jueves, 20 de febrero de 2014

XA IMOS VELLOS




 Ben queridos amigos: Hoxe quero dar un consello, inda que un amigo meu dicia que antes que consellos era mellor dar diñeiro. Eu disto último non teño.
 O consello que quero transmitir e sinxelo : Non vos fagais maiores.
 Explico o porqué: Vai un par de dias recibín unha carta dun banco que, moi amablemente me dicía que aumentaban en non sei cuanto a miña póliza de risco asociada a unha tarxeta de creto que teño deles.
 A póliza so cobre riscos de accidentes que previamente o billetes e cousas de viaxe, sexan abonadas coa devandita tarxeta.
 Hasta aquí todo normal, a póliza dan-ha por que queren, supoño que como acto de fidelización, e polo tanto poden facer con ela o que les pete.
 Seguidamente, noutro punto, comunícanme que a partir desa data, o seguro de vida que tamén estaba asociado a a devandita tarxeta queda definitivamente sus pendido.
 Isto último xa fode bastante, pois estes finos executivos, andan a dicirme que desde agora a morte é unha cousa cada vez mais cerca-na e segura. ¡Coño, como se non o fora neles!. Parece que eso que os que actualizan seguros poñen en practica con migo: ¡ O risco é certo e mais ou menos inminente!
 É por iso que recoméndovos que se podedes non cumplais anos, no sexa que se poña de moda,(¡xa case está!)a maneira de foder o vello.
 Eses todos que agora manexan parte das nosas vidas, que non se esquezan que, moitos coma min fixemos a famosa "mili" e inda supéramos os psicotécnicos de sobra.
 ¡O CARALLO CON TODOS ELES!

martes, 11 de febrero de 2014

PASOU NA ALTA XEABRA



 
Dia un Xullo de mil novecentos cincuenta e sete. Habia que ir a Hermisende con tempo bastante para subir ó camión do Maragato.
Unha vez que a caixa do camión estaba abarrotada de xente dos pobos do axuntamento, o Maragato arrancou o motor do camión e iniciou o percorrido da pista, aquela pista chea de croios, e que levaba a Lubián.
Alí ibamos, entre toda a xente, un meu amigo mais eu, agarrados a donde podiamos, e aguantando o traqueteo daquel vehiculo. Un camión daqueles de morro largo e seguramente con tantos anos que xa non deberia andar e menos cargado de xente. probablemente o bon do Toño non se puido negar.
As ordes viñan do goberno civil, e sé se negaba, seguro que teria problemas. Daquela habia cuartel da guardia civil en todalas aldeas, e o mellor tiñan instrucións de garrote e tente tieso.

A todos cuantos habitan en las Comarcas, como un solo hombre y al frente de sus Alcaldes, Párrocos y Jerarquías, han de estar en las Estaciones desde las 3:30 de la tarde para saludar al Caudillo. Orensanos todos de la Ciudad y del Campo: El Generalísimo viene a Orense en revista a la provincia. Que nadie falte a la hora de su triunfo ¡Viva Franco! ¡Arriba España! “,

Este era o comunicado da máxima autoridade de Ourense, e na de Zamora supoño que seria igual, desgraciadamente non a atopei. Esta que transcribo é literal e está na rede.
Xa sabedes o motivo daquela viaxe.
Meu amigo e mais eu tíñamos na cabeza outrso menesteres. Ir a Lubián nun camión, non era moco de pavo para nos.
Rondabamos os quince anos, iban raparigas de toda a comarca, haberia posibilidades de ligue ou polo menos de chiscarle o ollo a algunha.
Polo camiño decidimos que o noso pelo non nos gustaba. Caíanos enriba da cara, e iso non era cousa de mozos con ganas de ligar. ¡O pelo debria ir hacia atrás!, como o dos mozos que xa fixeran a “mili”.
O camión deixounos na Ponte Mazaira, lugar desde o que subimos camiñando.
Xa en Lubián, meu amigo e mais eu, entremos no comercio do Sotillo. Preguntemos se habia “fijador” para o pelo, e ante a resposta afirmativa mercamos u tarro, de aproximadamente uns cento cincuenta gramos do tal mexunxe.
Subindo hacia a estación do ferrocarril polo carreirón que atallaba e evitaba os rousos da carretera, habia que pasar no rigueiro que non me lembro como se chama.
Alí armados de peines de bolso, e co fixador a man fumos untando o pelo e peiteando-o hacia trás como mandaban os cánones do bon mozo.
O pelo era rebelde e sempre buscaba a sua tendencia natural, polo que o tarro da gomina, tamén chamada así, quedou todo enriba das nosas calugas. Todo aplastadiño hacia atrás, e brilante, que o sol reflectíase nel.
O problema apareceu pola tarde, unha vez que aquelo secou. Empezou o pelo a escamarse, levantarse unhas sobre as outras,as escamas, tal cual guerlas de trutas tratando de respirar fora da auga.
Lavando o pelo tampouco se arreglou o problema.
As rapazas, cachondeeronse de nos, que cual raposos co rabo entre as patas, tratemos de facernos invisibles. Cousa que conseguimos, volvendo ás nosas casas camiñando, e evitando a chamada carretera. ¡Sempre por carreiróns.!
As veces o avergonzarse, é o que trae.¡A camiñar cual burrros!
Creo que aquel señor que viña nas moedas de entonces coa súa fotografía,cun letreiro que decia: caudillo de España, pola gracia de Dios, nin se enterou da nosa traxedia. Tamén dixeron que na estación non parara nin un segundiño o tren
¡Dios as veces, ten....cada..gracia!

sábado, 8 de febrero de 2014

¡HAI QUE TER OVOS!




 

Habia unha vez unha pita. Era unha pita moi poñedora, puña un ovo diário, as veces puña-o con dúas xemas, o que poderia ser considerado un par de ovos.
A pita tiña para os seus boches que, co tempo, teria unha familia grande. cando dira conseguido xuntar unha dúcia de ovos pra chocalos e que deles saíran uns fermosos pitiños.
Un dia deuse conta, mellor dito, botou en conta o tempo que levaba pondo ovos, e de súpeto, no seu pequeniño cerebro acendeuse unha luceciña. ¡Puña ovos desde que o seu corpo os xerou, e todolos dias habia un so ovo no nieiro.!
Escomenzou a pensar en se unha garduña, unha cobra ou calquer outro vicho poderia roubarlle os ovos.
Non era capaz de comunicarse con aquilo que lle daba de comer todolos días, para contarlo. Desde que fora obrigada e entrar no galiñeiro, cousa que non le gustou demasiado, inda non fora quen de comuni- carse cos que tiñan duas patas, mais non tiñan plumas. ¡Eran unas aves raras, aquelas!.
Un dia decidiu cambiar o lugar onde poña os ovos. Cerca habia unha leira, na que todolos dias acompañaban ás pitas para que escarberan buscando bermes. No fondo habia unhas guindeiras e sabugueiros, debaixo dos que crecian as hortigas. Decidiu que era un bon lugar para ir pondo alí os ovos, para que naide os roubara.
Foi pondo alí, no medio das hortigas, un ovo cada día.
A medida que pasaba o tempo tiña mais ovos e tamén notaba mais xenreira por parte da ave aquela que non tiña plumas. Foi daquela cando se deu conta de que a ladroa de ovos era aquel paxarraco.
Encerrouse no medio das hortigas, a chocar os ovos, durante uns vinte dias. Naquel tempo, no que solo deixaba os ovos durante uns minutos para comer algún berme e picotear nas berzas que alí tiña a ave sen plumas, volvia con rapidez a escancharse enriba dos ovos. Aquelo dábale para pensar, no seu futuro.
Pensaba, sobre todo, en como faría cos pitiños unha vez que naceran. Unha cousa xa tiña moi clara, e era que non queria para eles o mesmo que ella xa vivira.
Cando naceron os pitiños, ela xa tiña un plan. Liscaria dalí e ensinariale os pitiños a voar como o fan as suas curmáns as perdices.
Falou co galo, pero este como non puña ovos, solo comia os grans que le puña a ave esfarrapada, púñase o sol e montaba algunha galiña de cando en vez e vivia nun mundo que solo le daba un disgusto na vida: Era cando le cortaban a cabeza, para servir de comida nunha festa dos que le daba as furgallas do pan que a eles les sobraba.
Non foi quen de convencer o galo das vantaxes de voar por conta própia. E o que ten vivir mantido e sen pensar.
Cando os poliños xa tiñan forzas para voar  voos longos, lisqueron do dominio das espernancadas aves desplumadas.
Nos primeiros tempos, tiveron que estar fuxindo constantemente, pois todas as aves que non tiñan plumas, andaba a procura deles. Querian-os levar con eles, pous ainda que o parecer eran aves, todos aqueles que non tiñan plumas, eran incapaces de por ovos. Perderan a costume o fiarse en que os ovos eran cousas das pitas.
Cundiu o exemplo no mundo galiñeiro, e emancipáronse todas as pitas, deixando os pernales sen ovos, e sen comida, tanto era o hábito de vivir dos ovos das galiñas.
A partir daquel dia, os homes, tal era o nome das pitas sen plumas, tiveron que comer o que eran capaces de producir. As tortillas eran sen ovo. As veces sen pata.
Os galos que non colaboraban, eran picoteados polas pitas no lombo, xusto no arranque das alas que o parecer era onde tiñan os atributos de procreación. Cousa que le ia moi ben as pitas, pous así, podian disfrutar, sen necesidade de ter fillos. Solo cando elas querian, xuntábanse cos galos colaboradores, coa idea de facer que a sua especie pervivira.
¡PITAS DO MUNDO, UNIDEVOS!


viernes, 7 de febrero de 2014

Portada del fallecido Hermano Lobo



Esta portada del Hermano Lobo es del año 1975. Todavia estaba en conserva el que se llamab a si mismo generalisimo,

Espero que os guste, y ayude a pensar.

¡que poco cambiamos! Los tiempos sí.

miércoles, 5 de febrero de 2014

O GATO MIKOSIO




 
               O GATO “MIKOSIO”


Aquel gato aparecera pola casa, porque a Maria Caxera, daquela fixerale un regalo á miña irmá Milagros.
Na casa de meus pais non era doado ter gatos ou cans. A nosa nai non os quería. Eu descubrin, co tempo, a razón de tal rexeite. Inda que aparentemente parecia que non, a Xefa collíale demasiado cariño os animais domésticos.
Era ela a que le daba de comer, e os inquilinos querianle a rabiar, inda que ela raras veces os aloumiñaba. Era case unha postura.
Deixouse romper osos do metacarpo, nunha caida, para min bestial, por non pisar a un can de caza meu. Na escaleira da subida o segundo andar da casa, no cimo de todo, sucedeu, e por non pisar o animal, miña nai caeu escaleiras abaixo, e rompeu o oso. Puido haber desfeito a crisma, e ser moito peor.
Sin embargo, nunca le botou a culpa. Sempre dixo que a culpam fora dela, por non fixarse.
Ben certo é que todos os cais que tiven e que ela me cuidou, querian-na a ela, por enriba deles mesmos. Das cousas que daban conta desto e que miña nai me contou, falarei noutro momento, e algúnhas non teñen desperdicio.
Volvemos co gato, que nun principio, tiña as mismas premisas de aceptación por parte da Xefa, que os cans.
Chegou a casa de pequeniño, foi criado inda case con biberón. Foi crecendo, e tiña a consideración de todos os membros da familia. Todos le queriamos e él querianos a todos, con ese cariño incoprensible dos gatos.
Subiase o colo de algún de nos e ronroneaba, xusto hasta que se cansaba e se te descudabas, o esperezarse, podia clavarte as suas retráctiles unllas, no primeiro feixe de musculos que tivera a man.
Meu pai, en cuxo colo pasaba a mor parte do tempo, chmábale “Mikosio”.
Cuando o Xefe, estivera onde estivera o nomeaba polo nome imposto, o gato aparecia case como un raio.
Fixose un gato grande e o meu parecer valente, tanto que unha vez metin-no nun apreto, coido.
Polas noites no faiado dun dos cuartos, sentianse correr e chiar as ratas que alí subian desde a parede do Sagrado. Sobre todo no inverno. Veise que buscaban calor e algo de comer.
Unha noite subin-no alí, e o pouco tempo no faiado habia unha verdadeira barahunda feita entre o Mikosio e as ratas. Non sabemos que pasaría, pous cadaveres non apareceron, mais durante un tempo as ratas desaparecero. O gato tamén tivo unha especie de cambio de pelo.
Pasou o tempo e o gato cada vez estaba mais tempo sen aparecer pola casa. Cando aparecía, viña case esquelético, comía durante uns dias e desaparecía de novo.
Esta forma de proceder atribuíamola a necesidade das gatas da veciñanza, pous puñanse melosas durante algún tempo.
Nunha ocasión desaparecou durante un largo tempo, e todos pensemos que morrera. Seguro que algún raposo ou algún gato montes, diran conta del.
O gato xa era istória na familia. Algún responsos tivo naquel tempo.
Pasado mais de medio ano, nunha ocasión, meu pai foi a limpar uns castañeiros as Breas, e eu acompañeino.
Cando íamos polo porto da Augüeira, meu pai viu un gato nos prados do Carballal, díxome, mira donde está o Mikosio, e sen mais chamouno polo seu nome.
O Mikosio baixou como un lóstrego, e empezou a fregarse contra os zamancos e pantalóns de meu pai. Deixouse coller e acariñar polos dous, cousa que nos permitiu ver que xa non tiña o pelo de sempre. Tiña unhas verdadeiras púas, fortes e rexas. Estaba gordo e parecia que medrera. Parecia o doble do gato caseiro. Fixérase montés.
Acompañounos hasto os castañeiros, e de volta a casa tamén. Deu un percorrido polos seus antergos andurriais, e pola noite quedou na cociña.
A mañá seguinte non estaba. A gateira da porta inda estaba no seu sitio.
Do Mikosio nunca mais se soupo.
Despous de comentalo, moita xente deu razón del en lugares dispares, cousa que non podia ser, mais era bonito escoitar que podia andar nalgures.