miércoles, 24 de julio de 2013

¡DURO DESPERTAR!





 Erguinme pola mañá feliz e contento porque pola noite tivera un soño no que todo o deste mundo no que creemos e no que vivimos, estaba arranxado e a xente estabe leda consigo mesma o cos seus conveciños. Incluso estaba a piques de dar marcha atrás na apostasia, despous de ver o que fai este novo Papa, cando, a hora de tomar o xexún escomencei a ler as noticia, casi olvidadas desde a miña estancia en SANABRIA, e ¡cataplúm!, deime de fociños coa nova realidade.

 O primeiro que me chmou a atención foi esa especie de amnistia ou amaño dun ex de moitas cousas incluida a donación a un presunto defraudador, pero con agarradeiras no mais alto da cúpula deste escarallado estado.Na miña terra chámase ir a salto de Mata, en plural.

 Outra foi a dun xuiz afiliado a un partido politico, e que este mesmo partido aúpao a presidencia de algún organo do sistema xudicial, que solo por eso demostra a independencia de ese sistema. (¡¡JOO!!).

 Os grandes partidos seguen a greña, eu peor que ti, ou o revés, ti mellor que eu no asunto de levalo crú, presuntamente.

 Gurtel, eres, e demais chanchullos, por non falar dos propios nosos, tanto na miña casa galega, como na de meus pais e castela-león.

 Co asunto da sanidade, estamos o mesmo senon peor que antes de irme a Xeabra dos meus amores. Agora teñen ás lesbicas a greña, con toda a razón pola súa parte creo eu, os estudiantes o mesmo, e dos parados xa nin falemos. Nin dios fai nada por sacalos do marasmo.

 Perdoaime porque, en realidade queria mandar unha charla sobre a praia de Samil ou de Barra, incluidas unhas fotos desta última, mais non me da o pancho para elo.

 Tamén queria falar dos pemento, tomates, chícharos e demais cousas de horta, cousa que quedará para outra vez.

 Retorno a Xeabra e voltarei a subir , seguramente a Peña Trvinca, desde onde mandarei uns aturuxos.

 Apertas a tutti cuantti..


1 comentario:

  1. Ay Xabres este mundo non se da arranxado!
    Ti desfruta da montaña oh!
    Biquiños.

    ResponderEliminar