sábado, 23 de marzo de 2013

VOLTA AS ORIXES I






   - ¡Ei, Xe.!. ¿Imos o palleiro?.
   -  ¡Vou xa. Deixame amalloar os zamancos ¡.
   O Xe, acabou de calzarse, e co carolo de pan torrado na man e na boca, saiu correndo a agarrarse da mau do tiu Marcelino, que xa estaba no curral, cunha verga na mau.
   O sair pola porta carral, case van de costas contra o chao, pous o abrirla estableceuse unha forte corrente de aire friu que viña do norte, e estaba acrescentado pola diferencia de temperatura de un lado con relación o outro.
   O Xe, agarrouse os pantalóns do tiu, aparte de ir collido a sua mau, e asi e todo case e barrido o interior do curral, decindo que casi era arrastrado polo vento.
  - Casi te encarta o aire, Xe.
  - Si, pasoume polos lados, se me chega a dar de cheo, vou voando hasta a corte da res.
  Con estas lerias, a parella chegou hasta o palleiro. Era inda cedo, e o chegar alí asusteron o León, que esba a durmir nun minoco que fixera dentro do palleiro. Saiu rosmando con mal talante, mais o descubrir a parella, acercouse a eles a lamberles, a mau o vello e as fazulas o rapaz.
  Empezou a chover a ceo aberto, naquel momento, e para salvaguardarse da auga, meteronse os dous dentro da pallarega.
  -Tiu, ¿de onde sae a palla esa que está no palleiro?.
  - Sae das leiras, filliño.
  -¿Das leiras?. E ¡Como é que esta agora aiquí!.
  - Pous porque a seguemos nos. Teus pais e eu, trouxémola, desde as leiras da Cruz de Pedra e as das Carbuizas.
  -Tiu contame como é eso.
  - Pous é bastante sinxelo. Sementase o centeo, e cando está maduro, ou seco que tamén así se le chama, ségase, átase, acarréxase hasta a aira onde se malla. Unha vez mallado o grau lçevase o Sitio, e a palla traese aiquí o palleiro.
  - Tiu, ¿Por qué meus pais non tein palleiro nin leiras?
  - Pous porque vos vivís nunha cidade, ainda que pequena, cidade o fin, e a maneira de vida que artelleron teus pais, é distinta a de aiquí.
  - Tiu, eu cuando sexa grande quero vivir aiquí, contigo, cos avós e co León.
  - ¡Ja, ja, ja ¡ eso está moi ben, mais o mellor eu e os avós non teremos tempo de facelo , hasta aquela!
  - Bueno tiu. cuntame polo miudo como se fai a palla, e como se fan os palleiros.  
  -  Cuando levemos a palla a corte da res, subiremos a lareira, e cunha cunca de sopas de allo diante, contareite todo o proceso. ¿Vale?.
  - ¡Vale!
  
   Continuará…….

 

4 comentarios:

  1. Lémbrome daquelas seituras onde subía ao primeiro carro de bois que pasaba. Ven podería ser o do Sidro ou o do Xico e Isaura. Unha vez erreime de carrada e funme co do Xuíz, cando regresei ao xantar botáronme unha rifa tremenda, non polo erro senón a quen acompanara; seica era mal mirado.
    Moitas veces había que botar polo carro nas costas rubindo e tamén baixando, diante, aparando os bois pra que non tolearan. Unha delas era a baixada a Faldarruda, na comba do Uzal, cara o muinho. Logo víase Varonceli, a santa Comba, e a súa xente pola xeitura nos eidos das cimas. Uns berridos pra os saúdos, uns aturuxos coma respostas...
    Chegada a hora do almorzo, tudos entre pallas dábamos conta dunhas boas frebas, touciños e rixóns con pan de centeo e uns grolos de vinho que sentaban tan ben coma no millor dos mesóns.
    As veces, a volta, era ao solpor, un pouco antes do lusco e fusco; un bo xeito pra saber das coores do ceo nas Cantarinhas, cara a Covelas e as Vendas ou Marcelín (entón ainda vivía xente nas Lapedas). Dende eiquí seica había unhas das millores, ou cara a Vilarinho e Progo.
    Eu acadaba na casa dos meus abós, entón a primeira dende a entrada do Cousinho ou do Carabello.
    Breves saúdos

    ResponderEliminar
  2. Estupenda aportación d:D. Agradezoche os apuntes, pois se esto da rede non se voi o cara......, quedará algo por ahí, que polo menos servirá para coñecer algo do pasado.
    Saúdos-

    ResponderEliminar
  3. Fas ben en falar do pasado porque non sei se precisaremos no futuro deses saberes tal como vai este mundo.

    ResponderEliminar
  4. É do pasado do que se pode falar con non demasiada seguridade.Do futuro, so podo decir que é algo negro. Solo se nos o queremos facer así. A volta a Terra, e ós oficios xa está a chamar a porta.
    Aperetas.

    ResponderEliminar