lunes, 20 de enero de 2014

A TEIMA NOS DESASTRES -2-



                               O RETORNO (continuación)

Cando chegou o Castrillón, víase xa a cara oeste da aldea, sentiu algarabia de risas e voces, no Xogo dos Bolos, un berro dominando o resto: “CUARENTA PRA RIBA E CUARENTA PRA BAIXO, non hai quen le gane”. Estaban a xogar os bolos, coñecido noutras aldeas como o xogo dos paus.
Pensou que chegaria a tempo de participar nunha ronda do vño que se xogaba e do que participaban todos os presentes. Errou. Cando chegou o lugar dos xogos, alí non habia ninguen. A pedra onde puñan os paus estaba rodeada de silvas igual que a praza.
Baixou pola rua, que inda conservaba casas a ambolos dous lados ata a beira da igrexa onde se cruzou cun home con cara de poucos amigos e que ia marmuñando contra os veciños da aldea dicindo que eles se busqueran a ruina, pous “cuando se entere el conde seguro que arrasará todo”.
Pasou pola beira do tanque, cruzou o Tolaco e chegou o fondo da aldea sen atoparse con ninguén. Definitivamente o lugar estaba sen xente.
A rigueira baixaba sen auga, as fontes estaban secas. Pensou en ir a buscar aquelas pedras de “cristal” que tanto les gustaba os rapaces, na súa época. Decidiu baixar hasta as Aguzadeiras a ver se encontraba algunha daquelas que parecian casteliños.
O chegar a fonte da Escarramana, o abrebadeiro estaba cheo de broza e silvas, mais inda habia auga. Estivo un pouco limpando pra fecer un hoco polo que poder coller auga e beber. Apareceu unha muller que le dixo que aquela auga estaba envelenada, desde tempo atrás. Pola maneira de falar, aquela muller parecia portuguesa cousa que dixo que era certa. Dixo que era de Fontes, e que levaba xa tempo naquelas terras. O preguntarlle que quen seria aquel home que falaba castelán e ia con cara de poucos amigos, a muller respostoulle que era o recaudador do conde, que seguro que non atopera a niguén para cobrarlle as rentas, e o que era peor, tiña que volver sen as doce perdices que estaban no contrato dos montes.
Preguntoulle á muller se haberia algún lugar onde pasar un par de dias, na aldea, e ela dixole que podia facelo na sua casa, cando volvera de buscar os cuarzos. Esplicoulle que ela estaba na casa que fora o forno, onde podia facer lume sen que se vise moito o fume.
Non baixe hasta o Castelo, e teña moito coidado cos Mouros, andan por alí e non son bós – Dixo a muller desandando hacia a aldea.
Aquelo dos Mouros xa empezaba a picarle a curiosidade.
Cando volveu a aldea buscou a muller do forno non a encontraba nin alta nin baixa. Nembargantes o forno estaba moi ben preparado e limpo pra acomodarse nel, incluso o estrado servia como mesa, nunha punta e na outra como cama. Habia brasas na borralleira, e pan quente recien cocido.
Pola noite, deitado no camastro enriba do estrado, non parou de escoitar conversas varias, todas fora do forno, pola razón que fose, naide entraba.
A primeira conversa que escutou foi a de dous homes que debaixo dunha parreira, estaban lixeiramente asombrados co que viran, alá por Bouzasdecristo a carón do castelo do Bamba, no riu Gamoneda, xusto alí onde éste se introduce xa en Portugal. Encontreron, buscando o tesouro do castelo, unhas pedras que pesaban moi pouco. Estiveron a xogar un pouco con ellas presumindo de forza, pous eran capaces de soerguer pedras de mais de un metro cúbico, e tiralas algo lexos. Tiraro unha o riu e a tal pedra non afundiu, era como un corcho grande, solo que non habia sobreira que proporcionara aquelo.
A explicación que le deron o fenómeno foi sinxela: OS MOUROS SACARONLE A SUSTANCIA AS PEDRAS.
Quedou dormido.Cuando espertou estaba a muller que encontrara na Escarraman, deitada a carón del espida de todo. Él tamén estaba.
Cuando ela se ergueu, a él pareceulle que era capaz de ver as paredes a traverso do corpo da muller.
Cando saiu o camiño, viu trespor hacia a Fontaiña o “ti Inacio”, o ferreiro.Pareceulle ver que levaba unha garduña o lombo. A garduña chiscoulle un ollo.
Na praza da aldea habia unha xuntanza de veciños. Habia que dilucidar se o despoblado de Ros pertencia os limites da Teixeira ou os de Montesinho. Estaban alí dous representantes, un de Portugal e outro do rei español Felipe V.
Non conseguiu enterarse do tratado. Cando se acercaba, xusto nese momento rematara a xuntanza e os presentes nela cada un marchou por un lugar diferente, a cabalo das bestas.
Tiña que volver a Padornelo, a buscar o equipaxe. Volveu polo mesmo camiño polo que chegara a Teixeira a primeira vez, O chegar a Padornelo encontrou o seu equipaxe no mesmo lugar que o deixara. Naquela aldea tampouco vivia ninguen.

Continuará.......

1 comentario:

  1. Lin as dúas entradas con mágoa, por iso das aldeas abandoadas, e con ledicia pola historia que contas e polo vocabulario que empregas e que tiña esquecido.
    Nótase que amas e coñeces esa terra xa nos límites con Portugal.
    Quedo a esperar do que segue, :)
    Bicos.

    ResponderEliminar