sábado, 25 de enero de 2014

TEIMA DOS DESASTRES (4)





                        XUSTICIA DA ÉPOCA
 
Chegou a noute e, a carón das brasas da borralleira, mais pola luz que desprendian que pola calor, pous xa parecia que esta última sensación  non a sufrian.
Verás, dixo o “Ti Inácio”, esta aldea non foi diferente a outras. Naquela época de guerra, donde parecia que todas as envexas se convertiran nunha especie de andacio que enchía o aire, e o respiralo, moita da xente toleaba. Bueno esto, ou unha ambición desmedida por parte de algúns.
Naquela guerra e durante a mesma, xa no chamado frente, morreran mozos dabondo, quedando sen sangue nova a aldea, parecia que despous de acabada a guerra, tocaballe a quenda os mais vellos.
O Santos estaba casado cunha muller portuguesa, que ti xa coñeces en espirito, e tiñan unha filla. Foi denunciado por “roxo” por un veciño, fálase de varios, mais foi solo un. Non te direi nomes, pous xa non existe ningún, coido que solo quedan descendentes en segundo ou terceiro grao.
Daquela cunha simple denuncia era suficiente para ser considerado un delincuente en grao máximo, e calquer chisgarabis, con unha gorra azul, convertiase, en autoridad, xuiz e verdugo. Eran tempos moi obscuros. Igual que estas noites que estamos a padecer.
Aviseron a Santos, con tempo suficiente pra que liscase fora da aldea. Ir a Portugal a aldea da muller podia haber sido unha solución, pero o bon do home sempre dixo que él non fixera nada, que non tiña por que escapar. ¡Gran erro!
Veu un día unha parella armada e diante de todos os veciños, puxeronle grilletes, leveron-o a praza do concello, deixando-o alí atado como unha besta, mentras eles ian a beber un cuartillo de viño a cantina. Unha man amiga deulle ó preso u cacho de pan e de chourizo, mentras os rapaces contemplaban todo aquelo.
Cuando a parella, acabou de beber o viño, inicieron o camiño para trasladalo a Puebla, según decian o castelo, onde seria xuzgado.
Acompañounos unha muller, que daquela estaba a servir nunha casa de Padornelo. Foron xuntos hasta o Prado Floxo, na serra, donde a muller seguiu o camiño hacia a aldea referida, e a parella e o detido desvieronse hacia a portela, onde, decian que  collerian a carretera camiño de Puebla.
Cuando a muller iniciou a baixada hacia Padornelo, e xa cando non se vian, ésta sentiu un par de disparos. Pensou que seguramente le dispareran a algún lobo, que daquela habia mutos por aquele montes.
Non se volveu a saber mais de Santos, nuns días. Pensaban que chegaria a Puebla, e xa se saberia del.
Un veciño, que subiu a serra a facer traballos nun prado, atopouse co corpo, o cabo de uns días. Volveu a aldea a contalo, e foron a buscalo, cuando as autoridades o dispuxeron.
Cuando a muller que ia a Padornelo, e que sentira os disparos se enterou, non tivo que pensar muto para chegar a conclusións certas.
Era tanto o medo, mellor dito, o terror da xente que naide protestou en público. Non fose que a acusación chegara a eles.
Esa foi a historia daquel home, Mais a traxedia continuou coa familia.
Como te dixe, Santos tiña unha filla, que cuando a muller se volveu a casar quedou cunha hirmá do pai.
Nas aldeas a xente viva moi precariamente, Comer algo cada dia era algo que non todos conseguian, de ahí que a muller se casera con un compatriota, e ganabanse un pouco a vida facendo carbón cos torgos de urz, carbón que levaban a vender a Braganza.
Nun inverno que os dous estaban facendo carbón nos montes da serra cerquiña da raia, quederonse a dormir alí mesmo.
Pola noite caeo unha nevada forte, e morreron encarouxados, e abrazados un o outro.
Dicen que morte por frio e doce. Polo menos tiñan cara de satisfación, cando foron encontrados.
Xa é tarde, por hoxe, mañá contareite outra represalia do mesmo cariz, mais un chisco diferente.



2 comentarios:

  1. Eran uns asasinos que contaban co benéplácito dos que gañaran a guerra. E agora, aos seus cachorros, se lles enche a boca falando de democracia.

    ResponderEliminar