sábado, 20 de abril de 2013

RISSOTO CON QUEIXO DE OVELLA.






 Queridos amig@s. teimo de novo nas receita de cociña.
 No quere decir esto que non teña otra cousa das que escrebir. Desgraciadamente hai demasiadas, mais todas do mesmo cariz. Cando, polas mañás, empezo a miña viaxe polos medios de comunicación da escrita da rede, acabo cuns cabreos de “chupa de dómine”, pous cada vez estou mais convencido de que vamos de cú e marcha atrás, e inda por riba esa casta privilexiada que quere rexir os seus intereses en lugar dos comúns, ou como decian na Roma clasica, “a res publicae”, e despous de tanta merda, non se albisca que os responsables non acaben no “trullo”. Alguén dixo que a xusticia é xusta cos ricos, e protexeos dos pobres. ¡
 ¡Necesitamos a idea que os faga tremer!
 Imos alá coa receita, da comida de hoxe, de un servidor de ustedes e a miña compañeira:

 RISSOTO MADE IN BALEL.



 Atopei onte, en Hiperxel daiqui do meu bairro, Teis, unha cousa que eles chamaban setas del bosque. Merqueia, a ver que tal.
 Habia diferentes fungos mesturados; boletus, cantarelus, perrechicos, e algún mais que non identifiquei. O precio non era esaxerado, ¡podiao mercar, sen quebrantar demasiado a nosa economia!
 Hoxe merquei un cacho queixo tenro de ovella, a falta do italiano que se recomenda.
 Nunha cazola, púxenhos a semifritir con algo de aceite, e cando foron quentando solteron a auga que levaban dentro. Cando ésta se foi reducindo añadinlle un chisco de albariño, e a reducir de novo.
 Nunha pucheira aparte, fixen un caldo de verdura e ingrediente secreto meu.
 Cuando os fungos ian estando, añadinle o arroz hasta que se foi churruscando algo, momento no que empecei a añadir, cacetada a cacetada o caldo previamente feito.
 Removendo, añadindo caldo e así hasta acabar o caldo e determinar que aquelo xa estaba feito.
 Unha vez posta a mesa, e o rissoto inda quente, añadiusele un chorro de aceito de arbequina, removeuse, serviuse e con bastante gusto deuse conta de todo.
 ¡Repetirei  a merca dos fungos, e a receita!.
 Acompañémolo cun copo de de mencia da zona de Monterrei, uns amouroces xigantes, e agora a botar unha sonecada escoitando esa cousa que se chama TV.
 Apertas a “tutti cuanti”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario