lunes, 8 de julio de 2013

¿ISTO É O QUE QUEREMOS?


Un, que xa ten canas en case todolos sitios onde poden nacer,e que arrastra un unhas cantas décadas agarradas ós riles, nestes días pasados foi invadido por unha tristura raiana no infindo.
 Estes dias estiven no Val do Tuela, lugar onde con mais esforzo que fortuna arrincaron o sustento a aquelas terras e viviron os meus antepasados e os de todos os nacidos por alí.
Destino, cruel moitas veces, que non foi, con aquelas persoas excesivamente agarimoso e os poderes públicos inda menos.
 Aquelas xentes, que vivían en terreos que non eran deles, senón reminiscencias dunha época medieval, onde inda os “Señores” tiñan dereito de pernada en case toda a Sanabria, por non dicir en toda.
 En definitiva os terreos pertencentes ó dominio dos lugares foi comprado os herdeiros do Conde de Benavente, en moitos casos empeñándose algúns dos veciños, para poder pagar.
 As escrituras están no rexistro de Puebla de Sanabria, cousa que parece que os novos dirixente políticos queren obviar, non se sabe moi ben porqué, inda que é de sospeitar que polo medio pode haber movementos de diñeiro, e eles non queren perder ningunha oportunidade.
 Pois ben: con estes precedentes, chégase a actualidade e como non pode ser menos o progreso tamén quere pasar por aqueles  lombeiros. Dixen pasar.
 Volven os tempos de furar os montes como a principios do século pasado, coa única diferencia de que de aquela a vía empregou unhas boas presadas de man de obra, iso si barata, aínda que non sumisa, en contraposición a estes tempos actuais onde o traballo para as persoas escasea, mais non para os grande oligopolios da construción que sempre están acollidos baixo o teito dos gobernos de quenda.
 Pous ben, pola bisbarra eu coñezo varias persoas sen traballo, xa con idades algo fodidas preste asqueroso mundo laboral, que intentaron atopar unha pequena saída a súa situación traballando alí onde os quixeran ocupar, pero por unha razón ou outras non foron contratados, e iso que son copropietarios dos terreos por onde vai pasar a ruína dun ave xa morto antes de nacer. Supoño que neste eido as autoridades locais podían facer esforzos por colocar os nativos necesitados dun lugar de traballo.
 Para mai INRI, as empresas que por alí andan necesitan pasar polos camiños e estradas veciñais así como espacios para montar graveiras e deitar desterros, previo permiso dos axuntamentos e deputacións, que por certo non faltan nin poñen trabas, e non fan ningunha presión, ou negocian a maneira de axudar os seus conveciños. Tiran polo camiño mais doado.
 Tamén me gustaría averiguar para que sirve esa cousa que se chama delegación de medio ambiente, pois unha desfeita que se está a facer enriba do Tuela, cada dia e mais grande e coido que sen remdio.
 Como se o pobre riu Tuela no tivera xa bastante cos desfeitos da autovía das Rias Baixas, e con esas cantidades enormes que no inverno deitan na estrada co gallo de evitar accidentes polas xeadas, e ninguén, non xa non poñen couto, senón que non se preocupan. ¡vengan dias y caigan panes!
 Como dicía o principio a tristura que teño enriba, so me deixa indignación e carraxe, e un recordo daquelas persoas que no seu día chegaron a pasalas “putas” para xuntar os cartos da compra dos montes e moitas veces os da contribución. ¿Por qué  le chamarán impostos?

3 comentarios:

  1. Non dan servico aos paisans, o seu propósito e dar neghosio as grandes constructoras, que case sempre son as mesmas, e estas páganlles os sobresueldos aos políticos. Nada lles importa mais co diñeiro e o poder. Traen os seus traballadores e os do pobo que se jodan!
    Non te alporices, amigo.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. ¿Que tal empezou o verán, Ohma?. Por eiquí fai un sol de carallo que decia Reixa e os seus Resentidos. Menos mal que volvo a Sanabria e a mais de mil metros de altura inda corre unha brisiña.
    De politicos mellor non falar, acumúlaseme o sangue nos ollos e non vexo.
    Unha aperta, amiga.

    ResponderEliminar
  3. Por eiquí enriba tamén temos calor pero moita menos, aínda que eu ando derretida, jaja. Semella que hoxe vaise a ola de calor,
    vaia o demo con ela!
    Desfruta dos airiños da montaña, amigo Xabres.
    Bicos.

    ResponderEliminar