martes, 18 de junio de 2013

O BANDULLO DO LADEAIRO (III)


                                                        Deixando atrás as xuntanzas do fondo do Navallo decidín subir polo regueiro hasta As Pombeiras. O chegar a Illande, habia na bancia da preseira do prado do Adolfo, dous vellos, que non conseguín coñecer. Pola pinta debian haber vivido alá polo século XVII, mais ou menos. Un deles estaba contándole o outro a seguinte leria, que transcribo, mais ou menos como foi ;

                                                    A GRACIA DE DEUS
  Na aldea, como en todas as aldeas da bisbarra, os homes e as mulleres eran mozos mentres estiveran solteiros.
 Había moitos casos nos que solteiros acaban enterrados no cemiterio dos lugares, mortos mais pola idade que polas enfermidades.
 Os mozos solteiros dentro das aldeas era unha casta case privilexiada e envexada pola maioría dos homes.
 Do estatus das mulleres falaremos doutra vez.
 Os solteiros recalcitrantes eran envexados polos que arribaban o estadio da mocidade, porque estaban seguros que os mozos vellos non tiñan que dar explicacións a ninguén e pensaban, sen moito fundamento, que podían facer o que lles petase. Tamén eran envexados polos casados precisamente por que eles estaban solteiros. E como se todo quisqui se decatara de que a liberdade era o ben mais importante.
 Falando cun daqueles mozos, mais que cincuentón, este tampouco estaba demasiado contento co seu estatus. Dixo nunha xuntanza, espanzurrados o sol de Febreiro na solaina da aldea pallabarra, que él, naquelas alturas, inda non coñecía a “gracia de deus”.
 Preguntado polo mais novo da xuntanza sobre a súa afirmación, respondeu que xa se daría conta cando se fixera vello e acercándose os últimos anos da vida e se decatara de que inda estaba enteiro, entón entenderíao.
 Un viúvo de cerca de cento dez anos, escomenzou a referir ós presentes algo que el coñecera na súa xuventude,e que desgraciadamente,según él, acabara en desuso por mor dos cregos e da autoritax do momento. ¡Sempre ten que haber alguén que escaralle as cousas!.
 Según o mais que centenario, na súa época, nas aldeas todo estaba estruturado en función dos seus habitantes. Cada cal tiña o seu oficio moi ben definido, que aprendía dos xa consagrados empezando como aprendiz do que fose. Desde a pequena infancia todos eran instruídos nos distintos eidos das necesidades da aldea, especializándose naquilo pro que mais capacidade tiñan ou les gustara.
 Cando os rapaces chegaban a unha idade na que xa ían a dar o salto hacia a mocidade, entón os pais do infante falaban coa iniciadora, para que ésta les ensinara e educara no eido da relación con as mozas do sexo contrario.
 O rapaz debía estar como mínimo unha semana vivindo na casa da iniciadora, hasta que ésta considerara que a súa capacitación estaba a altura.
 Aquela muller, que vivía na mellor casoupa da aldea, era respectada por todos, ela facía tamén as veces de sacerdotisa, e aconsellaba as moziñas, cousa obxecto de outro cometário. Era unha señora de arredor dos cuarenta anos, moi ben educada, moi limpa e respectada por todo o mundo mentres duraba o seu sacerdocio.
 Nunca se soupo nada da relación semanal dos educandos que ingresaban na casa, ainda que os pais dos rapaces sabían perfectamente o que pasaba.
 Outro vello da xuntanza dixo que non podía vir agora contando cousas que xa estaban solo no olvido, e o mellor no seu maxín. Que non os toleera mais.
 Os mozo decidiron levar o home que non coñecía a gracia de deus a unha casa que estaba chea da devandita gracia.
 Trataron cunha graciosa a maneira de darlle a coñecer a gracia a aquel desleixado, e previo abono das costas, taxas, remuneración e demais emolumentos que o asunto levaba consigo, encerráronse no cuarto dispostos para a tal ocasión e faena.
 Foi entrar, e practicamente saír a graciosa dando berros e toda asustada, dicindo que a gracia de deus fora demasiado para o home, pous alí quedara morto. O peor era que, o parecer, estábase derretendo, pous unha graxa espesa estaba a inundar o altar da graza de deus.
 Non pasou nada, pous o pouco tempo, o mozo vello, “resucitou”, e trangueleando, xuntouse cos seus amigos e dicindo que xa se podían marchar, pous estaba en gracia de deus e aínda que as pernas se le afloxeran algo, podía camiñar.

1 comentario:

  1. jajajaja vaia que me fixeches rir, Xabres!
    "O da gracia de deus", o máximo!
    O mozo seguro que repetirá ainda que puña en perigo a súa vida, :)
    Bicos.

    ResponderEliminar