domingo, 1 de diciembre de 2013

OS LOBOS DA PORTELA DE REBORDELO



 

Era o segundo domingo de Febreiro pola noite. Durante o día os cazadores, fóramos, hasta as Baliñas (Valiñas?) a tentar as corzas, coma todolos anos desde tempos inmemoriais, pra facer unha farra de despedida da caza, acompañada dunha cena da carne das ilustres saltarinas, carne, que despous de ser posta no alto dun louxado, lonxe do alcance dos gatos, o ralente das noites, nas que as xeadas eran capaces de encarouxar hasta o aceite, era cociñada polas maus expertas no asunto da Celia ou de miña tia Cecilia, dependendo da cAsa onde se despedira a caza.
Aquel ano tocaba manducar en casa dos do ti Carlos, polo tanto era a Celia a encargada de estofar unha corza macho, non demasiado vello.
Antes da cena, fóronse reunindo todolos cazadores e os non cazadores invitados a pitanza. Incluso apareceron por alí, por casualidade dous homes das Frieiras, que foron invitados a cenar. Estes homes cando entreron na casa, levaban unhas botellas de Terry, daquel barateiro, que agora dariamos algo bó por gorentalo.
A hora da cena todo marchou como estaba previsto, bon guiso con cachelos, bon estofado, bon viño das viñas de Vilares, bon aguardente, feita nos potes as agachadas dos carabineros, un bon café portugués pasado de trelo pola fronteira de Cancelada e mercado en casa Neves da Moimenta, que xunto co Terry, aportado polos frieireses, facian que dentro da casa fixera calor e no louxado e xeada derretera.
Co comedor cheu de barullo das voces, cantos e lerias, xunto co fume dos cigarros, a baraúnda era de pai e señor meu. Cada quen contaba as suas aventuras. Se alguen poidese escoitar e contar as distintas versións sobre a mesma cousa, sería de premio. O mesmo lance xinegético contado por varias persoas, transportaban ao ointe a lugares e momentos distintos. Eso era o que mellor definia aqueles tempos nos que inda non habia o embarullamento dos medios actuais de comunicación. So habia dúas radios na aldea, a do Caxera e a do ti Dario.
Estando nesas apareceu por alí o pastor, decindo que na baixada da portela de Rebordelo hacia o Carballal, os lobos debian estar comendo algún becerro ou algo parecido pous o bicho gorgolexaba forte, sempre coa mesma intensidade e ruido. Díxo que todo se sentia dentro da matugueira de urces e silvas vellas do cimo de Falgueiroá. Os cais das carrancas- decia- o chegarense alí sairon correndo espavoridos e co rabo entre as patas.
Sen pensalo mais todos os alí presentes tomaron a decisión de ir a escorrentar os lobos, e se era preciso defuncionalos alí mesmo.
Cada quen foi polo seu trabuco, e xuntándose no xogo dos paus, atendéronse as indicacións dos cazadores mais vellos, que insistiron sobre todo na precaución de non pegarlle un tiro o compañeiro, ou no espetalo nun pé propio, pois xa é sabido que de unha escoba pode sair un tiro.
Cercouse a matugueira de marras, mais alí non se escoitou nada, non se viu nada, nin sinal algunha tanto de lobos coma de becerros mortos. Res de res.
Cando todos voltaban a aldea, os últimos, que se entretuveran facendo un cigarro, escoiteron o famoso gorgolexo que dixera o pastor. Aviseron o resto, e volveron sobre os seu pasos, mais a cousa foi infructuosa, alí non habia nada nin naide. Houbo quen dixo que, seguramente era cousa da mestura da aguardente con viño e mailo coñac.
Entre risotadas, todos volveron a quentar as cadeiras e bancos arredor da mesa, na que inda quedaban restos dos brebaxes.
Durante as semanas seguintes, seguíanse comen- tando os gorgolexos, que de cando en vez se escoi- taban. Xa case era toda a aldea a que os escoitera, sempre sen saber quen o producia. Aquelo era un verdadeiro mistério. O medo escomenzou a adueñarse da comarca. As autoridades enpeceron a investigar, viñeron especialistas da capital, os carabineros non foron quen de dar cunha explicación o fenomeno que levaba camiño de convertirse no misterio mais gordo da época.
Mais,.. un día....
Continuará.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario