lunes, 28 de abril de 2014

APRENDENDO COMO SE APAGA O SOL



                 
             APRENDENDO COMO SE APAGA O SOL


 Eu tiña unha bisavoa que nacera, polo tanto era, de Santiago de Compostela, concretamente do que hoxe é o barrio de San Clemente.
 Era avoa da miña nai.
 Parece ser que a miña avoa era filla, ella chámaballe meu señor tio, dun coengo da catedral de Santiago. Criérase nunha familia cun certo nivel de cultura, sobretodo no coñecemento da lingua romana, o latín.
 Algún dia falaremos desa famosa relación entre un crego e a sua filla-sobriña.
 Contábelle á miña nai, que na súa Galicia, sucederan cousas que facian maravillar incluso ó exécito romano. Sabiao porque nun libro que había na sua biblioteca, escribido en latín, un tal Plinio falaba dos sucesos incribles acaecidos nas terras galegas. Sobre todo nas terras coñecidas como as do fin da terra, que eles chamaban “finisterrae”.
 Decia, naquel libro, que desde o Facho de Finisterre, polas tarde-noites, podiase ver como o Sol se metia de cabeza no Mare Tenebrosum, e apagabase facendo o mesmo ruido que fai un ferro da forxa cando e metido na auga para darle temple.
 Cando a miña nai me contaba esto, eu pensaba desde a pequeniña aldea de terra adentro, que estaría ben poder ver aquel prodixio algún día.
 Inda que o prodixio de acender o Sol pola noite para que volvera a alumear, tamén tiña a súa miga.
 Pensaba que ó mellor algún dia, se habia sorte e gañaba para a viaxe, poderia ir o Finisterre, e ver cos meus própios ollos o mergullamento do sol.
 Dixeronme que cando se via mellor aquelo era no mes de San Xoan, sobre o dia vintecatro.
 O ano pasado decidin acercarme o lugar mencionado, con bastante medo, pous aquelo de ver mergullarse o Sol, podia ser perigoso, pous seguro que o meterse na auga chisporrotearia e podian chegar os chisporrotos a miña faciana.
 Fixen de tripas corazón e pensei que de cobardes nunca se escribiria nada, e sen mais, presenteime no fin do mundo.
 Ensineronme o Monte Facho, e dixeronme que tiña que buscar a cadeira do emperador romano, que era desde onde se via mellor o asunto.
 Subin o monte, busquei a cadeira, e unha vez atopada, deime conta de que, efectivamente, desde alí case se via o fin das augas tenebrosas.
 Senteime, e puxenme a esperar que chegara o momento. O sol faltaballe algo así como medio metro para chegar a topar na auga. Seria cousa de uns minutos, nada mais.
 Chegou o momento, eu todo alporizado, mirei como o Sol se ia apagando o meterse na auga. Efectivamente o ir metendose no mar apagábase pouco a pouco, hasta que definitivamente deixou de alumear.
 A conclusión que o fin saquei, foi que cando volvera a civilización tiña que ir o otorrinolaringologo, pous por moito que escoitei, non fun capaza de ouvir o ruido do Sol o apagarse.
 O chisporroteo case chega a nos, pero veise que o Sol estaba moi lonxe, todo se quedaba no mar.

1 comentario:

  1. Pois ten que ser unha experiencia preciosa ver coma o sol e tragado polo horizonte.
    A foto é fantástica. Vese un puntiño de luz.
    Gosto das túas historias.
    Unha aperta, rapaciño.

    ResponderEliminar