jueves, 23 de enero de 2014

A TEIMA NOS DESASTRES (3)



 Continuación..
 
Percorreu o camiño hasta a serra da Gamoneda, chegando arredor do medio dia o Prado Floxo, donde a sombra dun piorno que tiña un escanfreixo no medio debaixo dos que saia un gargalón de auga, pensou que era un bon lugar pra descansar e comer  un bocado.
O calor fixo que se amodorrera, e quedouse un pouco trasposto. Entre real e irreal, escutou uns laios de un home. Pareceulle escoitar que  aqueles lamentos acusaban a alguén de haber asesinado de dous disparos o dono dos lamentos. Foi fugaz todo, mais quedolle na conciencia de que aquelo fora real.
Recorreo o camiño tal como o fixera a primeira vez. A eqipaxe non era moita,polo que decidiu arrastralo con él. Non tiña presa en chegar de novo a Teixeira, inda que le costara traballo. Pensou que se volvia a atoparse co “Ti Inacio”,  entonces preguntarille se sabia algo daquelo. Aquel día o vello ferreiro non apareceu.
Chegou a aldea entre lusco e fusco e foi directamente o que parecia ia ser a sua pensión mentras estivera alí: O Forno.
A muller do forno non estaba.
O forno estaba coma sempre, lume na borralleira, pan recien feito e o estrado preparado igual que os outros dias.
Cando chegou a obscuridade cubrindo a aldea, unha vez que o sol deixou os últimos raios no Castro Bastián, empeceron os rumores no camiño.
A aldea, cando chegaba a obscuridade, parecia un enxamio, no verán. Sentiase o zumbido mais nno habia maneira de ver as abellas. Alí pasaba o mesmo, parecia que toda aldea se dedicaba a pasear polos camiños en conversas animadas.
Por moito que se asomaba a porta do forno, nunca conseguia ver a ninguén. Solo os marmurios confirmaban que a rua pola noite estaba animada.
Provou o pan,e un pouco canso da viaxe a Padornelo, decidiu acomodarse enriba do estrado.
Pouco a pouco durmiuse, sen conseguir entender nada dos marmurios que escoitaba. Non conseguia descifrar nada do que escoitaba. Os sonidos eran como saidos de bocas que articulaban mal, ou non tiñan o padal ben.
Pasada a media noite, espertou, e viu que tiña a muller do forno, engruñada o seu lado. Enton aproveitou para preguntarle se sabia algo de un home que se laiaba na serra, de que le espeteran dous tiros.
A muller botouse a chorar.
Era o meu marido- dixo- foi, como decian antes, “ paseado”. Se quere saber como foi terá que falar co que daquela era o ferreiro.
¿Como podo falar con él? - dixo o hospede.- Vío dúas veces, mais solo conseguí. Que me puexera en alerta cos que él chamou Mouros.
A muller non paraba de chorar, e ergueuse do estrado, volvendo él a ver a parede o traverso do seu corpo, mais ela embrullanda na roupa que sempre levaba posta, saiu do forno. Desde a porta dixolle, que ela falaria co ferreiro para que le contara o acaecido co seu marido, que se chamaba Santos, que según ela era a mellor persoa do mundo.
Sin mais desapareceu, laiandose a berros.
Os marmurios no camiño caleron durante un tempo, despous do cual volveron con mais forza e parecia que todos estaban alporizados. Sin embargo non conseguiu ver nada mais que oscuridade.
Pola mañá, cando estaba dando conta dun cacho de pan, que non sabia o porqué, estaba inda quente, entrou pola porta o ferreiro,cunha cara triste incluso podia ser unha cara de fonda pesadumbre.
Díxome a muller de Santos que vostede escoitera lamentos na serra, e que queria saber se eran certos e que pasara alí. Ela está moi afectada, e non creo que se volva a deixar ver. Sufriu moitisimo e parece que ahora quere definitivamente descansar.
Sentouse nunha pedra, enfrente do estrado, e mandoulle o hospede do forno, que sentara diante del, pous queriale contar o que sucedera naquela aldea, tempo atrás.
Verás, vai bastantes anos, houbo unha guerra que deron en chamarlle “ guerra civil”, porque eran uns contra outros, na mioria dos casos solo por intereses. Esta aldea non foi unha excepción, e o peor da guerra, aiquí foi nos seguintes anos da sua finalización, apesar daqueles que morreron no frente.
Cuando acabou oficialmente a guerra, empeceron moitos a querer facer méritos os ollos dos vencedores, e o mesmo tempo beneficiarse. Empeceron as denuncias de veciños acusados de pertencer o bando dos “roxos”, e os que daquela tiñan o poder, fixeron de todo, a maioria das veces por vinganza ou xenreira.
O Santos era unha boa persoa, que solo tiña un defeuto :Decir o que pensaba. E pensar recto. Igual que outro que tamén foi represaliado, polo mesmo.
Ahora teño que baixar a terra dos Mouros, pola noite volverei a contareite todo.O dos dous
Non intentes ir detrás de min pous non o conseguirás. Será mellor que te acerques a coñecer os restos das minas de Wolfram, que están a carón do castelo do rei Bamba, o que podes chegar  seguindo a beira do riu. No terás perda.

Continuará.........

No hay comentarios:

Publicar un comentario