GRANDE SANABRIA

                               
               ALTA XEABRA .  CONCELLO DE HERMISENDE. (1)

  Estamos pasando uns días en Vigo. Xa sabedes que nestas datas de estiu, adoitamos estara na Alta Xeabra, des fai xa uns anos. Viñemos a Vigo pra non esquecer que é aiquí donde residimos normalmente. ¡Somos ciudadanos de Vigo!.
  Ben, nestas datas de estadia en Vigo, que mañá acaban, pous volvemos o Val do Tuela, ou Val dos Marcos, como no seu dia bautizou a comarca Don Vicente Martínez Risco, debido as formas polas que os veciños adoitaban delimitar as lindes dos seus eidos de laranza.
  Os amigos de Vigo, sempre me preguntan pola terra dos meus ancestros, pous caseque todos escoiteron falar dela, mais poucos coñecen a nosa terra.
  Cando falo da nosa terra, falo particularmente da Alta Xeabra e de toda a comarca, que e merecente toda de ser coñecida.
  Vou  tentar describir, casi a voa-pruma, as cousas que a min mais me gustan da zona. Seguro que moitas vanse quedar no tinteiro, será cuestión de revisarlas a tempo pasado.
  Como todas as cousas, á hora de empezar, debese facer cun certo orden, cousa que pretendo facer por dous motivos, primeiro por que é a miña terra e segundo porque ésta terra está no límite xeográfico do Reyno de León, Galicia e Portugal, unidos por un vértice na raia denominado desde sempre o Penedo dos Tres Reynos. Neste lugar, según as cronicas populares, parece ser que os reis que firmeran un tratado de aporveitamento de augas para as reses, despus da firma, como xa era noite durmiron na zona, e foron despertados a mañá seguinte polo canto dos galos dos tres Reynos.
  Estou a Falar do Cocello de Hermisende, que o conforman cinco aldeas, ou como se chamaban antes "lugares", a saber : Hermisende barrio de Santa Maria, Hermisende barrio de San Cibrao, A Teixeira, Castrelos e Castromil.
  Polo Val do Tuela, corren as augas, unhas veces mansas e outras brava dependendo da época do ano, do riu do mesmo nome, que nace nas serras do concello veciño e tamén de fala galega, de Lubián.
 Para aqueles que les gusten os paseos polo monte, eu diria que a hora de escomenzar un percorrido pola zona, a visita o Penedo dos Tres Reynos, é unha boa maneira de empezar. Existen accesos o ponto referido desde Manzalvo e Cadavos lugares do concello da Mezquita de Ourense, des a Moimenta pertecente a Vinhais en Portugal e desde Castromil e o barrio de Sancibrao. Desde calisquera dos eidos mencionados merece a pena a andaina e ruta circular, sé se quere comer ou cenar no lugar de inicio.
  Nesta zona, hai u pequeno riu, chamado Rigueiro de Anta, afluente do Tuela que se mete e Portugal, baixando ó riu o pé dunha ponte medieval sobre o Tuela, que está o lado do Castro da Cigadonha, e que xa o nome de Anta fai referencia as milenaria antas, que algunha inda hai na zona. Tamén pertiño da ponte e da Cigadonha, no riu existe unha fonte de augas caldas, solo accesible cando o caudal é baixo.
  Na próxima entrada falaremos da ruta que nos leva a Fraga das Ferraduras situada no alto do Testeiro, entre o Campo, Val de Cabritos e as Pombeiras.

sábado, 18 de julio de 2015

CHARLAS COS AMIGOS

                              CHARLAS COS AMIGOS

  Nestes dias de man sobre man que estou a pasar na Alta Xeabra, inda que un busca o alonxamento do mundo mundial, que solo le trae cabreos, vexase o dos gregos, de cando en vez gusta de visitar os amigos que sempre dan bos consellos. Onte estiven na beira do Tuela unha maña enteira con Don Alvaro Cunqueiro, persoa coa que un dia tive a honra de compartir un bo xantar, alá polos ans sesenta e tantos do século pasado,
 Como o asunto dos estados e as suas urdideiras, sempre me traen pola rua da amargura, Don Alvaro presentoume pra axudar, a Delfín, un amigo seu que nunha ocasión tentou atopar un tesouro, e acaeceulle o que sigue:
 Delfin era amigo meu, e foi visitarme un xoves de Corpus.


 Soñei que estaba un caldeiro de ouro ao lume, nunhas trébedes de prata, e botaban a cocer unha galiña branca, e o caldeiro comia a galiña e cuspía os ósos. E chegou o Estado e levouse o caldeiro e as tŕébedes, e non me deixaba mas que os ósos da galiña.El hai dereito?.


 E cómo era o estado?, pregunteille.

 Delfin mírame e xa ve que eu créolle todo o que me dí, e non me non bulro. Delfin veme tan espritual e tan intelectual como il mesmo o sexa.


 O Estado era un sombreiro, un sombreiro mui grande.Abriu a boca e papou todo.


 Despois cuspiu os ósos da galiña branca e unha galiña moura, que eu non a vira deica aquela.
Mirei, e non tiña o ovo. O Estado, é decir o sombreiro, iba tocando o tambor no caldeiro, pola fraga  de Rioseco arriba.


 Delfín move a cachola, saca un pano azul do peto do pantalón e limpase a boca. E en castelán, petando na mesa, dime:
 Asi no merece la pena el atopar tesoros!.

 
 Meu amigo ten toda a razón.

martes, 2 de junio de 2015

SEGANDO HERBA





    CUANDO A VIDA NON ATENTABA CONTRA NINGUÉN


 Son as catro da madrugada, hora solar.
 Chaman nas contras da fiestra do meu cuarto, tres golpes. Era a contraseña.
 Ergome, paso un pouco de auga polos ollos e fuciño, e entro na cociña a tomar o xexún. Alguén me dixera que ia ben ésas horas un ponche de ovo con café. Fixen un,  paseino engulindo-o  e collín o saquito onde miña nai deixou a noite anterior a merenda.
 O camiño era longo. Chegar o lugar onde íamos traballar, levaba mais de unha hora. A distancia non era o mais “fodido”, senón o subir hasta a portela de Rebordelo, de esta a das Pombeiras, e desde ali case o alto da Cachena.
 Chegamos, deixamos as merendas penduradas nuns carballos, e agarramos as gadañas e pomonos a segar a herba daquel prado previamente  axustado, por novecentas pesetas.
 Levamos como media hora traballando, cuando teño un decaimento. Non poden as pernas conmigo, os xeonllos dobranse, e teño unha sensación de vacio enorme no corpo.
 O mais grande do grupo, somos tres, preguntame que foi o que tomei como xexún. Un ponche con café, dixenlle.
 Ahí tes o problema. Come algo da merenda e xa verás como te pasa. Fun o morral e zampeime un cacho de pan  con xamón, e case sen solución de continuidade, xa me pasou a floxeira, e podo volver o traballo.
 Chegou a hora de comer a merenda, que como case sempre estaba formada por xamón e un pouco de “chouriza”. Comimos, charlemos, falemos de todo, e como de costume decidimos durmir a siesta hasta que as sombras baixeran. Era o normal.
 De todolos xeitos tíñamos mais de tres cuartas partes do prado segadas, en menos de unha hora acababamos a faena.
 Durmimos, pouco, pous o falar era prioritario, fumemos unha caixiña de celtas cortos, cando a sombra daba na parte sen segar, empezemos a darle a gadaña.
 De sutaque démonos conta de que non acabariamos o choio de dia. As sombras, cando chegaban o prado, o sol xa estaba ruxindo o outro lado de Fisterra..
 Acabemos de segar o prado, gracias a lúa que le ia pisando os talóns o sol. Cheguemos de novo a aldea con obscuridade absoluta.
 Os amios que ian conmigo, xa deixeron este bonito e delicado Planeta, que empeza a estar escarallado por culpa duns descerebrados, chamados Persoas.
 Busquei o significado de persoas, e parece que quere decir máscaras.
 Os enganos xa fai demasiado tempo que rondan esta comunidade. Menos mal que quedan as formigas, as que non teñen a mesma forma de goberno que as mascaras.
 Coido que as cucarachas tampouco. Inda que non o teño demasiado claro.

viernes, 22 de mayo de 2015

OS BATRACIOS DA RIOUXA



 
                          COUSAS DE BATRACIOS.

Eu sempre pensei que os sapos eran principes encantandos e as ras princesas, ós que se u aposto galán sen ascos por arimar os beizos a ,sua pel visguenta,que lles dese un bico (beijo), aqueles transformarian-se en fermosos principes e engaiolantes princesas, coas que se casarian e serian felices por saecula-saeculorum.
Estando nesas creencias, tiña as miñas esperanzas nas charcas do Parque da Riouxa, lugar no que todas as mañás adoitaba escoitar o canto das rás, polas mañás e o tchou, tchou, dos sapos entre o lusco e fusco. Mantiña as esperanzas, digo, esperando a atopar u fermoso galán, solteiro, botado para diante e sen ascos a hora de acercar os beizos a lugars biscosos- Desto último atopaba moitos atrevidos, mais cando se falaba de rás ou sapos, arrugaban e os que non cando se acercaban as charcas, como por ensalmo os batracios desaparecian.
Eu alí xa fixera amizade cun corvo, que andaba a pescudar a maneira de atrapar algún batracio como xexún o merenda. Foi él quen me explicou todo o precedente.
Nestes últimos dias, tanto o corvo como eu, desde o alto do valado que circundaba as charcas, escoitábamos os bechos cantar e viámos como asomaban os fuciños por entre o musgo e as oucas que medraban na auga. O corvo sempre quedaba abraiado da rapidez coa que se mergullaban o minimo movemento, incluso das carrixas que as veces se acercaban a mollar o pico na auga.
Ante onte cando pasei polo cimo da finca da Riuxa, camiño de volta hacia a Teis, desde un soberbio piñeiro dos que dan piñois case coma cabezas de dedos, saltou o corvo a miña dianteira, e berroume, con bastante fereza e cabreo decindome que tiña que baixar a charca. Alí sucedera unha catastrofe que nos afectaba os dous.
Acerqueime e logo me decatei que os batracios xa non existian. As charcas estaban totalmente secas, e o que era peor habia cemento inda fresco por todos os cantos, e a auga estaba cortada.
Mirei pro corvo con cara incrédula e él cun berro seco e casi de desprecio levantou o voo e liscou o alto do piñeiro, lugar doque coido que inda non baixou.
Apareceu por alí un bufo real, que as veces tamen fixera tertulia co corvo e conmigo e explicoume o acaecido:
Parece que vos, os bechos que cambiades todolos dia de pel, tendes nestes dias unhas eleccións para buscar quen vos guie nas vosas cousas de cidade. Os que xa están facendo falcatruadas arredor das vosas casas e ruas, queren seguir a facer o mesmo. Sacrificanse moito por vos, dicen, mais o caso coido qué o sacrificio vai en favor deles, de encher mais os petos.
A raiz de isto entroulle a manía de facer cousas, nestes tempos para que vexades que traballan (Cada catro anos fan o mesmo), viñeron por aiquí a “foder a cousa”. Pensan que emporcando con cemento esto estará mellor que con hervas, limos, oucas e demais vexetais de auga na que as rás e sapos adoitaban vivir sen meterse con ninguén, solo facian que regalar as suas cantigas a quen quixera escoitalas. O secar a auga, quitar os limos e botar cemento, deixeron inhabitable o lugar para os nosos amigos, que a maioria morreron.
Marchei dalí coa cabeza gacha pensando nas estupideces das que somos capaces os bechos que cambiamos de pel cada dia. ¿Que culpa tiñan os batracios, de que os politicos quixeran vivir a conta de todos, incluidos eles?

sábado, 16 de mayo de 2015

O IMPORTANTE É O VOTO. SOLO.




                     




 Era epoca de sementeira. O matrimonio estaba sembrando centeo nas leiras de Mouro Morto . Pareceu de sútaque aquel home, montado nun cabalo, preguntando se o camiño que levaba chegaba a Hermisende.
 O noso matrimonio non falaba nin pizca de castelán, e o cabaleiro solo sabia falar aquelo.  Solo falaban, os labregos, o idioma da bisbarra que era unha mezcla de Galego, Xabrés e o antergo Llionés. En definitiva, como  mais tarde me dixo un experto na cousa esa dos idiomas, un filólogo deses que nos dicen de donde proceden os idiomas, como estan na actualidade os mesmos despous de moitos anos e como contar os seus altibaixos.Aquelo era un latín pouco evolu-cionado.
 O cabaleiro, que solo viña a bisbarra a pedir o voto dos veciños, pous habia eleccións, solo queria saber se no camiño errera. A comarca era de montes salvaxes, con riscos feros e un río, que cando se enchia non deixaba nada detrás del. Como por alí decian, cando o río ia de monte a monte, era mellor non acercarse.
 A muller acercouse o cabaleiro e o cabalo alporizouse, levantandose das patas de adiante, e o cabaleiro asustouse hasta case caer. Areglouselle o asunto con solo deixando caer o “chapeau”
 Entonces a muller quixo coller o sombreiro para darlle-lo, cousa que fixo, que, o acercarse o cabalo  volveu a encabritarse, e o pedidor de votos case cae o santo “suelo”. O labrego urxiu á muller decindolle que le dera o chapeu o señor.
 O individuo aquel, que, era a primeira vez que pola bisbarra se acercaba, pensou se estaba nun país diferente, solo porque aqueles dous ciudadanos le falaban nun idioma que non entendia, colleu medo. Sacou da cinta unha pistola, dixo aquello de “va de retro satanás”, e escomenzou a facer virar  o cabalo para iniciar o camiño devolta hacia Lubián, lugar no que arrendera o cabalo por un dia. Foi con tan ma sorte, que habia un rego de auga, o cabalo saltou, e a pistola do interfecto caeulle. O home coa mellor das intencións acercouse a axudarle,collendo a arma para entregarla, pero o politico co medo que xa arrastraba, espoleu o cabalo e perdeuse cara a Castrelos. Aquela foi a primeira arma de fogo, que estivo en Val dos Marcos, e serviu para vendela a un tratante que ninguén sabia de onde era. Uns decian que galego, outros que portugués e outros que xabrés. Eu penso que era o Holandés Errante.
 Arredor de cen anos mais tarde, a cousa non variou apenas. Pola Xeabra, os politicos de corbata e subencións bancarias e das outras, seguen a pedir o voto, e dicindo que van colocar camaras fotográficas para que non haxa incendios na comarca. O asunto aquel que noutra bandada de promesas, na que decian que ian por magotes de cabras para limpar os montes, xa pasou a historia, no era cousa de facer sempre as mesmas promesas. Os nosos amigos labregos, tiñan e tein unha vantaxe sobre os de fora, inda que non falan mais que o seu idioma, entenden todos os demais das distintas administracións.

martes, 5 de mayo de 2015

Cousas miñas

                              


                            ESTUPIDECES DE XUVENTUDE.

 Fai anos, anos nos que un, obligado por a pobreza da Xeabra, na que staba inmersa, como outras zonas, despous da fratricida guerra chamadacivi (incivil, para min), a todo aquel nacido nos famosos Montes de León, xa descritos por un tal Miguel Saavedra, natural de Cervantes de Sanabria, do cual nome non queria acordarse, cuatrocentos anos despous da sua morte, a cousa seguia exactamente igual. Metida toda a Xeabra nunha pobreza que non tiña visos de mellorar, todos e todas Xabres@s, estábamos obligados a emigrar, dedicarse o contrabando ou ingresar na forzas represoras da época.  Como todo o dito, non era bon para todos, algúns decidimos liscar buscando horizontes novos nos que formarse e buscar unha mellor maneira de vida. Cousa que algúns conseguiron e oiutros non. Mais iso non é o motivo de esta entrada.

 Hoxe, non sei porqué razón, chegou a miña mente unha anécdota daquela época na que eu viví en Barcelona. Ëpoca que non esquecerei nalgúns casos, e noutros tratarei de olvidalos para sempre.

 A anécdota, en concreto é a seguinte:  Daquela eu, con vintepoucos anos, saído dunha comarca deprimida, saido da “mili” cunha formación media, deime conta de que todo estaba por facer , todo o tiña por ver, e experimentar. Cando digo todo é TODO.

 Adoitaba  ir as veladas de boxeo, loita libre, e demais caralladas que se facian arredor do Paralelo.Daquela tamén no mundo do boxeo, triunfaban os que sairan da nada e fixéranse un posto na vida do país a base de “Ostias”, xente como Pedro Carrasco, un boxeador creo que apellidado San José e outros que xa nin recordo. Os dous que nome-ei, daquela, eran campeóns de Europa, xunto con outro que creo que se chamaba Legrá.
 
 Nunha velada, a que asistín habia combates de boxeo entre os tres nominados e os respectivos contrincantes, dos cuais nomes non me acordo.

 Un dos combates era o de San José (coido que o nome era así), contra un “negrito” que no segundo ou terceiro asalto caeu noquedo. O que no argot boxistico se chama perder po K.O. A bronca foi monumental. Todo quisque berrando como energumenos, eu incluido, “tongo, tongo..”.

 Acabou a velada, cada un a sua casa, e a esperar outra.
 
  O dia seguinte, merquei a prensa, supoño que a do movimento, e fun a ver que decian da velada da noite anterior.  O negriño, o que le berreramos aquelo de tongo, tongo.., pola noite morrera a causa de un deramme cerebral.
 
 Cando lein aquelo, pensei que o derrame cerebral tiñao eu polos berros que proferin, e deixarme levar por a ¿euforia?, da multitude berradora.

 Non  volvin a entrar en ningún sitio no que alguén se dera de Ostias, por diñeiro.

miércoles, 29 de abril de 2015

CARALLADAS




 Un vello dito acrata di: PARADE A TERRA, QUE ME QUERO BAIXAR.

  A min agora pasame o mesmo (inda que non renuncio a miña sangre ácrata) se podo baixome:
 Co que estamos a ver e ler nos medios de comunicación, o meu estómago xa non da pra mais.

 Independentemente dos desastres naturais tales como terremotos e demais(non quero pensar que as forzas económicas teñen algo que ver)  o que mais me “fode” son os humanos, algúns humanos.

 Todo o que se move, incluso o que non sabemos, pode ser que sexa meneado, querendo ou sen querer por eses individuos que pensan que o mundo está aiqui para o seu disfrute, e os demais son comparsas para o seu regodeo.

  Morre xente nos terremotos, os barcos enchen os mares de chapapote (o mai grave é que en España donde afectan os últimos desbaraxustes de barcos, estanse a seguir punto por punto as demenciais prácticas xa coñecidas de mandar os barcos “o quinto pino”.

 Esa “merda” que algúns chaman mercados, referindose os mercados bursateis, que por certo xa perderon a sua razón de ser. Son entes espureos que xa nonteñen cabeza. Teñen cabezas como as hidras, e cada unha desas cabezas pensa de un xeito sistinto, pero sempre igual na maneira de asoballar os mais febles.

 No pais, que todos dicen demócrata por excelencia, hay unha liorta a raiz de feitos e desfeitos racias. Os brancos inda seguen a considera os negros como animais de carga. ¡Joder  cos descententes do Mayflower!, que o parecer xa olvideron as suas orixes. Se ese pais é o mais democrata, e unha razon de peso para pedir que esto se pare que eu baixome.

 O gregos afoganhos economicamente, incluidos alguns gregos de grandes capitais, que non queren mais que vivir ben eles. Como a  CEE, non é capaz de facer que o Varufakis, de  o brazo a torcer, ameaza a todo un pobo a pasalas putas como xa fixo nun pasado reciente e agora négale o pan ós de abaixo, cando os de arriba seguro que teñen os cartos nun banco dese pais o que me refeŕi antes.
 
  Como non teño mais ganas de escribir, por si é o caso, repito:¡ PAREN ESTO QUE ME BAIXO!

lunes, 13 de abril de 2015

COUSAS DA VIA



 

           COUSAS DA VIA.

Era na Xeabra. Podia haber sido noutro lugar.
Era na Xeabra, na coñecida como a Alta Xeabra, inda que a que limita coa Cabrera, tamén é alta, vaia se o é.
Pra definir mellor a situación , digamos que era entrambalas portelas, no val do nome do río Tuela.
Era polos anos cuarenta cincuenta, en plena construción do ferrocarril entre a Puebla de Sanabria e Ourense.
Nesta zona habia túneles a reo. Coido que o mellor sería enumerar os tramos nos que a via ia o descuberto. Poucos e cortos.
Daquela, rara era a semana na que non se falaba dalgún acidente na chamada “a via “.
Os mortos, tanto traballadores voluntarios como forzados, que se agolpaban no famoso, pola zona, Campamento, no término de Requeixo,foron moitos-
Requeixo, pueblo que mereceria a pena dar unha volta polo seu Sagrado, hoxe Cemiterio, donde as lápidas case describen coas suas verbas unha situación hoxe case incrible.
Se hoxe se fala con xente deste lugar inda, os de mais idade, inda din que morria a xente do mal da via. Tardouse en aceptar que o mal da via era a silicosis.
Un amigo meu, que xa nos deixou tamén, traballou no famoso tunel do Padornelo. Empezou traballando con seu pai, que xa traballera na construción. Cando él, traballaban no mantemento, que debido a configuración geomorfica do terreno, sempre terá que ser mantido.
Nunha ocasión, estando nos traballos de conservación, o meu amigo que estaba pola entrada do tunel da banda de Requeixo, subido nun tinglado montado o efecto de ixectar cemento nas bobeda do tuinel.
Cada vez que pasaba un tren, á mais minima velocidade, todos estaban en alerta por se habia algo negativo.
Pasou un tren en direción a Ourense. Cando pasou por onde estaba o meu amigo, xa dixo que pasaba demasiado rápido mais non pasou nada naquela zona de traballo.
A media hora correuse a voz de que mais adiante. Cerca da saida de Lubián , houbera un acidente grave incluso falouse de que podia haber algún morto.
Pola descricións que corrian, él pensou que podia moi ben ser na zona donde estaba a traballar o seu pai.
Sen pensar en nada, baixouse do tinglado e a carreira empezou a ir hacia a outra boca do tunel
Despous de unha hora correndo e coa anguria no peito de pensar o peor con relación o pai, empezou a encontrarse con outros traballadores que corrian no senso contrario. Un deles era o seu pai que viña a procura del.
Préles todo quedou nun susto, mais non así para os familiares de outro traballador que con moi ma sorte perdera a vida.
Como en todos os acidentes naquel tramo da via non houbo responsabilidades.
Non sei cantos morreron na zona dos tuneles, pero seguro que foron moitos mais dos que oficialmente se dixo.

sábado, 21 de marzo de 2015

HOMES

                                             HOMES
 
Podia suceder noutro sitio, pero non, sucedeu en San Ciprián de Hermisende na Alta Xeabra, nos límites dos Tres Reynos.

Cando se fala de homes (HOMES), que as veces parece que a intención da palabra está olvidada.

Naqueles tempos a verba tiña un significado evidente, cousa que agora parece que está esquecida.

Aqueles homes que nos precederon, eran homes de verdade e non cabian nas suas mentes, cousas que se puideran terxiversar. Cousa que actualmente sucede con demasiada facilidade.

Nunha ocasión, cando eu era rapaz, e xa choveu, na nosa aldea estábase a facer unha casa, como se decia antes “de raiz”.

Cando os pedreiros tiñan as paredes subidas habia que subir alí o alto as vigas do amadeirado correspondente, sobre o cual se iba a axustar o louxado.

A viga mais importante e fundamental na estrutura dunha casa é a viga do cumbreiro, que é sobre na que descansan os canteados que suben desde as tercias a ela. É polo tanto fundamental e como consecuancia deso é grande e con unha envergadura grande. Xeralmente un carballo de gran porte, inteiro, que pesa o seu.

Os canteiros, cando chegou a hora, dixeronle o patron da obra, que busquera HOMES, para subir o cumbreiro.

Era no estio e polo tanto a xente estaba coas labouras propias da época, cousa que levou o propietario da obra, a buscar que axudera a subir a viga.

Cando chegueron alí, o dono e mais os axudantes, o xefe dos pedreiros díxole: “Quero homes. Non quero daqueles que xa o foron nin dos que o van a ser. Temos que subir o carballo para facer a casa e non para deslomar a ninguén”.

Ante a dubida de quen era home ou non, houbo tamen na aldea, cando inda existia a capela de Santa Catalina, unha demostración empirica do asunto. Dous rapaces veciños da capela, e que xa abaqndonaron este mundo hai uns anos, eran os xemelgos do ti Alexandre. O parecer nunha ocasión que o crego correspondente andaba por alí, eles, os xemelgos, que tiñan a dubida de se era home ou non, encheronse de valor e razón e levantaronle a sotana o crego. Descubriron que debaixo levaba pantalóns, cousa que os deixou convencidos de que como levaba pantalóns, era home. Daquela as mulleres non os puñan. Coido que non os tiñan.

jueves, 19 de febrero de 2015

O CURRICULUM VITAE

                                   Enguedellando o Asunto

  Queridos amigos do universo gugueliano: Quero deixar constancia de como atopar traballo, sinxelo, ledicioso, e sen correr demasiado polas o. de emprego.
Hoxe iniciei a miña ruta de rebaixar algúns gramos de peso, pois parece que xa case está entre nos a primaveira.
Sain da casa, equipado con chandal e un monton de roupa debaixo, embutido cual corazón de cebola, pois o asunto, mellor dito os termómetros estaban rozando os 0º, as nove da mañá.
Iniciei a mañá camiñando hacia a beira da ria, na praia da punta. Antes de chegar atopeime cunha patrulla de traballadores, coido que do axuntamento, ou de contrata pra o mesmo, arreglando a rúa (nótase que hai elecións dentro de pouco). Deitaban chapapote e extendiano pra quitar os baches e que a cousa quede bonitiña.
Habia un rapaz por alí con chaleque reflectante, e casco branco de obra, e nunha man unha carpeta e un metro na outra, mirando e dando algunha instrución.
 Este é o xefe-dixen pra min- acerqueime e pregunteille se teria traballo pra min. Miroume con cara incrédula, e pra animalo espliqueille: Non tendeis ningún vello mirando, eu xa son vello e podo facelo. Incluso se pagades ben animovos.-- -Mandenos o C.V.,o concello e logo falamos.
 Coa cabeza gacha, lisquei cara a ria,polo mesmo camiño, donde uns quinientos metro mais adiante atopei outra cuadrilla que estaban coa mesma rutina. Como acababan de botar cemento pregunteilles se podia pisar e deixar alí a miña pegada, decindo que non lles cobraba nada polo traballo,. Foi inutil, tamen me pediron o C.V., Cheguei os terreos da vella ETEA, donde astaban tres persoas a mariscar, solicitei traballo, mais a resposta foi case igual; C.V. ó canto é solicitar na conselleria un permiso, noutra unhas pólizas, total nada de nada.
 No grupo habia unha muller, que se apiadou de min e díxome:Cando chegue cerca da igrexa de San Salvador de Teis, a carón da mesma hai unha tasca, é miña-Estarei alí en media hora, doule traballo de probador de croques, almexas e algunha navalla.
 Aceptei o traballo.
 O pasar tres cuartos de hora fun a tasca, donde xa estaba a patroa. Dixo que xa estaba preparada a proba, que podia escomenzar o traballo.
 Nun canto do local nunha mesa estaban uns pratos con ameixas, navallas e unhas nécoras, que inda fumegaban. Cumplin co meu novo traballo, o parecer con cara de satisfación.
 ¿Que, estaba todo bo?
 ¡Caralludo!
 Agora facemos as contas.
 Vale.
 Son cen euros o que ten que pagar.
 ¡Coño!, ese non era o trato.
 O meu sí, sobretodo cando le ví a cara de satisfación.
 Oes comin sen viño. Non che pago se non traes a botella de albariño.
 Solventado o erro, pagueille o diñeiro. Detrás da muller xa estaban do concello e da xunta reclamando a súa parte, e alguén que reclamaba un alquiler ou algo parecido.
 A pobre muller quedou sen nada. Cando quedemos solos díxome, xa vei vostede trabucou a maneira de pedir traballo, eles con menos esforzo levaronse os seus cartos e o meu esforzo.
 Saí dalí pensando en presentarme as próximas elecións.
 Non Piden Curriculum Vitae. (Así nos vai)

domingo, 8 de febrero de 2015

BARRIO DE TEIS. O MEU BARRIO




 Como case todos sabedes eu vivo en Vigo desde xa vai cerca de cuarenta anos. Cando viñemos Angela, Héctor e mais eu, decidimos, os dous mais vellos, vivir no barrio de Teis.
  Consideremos que era un barrio axeitado para vivir nel. Era, daquela, un barrio fundamentalmente de traballadores, con unha industria de asteleiros e mariñeiros, que le daban vida. Habia un cine, comercios pequenos que daban traballo os seus propietarios e nalguns habia un ou dous empregados hay.no barrio uns cuantos colexios publicos, alguns privados, e tamén institutos.
 Otra das cousas que bundaban eran os bares, casi nunha porta un e noutra tamén. Unha praza de abastos formidable na que se pode mercar de toda clase de comida.
 De sutaque chegou unha invitada que endexamais deberia haber chegado- Foi esa cousa chamada crise. Desde aquela cambieron moito as cousas neste precioso barrio, que para aqueles que non o saiban ten un monte chamado da Guia, donde enriba ,probablemente dun castro celta, edifiqueron unha capela a que le chaman tamén a Nosa Señora da Guia, lugar desde o que se ve a ria, caseque todo Vigo e ó final da mesma ria están as illas Cies, que fan unha especie de parapeto e defenden a ria e o porto dos embates do mar aberto.
 Desde fai un tempo, desde que chegou esa desgracia chamada crise, que si algunha vez teño ganas e forza, vou tentar explicarvola de xeito sinxelo, decindo que é unha cousa provocada pola avaricia humana e a pouca solidaridade de uns cos outros.. Desde fai un tempo, neste fermoso barrio, e nas suas ruas, polas mañas, nas tardes menos, hai demasiada xente pedindo na rua, algo para comer e en moitos casos para levar a casa donde hai familias enteiras pasando-o mal.
  Non é raro ver xente rebuscando nos contenedores da basura.
  Un dia atrás, o pasar diante dun deses contenedores estaba un home, bastante ben ben vestido, casi metido dentro do contenedor buscando algo.
  Unha vez que pasei,¡imbécil de min!, pensei que ó mellor podia  axudar e volvendo sobre os meus pasos pregunteille se le podia axudar en algo.
  O home, moi correctamente, mai de xeito enérxico, respondeume que a min non me importaba nada a súa situación, que por favor o deixera en paz.
  Pedinlle disculpas e lisquei dali cunha anguria forte e sen saber que facer e dicir.
  Solo se me ocorre chamarlle, os que teñen a solución nas súas mans e en vez de axudar a xente cada vez emporcan mais a situación algo inescribible.
  Son personaxes sen alma, e solo desexo que os responsables, algunha vez se vexan na situación dos mais necesitados e ninguén les bote unha man.

sábado, 17 de enero de 2015

CANDO TOCAN A SINOS

                               


 O val era percorrido polo rio, que tamén definía as terras de todos os lugares a ámbolos lados que constituían o concello.
 Desde uns cantos dias atrás, toda a xente da bisbarra estaba alporizada, e medorenta co que estaba a suceder, e que ninguén era capaz de darlle unha explicación razoable.
 Os cinco lugares que conformaban o concello, eran a mesma parroquia, aínda que cada lugar tiña a súa igrexa. Unhas  mais aparentes que as outras, pero todas cunha cousa en común: O Sagrado arredor da igrexa.Na parte de poñente enterraban os cregos, e na do sur os cristiáns, sendo enterrado na zona do norte os que non eran nin cristiáns nin coñecidos.
 Como decíamos, desde facía un tempo tódolos Venres, as doce da noite soaban a campás con son de sinos.
 Unha semana nun lugar outra noutro, e así pasando por todos hasta volver a empezar.
 Primeiro o crego, despois a guarda civil, cada venres apostábanse nas igrexas, para ver quen era o gracioso que se dedicaba a tocar as campás. sempre co mesmo resultado nunca eran capaces de ver entrar a ninguén na igrexa, e o chegar a media noite as campas soaban a mortos.
 Nun dos lugares vivian dous mozos que se tiñan eles mesmos, e algúns veciños tamen, como valentes e destemidos.
 Eran moi amigos e, deles os dous, contabanse e non se paraba, cousas cribles e incribles, feitas por eles. Se todo o que se decia fose certo, abofé que eran valentes, valentia raiana coa inconsciencia.
 Unha noite, despous duns bos xerros de viño quente con mel, uns sapiños doces, e todo ó fin regado para a sua conservación, con uns bos grolos de aguardente, decidiron que o próximo venres  irian cada un a unha igrexa, nas que podian soar as campás. Eran as que mais probabilidades tiñan.
 Botaron-o a sortes, e a un deles tocoulle a igrexa da sua aldea.
 Armado coa espingarda de caza, canana a cinta chea de cartuchos, e unha petaca de aguardente para escorrentar o frio, encerrouse na igrexa unha hora antes da media noite. Decidiu agacharse no púlpito desde onde vixiaba ben toda a igrexa. Recostou a espingarada contra unha das paredes e sentou nun talliño que subira ó pequeno recinto do púlpito esperando acontecimentos.
 Cando chegou a media noite chamoulle a atención un ruido como de goznes, xusto debaixo da porta carral da igrexa. O mirar viu que unhas lápidas movianse e deixaban oco, por donde saiu un esquelete que sen perder tempo turrou da cadea interna das campás empezou a tocar a sinos.
 Acabou de tocar e foise a sacristia da que saiu nun par de minutos vestido con as roupas talares que os cregos usan nas misas de defuntos, e dirixiuse o altar.
 Cando o cazador apostado no pulpito se decatou, a igrexa extaba totalmente abarrotada de esqueletes envoltos en hábitos brancos, esperando o inicio de unha misa.
 De súpeto o cura que ia decir a misa, volveuse hacia todos e con voz tremula dixo: Hai un cheiro a humano entre nos, e empezou a buscar por todolos recunchos, hasta que por fin subiu o pulpito donde atopou o mozo valente, que de tanto medo como tiña xa se olvidara de que tiña unha arma e estaba a tremer.
 Foi unha boa idea que viñeras, - dixo o esquelete.cura - necesitaba que un humano me axudara na misa, ¡Vas ser ti!.
 Unha vez acabada a misa a igrexa quedou valeira, so quederon o axudante e o esquelete-crego, que le dixo o primeiro: gracias a túa colaboración, hoxe puiden decir a misa, e estas ánimas que solo necesitaban unha, xa sairon do purgatorio, e todo pola tua colaboración a hora de axudar a misa. Solo o podia facer un encarnado. Ahora eu tamén me irei para sempre, e as campas non volveran a soar de noite. Solo soaban nestes dias pois cando eu fora cura desta parroquia, non dixen todas as misas que me foran encargadas polos parentes dos defuntos, e mentras non as dixera, eles e mais eu estariamos pendentes de poder cumplir coas promesas.
 Xa te podes ir. Eu diriate que antes de verte con ninguen, pases pola tua casa e te cambies de calzoncillos, pous eses que levas deben estar en mal estado, xa emèzan a cheirar demasiado.
 A partir daquel dia non volveron a soar as campás.
 O mozo fixose moi reservado, tanto que solo sabia decir: Vou cambiarme de roupa, axiña.
 Pasados uns anos, o arreglar a pintura da igrexa, os pintores atoparon unha espingarda no pulpito.

viernes, 9 de enero de 2015

TEMPO DE MANXOEIRAS



 Xa estaba o natal enriba. Estabase a falar da festa na que nacera o Fillo de Deus.
 Eu coma case sempre non entendia nada daquelo. Un Deus, fillo dun Rei e unha Virxe, que fora a nacer nunha aldea pequerrecha, e que estivera a piques de ser decapitado por outro Rei que pensaba que le ia quitar o chollo.
 Os rapaces o que mais nos interesaba eran as cousas que por aquelas datas, nas aldeas ultramontanas, acostumados a comer xixa de porco, unha veces cocida, e outras, cocida e fria, unha veces con patacas outras con berzas e outras con centeo, eso si de touciño castelán, que os bejaranos cambiaban por xamons. Dous kilos de touciño por cada kilo de xamón de porco cebado con castañas.
 Faltando unha semana para o dia de Noiteboa, o tiu, que vivia o lado preguntoume se queria ir con él a coller unhas trutas o riu, pra cea de Noiteboa. Dixenlle que sí. Era un novo xeito, descoñecido pra min, de axudar a celebrar aquelo tan bonitiño que o crego e as beatas contaban. Un Deus pobre, pequerrecho e con nada que levarse a boca. Nunca entendin porque o famoso Herodes le tiña medo.
 O dia de marras, o medio dia o tiu dixome que pola noitiña iriamos o riu e que volveriamos bastante tarde. Iriamos e volveriamos de noite. Aquela noite era agarimosa, a temperatura era morna, e seguro que as trutas entrarian ben nas manxoeiras.
 Durante toda a tarde, os nervos case non me deixeron un momento tranquilo, aquelo de ir cerca da raia con Portugal era algo que me alporizaba.
 Cuando a res estaba baixando da serra pra a sua estabulación nas cortes, foi o momento elexido polo tiu pra baixar o riu con tres manxoeiras. Eran as únicas que tiña.
 Baixemos hasta o fondo dos prados de Veigadiz, alí onde desemboca o regueiro de Lagoas de Baixo, lugar no o tiu tiña xa montado o redeiro, no que iamos armar a primeira manxoeira.
 No cimo dos prados do mesmo nome, na chamada a charca do ti Salvador, xusto uns metro por enriba, na cachoeira, deixemos a otra. No pasadeiro do Porto do Ornal a última.
 Cuando volviamos, subindo pola Mallada arriba, xa a lua ia alta. As sombras que proxectaba dos castañeiros debuxaban fantasmas irrecoñecibles, mais que o maxin dun rapaz era capaz de facer delas seres incribles.
 No resto da viaxe, desde os Mexacans hasta a casa, eu tentei de agarrar a miña propia sombra, mais ela sempre fuxia e deixabame sempre abraiado por non poder pisala.
 O dia seguinte, pola mañá cediño fumos a buscar as trutas e as manxoeiras.
 Nunca, desde facia moito tempo, ninguén collera tanta "bácora". As dúas primeiras manxoeiras estaba baleiras, pero a da charca do ti Salvador, tiña unha arroba dentro.
 Dixo o tiu que houbera sorte pous o primeiro que entrou foi unha femia que xa aforzoaba, cousa que levou a todolos machos a entrar detrás dela.
 Debe ser lei de vida.