domingo, 22 de diciembre de 2013

OS LOBOS DA PORTELA DE REBORDELO (E II)


 


Pasaba o tempo. Non había mes no que alguén non dera conta de haber ouvido os ouveos do lobo da portela de Rebordelo.
Despous de un tempo, a busqueda foi esmorecendo. Cada vez que se intentaba, despous de escoitalo, case no momento, e o non haber resultado ningún todos se acostumeron a escoitar falar de cando en vez dos gorgoxeos aqueles extranos, que non habia maneira de saber qué ou quén os producia.
Chegou aquel vrao coma outro calquera, e como todos o vraos, empezou a fallar a auga da traida. Os veciños empeceron a regar as horta polas noites, cousa que xunto coa maior afluencia de xente abrindo e cerrando os grifos das casas, despous de vir da praia fluvial, ou para refrescarse por mor do calor.
Pensei que seria unha boa idea ir a Rebordelo a mirar onde se fixera a obra para entubar a auga que abastecia a aldea,por se podia arreglar algo.
Unha mañá decidí subir a Rebordelo a ver se se podia achegar mais auga as tuberias. Levei a escopeta por se por unha casualidade desas da vida, aparecia o famoso lobo.
Arranxei como puiden a toma da auga, e baixo o meu punto de vista o incremento de caudal foi bon.
Entre o traballo, a merenda e sobremesa da mesma, o tempo foise e cando baixei xa era un pouco tarde.
  Pensei en darme presa pous alguén me dixera que, tamén deberia ver os rexistros, por se algún estaba atascado. En cada rexistro habia unha arqueta para facilitar o tránsito da auga polas cañerias.
Os dous primeiros rexistros, estaban en orden, e decir, ben. Cando ía camiño do terceiro rexistro, xa baixando da portela de Rebordelo, un arrepio percorreume as costas. Acababa de oir por segunda vez o gorgoxeo do que tanto se falaba. Agarreime a escopeta con todas as forzas, como se nela tivese a salvación. Xa empezaba a empardecer, desaparecera o reflexo do sol do alto de Monte Muga, e cada vez se facia mais oscuro.
Volví a sentir aquel estrano ruido, era como se un animal estivera dando os últimos estertores, era bastante arrepiante, pensei que poderia haber un porco montés, seguramente entalado nun deses lazos que os paisanos adoitan armar nas súas cortiñas para guardalas das alimañas, agarrandoas.
Un porco montés, ten tanta vitalidade, que inda medio morto é capaz de camiñar un feixe de kilometros. Non seria de estrañar que na matugueira de urces, estivera alí co lazo no pescozo e a estaca atravesada de xeito que non podia liscar.
Acerqueime con bastante medo, pois é provervial como os porcos se defenden. Teñen uns colmillos chamados navallas cos que son capaces de rachar un becerro.
A matugueira tiña como uns quince metros cuadrados de monte bastante alto, composto fundamentalmente de urces vellas e xestas, era dalí de onde me parecía que saíra o gorgoxeo. Non se via bulir nada por alí, e tampouco se sentia ningún ruido.
De repente dei un chimpo de case un metro que case me esmendrello. O meu lado volví a sentir aquel misterioso ruido que me puxo os pelos de punta.
Alí estaba o “animal” que facia aquel ruido. Agora o ruido definin-ho como un verdadeiro estertor moribundo, alargado no tempo. Perdin o medo pous o coñecer a sua orixe, descubrin tamén que aquelo era inofensivo.
ALI HABIA UN REXISTRO DAS TUBERIAS, QUE POLA ACUMULACIÓN DE AIRE DENTRO DAS TUBERIAS, SAÍA POR ALÍ CON TANTA FORZA QUE LEVANTABA A TAPADEIRA DE FERRO DO REXISTRO, FUNGANDO DE XEITO ARREPIANDO.
Foi unha pena, descubrir a orixe dos ruidos. Nun momento morreron os lobos, xabarins e demais entes que durante un tempo alporiceran a comarca.

1 comentario:

  1. O outro día fun escuitar uns contos de medo e nun unha señora preguntáballe a unha nena cal era o medo máis grande e cada día a nena dicía unha cousa distinta ata que se converteu nunha mocita e respondeu atinadamente á pregunta: o medo máis grande é ao descoñecido.
    O que contas é un exemplo claro disto.
    Boa entrada nodescoñecido 2014.

    ResponderEliminar