domingo, 30 de junio de 2013

GRANDE MACHADO.

 Estoy perezoso. Me voy a Sanabriay quiero dejaros aquí un enorme poema.Todos sabeis mi torpeza para los versos, por eso recurro a Machado, y con admiración y cariño, copio y pego este RETRATO.

 Alguna cosa contaremos desde la orillas del Lago de Villachica.

 Abrazos a todos.





      RETRATO
Mi infancia son recuerdos de un patio de Sevilla, 
y un huerto claro donde madura el limonero; 
mi juventud, veinte años en tierras de Castilla; 
mi historia, algunos casos que recordar no quiero.
Ni un seductor Mañara, ni un Bradomín he sido 
—ya conocéis mi torpe aliño indumentario—, 
más recibí la flecha que me asignó Cupido, 
y amé cuanto ellas puedan tener de hospitalario.
Hay en mis venas gotas de sangre jacobina, 
pero mi verso brota de manantial sereno; 
y, más que un hombre al uso que sabe su doctrina, 
soy, en el buen sentido de la palabra, bueno.
Adoro la hermosura, y en la moderna estética 
corté las viejas rosas del huerto de Ronsard; 
mas no amo los afeites de la actual cosmética, 
ni soy un ave de esas del nuevo gay-trinar.
Desdeño las romanzas de los tenores huecos 
y el coro de los grillos que cantan a la luna. 
A distinguir me paro las voces de los ecos, 
y escucho solamente, entre las voces, una.
¿Soy clásico o romántico? No sé. Dejar quisiera 
mi verso, como deja el capitán su espada: 
famosa por la mano viril que la blandiera, 
no por el docto oficio del forjador preciada.
Converso con el hombre que siempre va conmigo 
—quien habla solo espera hablar a Dios un día—; 
mi soliloquio es plática con ese buen amigo 
que me enseñó el secreto de la filantropía.
Y al cabo, nada os debo; debéisme cuanto he escrito. 
A mi trabajo acudo, con mi dinero pago 
el traje que me cubre y la mansión que habito, 
el pan que me alimenta y el lecho en donde yago.
Y cuando llegue el día del último vïaje, 
y esté al partir la nave que nunca ha de tornar, 
me encontraréis a bordo ligero de equipaje, 
casi desnudo, como los hijos de la mar.
autógrafo
Antonio Machado, 1906

martes, 18 de junio de 2013

O BANDULLO DO LADEAIRO (III)


                                                        Deixando atrás as xuntanzas do fondo do Navallo decidín subir polo regueiro hasta As Pombeiras. O chegar a Illande, habia na bancia da preseira do prado do Adolfo, dous vellos, que non conseguín coñecer. Pola pinta debian haber vivido alá polo século XVII, mais ou menos. Un deles estaba contándole o outro a seguinte leria, que transcribo, mais ou menos como foi ;

                                                    A GRACIA DE DEUS
  Na aldea, como en todas as aldeas da bisbarra, os homes e as mulleres eran mozos mentres estiveran solteiros.
 Había moitos casos nos que solteiros acaban enterrados no cemiterio dos lugares, mortos mais pola idade que polas enfermidades.
 Os mozos solteiros dentro das aldeas era unha casta case privilexiada e envexada pola maioría dos homes.
 Do estatus das mulleres falaremos doutra vez.
 Os solteiros recalcitrantes eran envexados polos que arribaban o estadio da mocidade, porque estaban seguros que os mozos vellos non tiñan que dar explicacións a ninguén e pensaban, sen moito fundamento, que podían facer o que lles petase. Tamén eran envexados polos casados precisamente por que eles estaban solteiros. E como se todo quisqui se decatara de que a liberdade era o ben mais importante.
 Falando cun daqueles mozos, mais que cincuentón, este tampouco estaba demasiado contento co seu estatus. Dixo nunha xuntanza, espanzurrados o sol de Febreiro na solaina da aldea pallabarra, que él, naquelas alturas, inda non coñecía a “gracia de deus”.
 Preguntado polo mais novo da xuntanza sobre a súa afirmación, respondeu que xa se daría conta cando se fixera vello e acercándose os últimos anos da vida e se decatara de que inda estaba enteiro, entón entenderíao.
 Un viúvo de cerca de cento dez anos, escomenzou a referir ós presentes algo que el coñecera na súa xuventude,e que desgraciadamente,según él, acabara en desuso por mor dos cregos e da autoritax do momento. ¡Sempre ten que haber alguén que escaralle as cousas!.
 Según o mais que centenario, na súa época, nas aldeas todo estaba estruturado en función dos seus habitantes. Cada cal tiña o seu oficio moi ben definido, que aprendía dos xa consagrados empezando como aprendiz do que fose. Desde a pequena infancia todos eran instruídos nos distintos eidos das necesidades da aldea, especializándose naquilo pro que mais capacidade tiñan ou les gustara.
 Cando os rapaces chegaban a unha idade na que xa ían a dar o salto hacia a mocidade, entón os pais do infante falaban coa iniciadora, para que ésta les ensinara e educara no eido da relación con as mozas do sexo contrario.
 O rapaz debía estar como mínimo unha semana vivindo na casa da iniciadora, hasta que ésta considerara que a súa capacitación estaba a altura.
 Aquela muller, que vivía na mellor casoupa da aldea, era respectada por todos, ela facía tamén as veces de sacerdotisa, e aconsellaba as moziñas, cousa obxecto de outro cometário. Era unha señora de arredor dos cuarenta anos, moi ben educada, moi limpa e respectada por todo o mundo mentres duraba o seu sacerdocio.
 Nunca se soupo nada da relación semanal dos educandos que ingresaban na casa, ainda que os pais dos rapaces sabían perfectamente o que pasaba.
 Outro vello da xuntanza dixo que non podía vir agora contando cousas que xa estaban solo no olvido, e o mellor no seu maxín. Que non os toleera mais.
 Os mozo decidiron levar o home que non coñecía a gracia de deus a unha casa que estaba chea da devandita gracia.
 Trataron cunha graciosa a maneira de darlle a coñecer a gracia a aquel desleixado, e previo abono das costas, taxas, remuneración e demais emolumentos que o asunto levaba consigo, encerráronse no cuarto dispostos para a tal ocasión e faena.
 Foi entrar, e practicamente saír a graciosa dando berros e toda asustada, dicindo que a gracia de deus fora demasiado para o home, pous alí quedara morto. O peor era que, o parecer, estábase derretendo, pous unha graxa espesa estaba a inundar o altar da graza de deus.
 Non pasou nada, pous o pouco tempo, o mozo vello, “resucitou”, e trangueleando, xuntouse cos seus amigos e dicindo que xa se podían marchar, pous estaba en gracia de deus e aínda que as pernas se le afloxeran algo, podía camiñar.

domingo, 16 de junio de 2013

INTRODUCIÓN.



                                        
                                            

                                                          A  COUSA  MULTIFRONTE

                       
    Nunha época, na que o diñeiro parece o mais importante, eu recordo as ensinanzas dun vello mestre, mais MESTRE, onde haxa mestres, mestres daqueles bós. Aqueles que ensinaban ós seus discípulos a vivir. Vivir sen prexuicios, e sen medo ó que quedaba por coñecer, que a todos os humanos, é ó que mais medo temos.
 Pola bisbarra empezou a asomarse a COUSA.
 Facía xa, unha tempada que a xente se decatara de que algo non usual estaba a pasar.
 Naquel val, regado por un riu caudaloso, deses que se adoitan chamar, rius que brúan cando chove e neva, e van mainos nos meses do estío, de aluvión.
 Naquel val regado por aquel riu, como é de todos coñecido, durante moito tempo, tanto como desde que o arado romano riscaba a a dermes da Terra buscando a maneira mais axeitada de que ésta proporcionara ós habitantes do val, unha subsistencia precaria e dura, así, non por elo menos saudábel, é lediciosa, se non fose por as faladeiras de que nalgures, atábanse os cans con chourizos.
 Na época na que o cronista lembra, nunha xa lonxana e bastante mellor que a actual nalgúns sensos, e cando a vella xeración escomenzaba a querer ensinar a seguinte a vivir, apareceu a COUSA.
 A COUSA, para aqueles que non o sepan era algo… mutante. Isto foi demostrado, como se verá, no traverso dos anos.
 O grandísimo problema para coñecela ou detectala, estaba en que era moi lista, mais que a raposa cabaleira, e mudaba sempre que le conviña de nome. A consecuencia inmediata deste cambio de nome era que, cando se decataba a xente, ela xa cambiera.
 A todo o largo e ancho da humanidade, os nomes da COUSA, sempre foron cambiantes, e solo, despois de acadar os seus obxetivos, era cando a xente se decataba de que xa pasara.
 A todo o largo da historia, poucas persoas se decataron dela, e, menos da metade delas denunciaron ós seus coetáneos a súa existencia. Mais nunca éstes les fixeron caso. Agora sucedera o mesmo. Mais a COUSA segue aí, teimando e acadando os seus obxectivos. O problema é, que os obxectivos son sempre á costa dos mesmos. O pobo que non quere pensar, e tentar vivir mellor cada día, sen pensar que o fin todo é igual.
 A COUSA continúa a facer as súas falcatruadas.
 Tentaremos identificala. Coa axuda de todos.

  ….continuará….






domingo, 2 de junio de 2013

A ALCALDESA DO ATLANTICO





 Fai pouco tempo, unha semana, mais ou menos, morreu en Vigo unha paisana nosa. Nacera na provincia de León (Castrotierra de la Valduerna). Non sei se algunha vez se gavou de ser leonesa, pous o parecer empezou a vivir e Vigo cando tiña cinco anos.
 Tivo unha vida, según as crónicas actuais, que seguramente envidiarán moitas mulleres desacougadas e donas de homes noxentos e demais, moitos homes de pouca vivencia quixeran habela coñecido no senso biblico da verba. O mellor merecia a pena, pensan.
 Non era destas cousas, mais ou menos morais das que queria falar, senón da estupidez humana, e dentro desta a mais grande  estupidez: A dos politicos.
 Esta muller, foi a propietária de dúas casas das denominadas, daquela, Centro Social. Unha na saída de Vigo hacia Pontevedra e outra na praia de Samil, desde a que acadou o título de alcaldesa do Atlántico.
 Estivo afiliada o partido popular, hasta que se convenceu que aquelo non era o que le contaban, despous de comprobalo. Estaba alí, polo que estaba, non porque contasen con ela para cousas relacionadas coa politica. Ela estaba por enriba deso.Algunhas veces.
 Anécdotas da súa estadia como alcaldesa do Atlántico, hay para dar e tomar, incluida a de un par de burros que adoptou. Un de catro patas.
 Nunha ocasión, na que os próceres da “city” e do partido reinante, cando vivia o faraón do Gaiás, decidiron ter unha xuntanza no seu condominio de Samil. Daquela os politicos, como agora, non eran tontos, alí podian matar dous paxaros de tiro. Invitación gratis segura, e podia caer algo mais, pagando, seguro.
 Cando os politicos se presenteron alí, tíñales preparada unha boa sorpresa. Xunto con ela estaba alí unha señora, excelentemente vestida con vestidos aoccidentais e colares de madeira e osos, coa pel negra e cun pano de colores na alto da cabeza, e presentoullela os politicos como unha das mulleres de un presidente africano.
 Entre os politicos asistentes estaban: Manuel Fraga, Xosé Cuiña, Manuel Perez, e algún mais que non me recordo agora.
 Tragueron todos, e fixeronle o “rendevous” a negriña aquela, que como mor título tiña o de vendedora ambulante de manufacturas da súa tribu de Africa nos areais de Samil.
 Como afiliada, daquela ó PP, decia que os concellais do partido eran mellores, pero os de esquerdas “facian-no mellor” , na cama.
 
 Noutra ocasión contaremos o do burro, porque aqueles outros burros xa quedan retratados na anécdota. Grandes políticos e con cargo “gordos”, non se entereron que, cuando algún membro dunha familia de algún xerarca viaxa, contan-no ainda que nada mais sexa para darle cobertura de seguridade.
 Siguen a ser tan burros agora como antes. Contal de sair nunha “foto”, fan o que faga falta, menos o que deben.
 Lástima que a boa de Karina, non fose da Xeabra.
 Que a terra le sexa leve.