martes, 5 de marzo de 2013

VIAXES E TEATRO.






 Nalgunha maneira de Filosofia, a estancia humana enriba da Terra amosase coma unha gran roda, a cual, polo que as veces parece, pasa moitas  polo mesmo lugar e tempo.

 Vou tentar desenguedellar a parrafada anterior:

 Pasado mañá, se o tempo o permite e a autoridade non o prohibe, a miña santa señora compañeira e mais eu imos de ir a capital do reino. Concretamente a Villa de Magerit.

Pensando en que o tempo pode tentar non permitilo, e a autoridade xa veremos, iremos en tren desde Vigo hasta a estación de Principe Pio (¿Por qué se chama así?).

 Precisamente a forma de trasladarnos a Madrid, é a que me deu que pensar noutros tempos xa lonxanos, nos que a única maneira de viaxar era en tren ou en burro. As diligencias tiradas por cabalos e carretas tiradas por mulos, xa non funcionaban.

 Naquelas viaxes, que os da miña xeneración faciamos a Barcinonova ou a terra euskalduna, era case unha aventura como a de pasar o charco polas xeneracións que ian a facer as americas, e voltaban case todos igual que cando marchaban coa deuda pendiente do diñeiro pedido para marchar añadindo o que tiveran que pedir para volver. Esto recordame eses contratos que dicen que le fan ás mulleres que unha panda de fillos de puta as prostituen a má cara. Esto pareceravos unha esaxeración, mais se seguides atentos veredes que non é tal.

 Cando saía un da aldea camiño das ciudades onde habia choio diferente o de tentar sacarle cousas pequenas a terra, era case o mesmo que tentar chegar a Cuba, Venezuela ou Arxentina; ir hasta Vigo subir a un barco que fora para alá e esperar un feixe de días.

 Saiamos da aldea, no meu caso distante doce kilómetros da primeira estación de tren na que solo paraban os trens cor  reo comarcais. Polo tanto, habia que chegar a unha estación onde parasen os de grande percorrido, hasta uns puntos chamados nós ferroviarios nos que habia que facer transbordo, collendo outro tren a outra dirección que te levaria cerca do teu destino, se o peor non tiñas que facer outro transbordo.

 Outra cousa era a velocidade don comboio. Habia algúns que na época da vendima, o pasar polas viñas, daba tempo a baixarse coller uns cantos ácios, comelos a volver a subir sen demasiado esforzo.

 O mais bonito de todo eran os enamoramentos, que tiñan lugar nunha viaxe daquelas. Coñecianse conxéneres do sexo contrario e a pouco que un o procurera acababase con promesas de amor eterno mentras durase a viaxe. O chegar o destino o mais probable era que nunca mais se volverian a ver.

 Naquel camiño habia tres estacións das cuales conservo recordos imborrables. A primeira a de Lubián, estación na que habia que subirse a un tren hasta Puebla de Sanabria, uns trinta kilómetros de percorrido, tres cuartos de hora de viaxe, solo habia dúas estación intermedias: Requeixo e Pedralba.

 A estadía na estación de Lubián podía ser de un par de horas, pous  o acompañante e maila burra tiñan que volver e habia unha boa camiñata hasta a aldea. O chegar a Puebla, tiñas que esperar cinco ou seis horas esperando algún dos expresos que chegueran a Medina del Campo. Estas eran as tres estacións das que falaba antes.

 Na estación de Lubián rara vez se coicidia con outros viaxeiros, porque habia poucos e os que eran da bisbarra chegaban co tempo xusto. Habia que entreterse cos lagartos e os merlos e carrixas que por alí andaban.

 Na de Puebla aquelas horas que habia que pasar daban para moito e para pouco. Moito aburrimento e pouco tempo para baixar a vila. Si era no inverno habia unha estufa de leña que se enchia de xente ó seu arredor.

 Na de Medina del Campo pasaban tres cuartos do mesmo, ainda que alí a espera era mais pequena. Podian ser un par de horas. O problema era ó subir o novo tren donde o mais probable era que non se atopera onde sentarse. Se habia sorte podiase atopar algún incipiente ligue que fixera a viaxe, inda que fora de pé, o mais gradable posible.

 Neste xoves próximo, iremos a capital do reino, pasaremos por esas estacións sin tempo nin tanxiquera para velas, os ligues xa van feitos, o tempo non será excesivo, unhas seis horas. Levaremos un bon libro para eses momentos nos que non apeteza espereitar polas fiestras, e esperemos que o chegar alí o tempo non sexa demasiado de invernia.

 Imos o  estreno de unha obra de teatro, na que participa un membro desta familia. Levarei camara, papel e “caneta” para tomar notas que a volta tentarei de por negro sobre branco, es converterme por un día en critico teatral.



 ESTO É O QUE IMOS VER.

3 comentarios:

  1. Día D, 9 horas pra a hora H. A viaxe física foi todo un éxito, falta a viaxe metafórica, que imos ver cómo sae.
    En breve, a resposta, aquí, á mesma bat-hora, no mesmo bat-canal.

    ResponderEliminar
  2. Cántas horas se pasaban nas estacións, Xabres, menos mal que che pillaron de novo!
    ¿E que tal foi a obra?
    Unha aperta.

    ResponderEliminar