martes, 29 de enero de 2013

O NIU DOS CORVOS








Hai, no cimo das leiras das Lameiras, esas leiras que corren na parte de arriba do couto, paralelas o Tuela, cando este xa está a piques de  chegar o castro da Cigadonha, castro feiticeiro onde os haxa, hai no cimo das leiras decia, unhas fragas que os vellos chamaban as Fragas do Corvo, e que nos deberiamos de seguir chamando de cando en vez, igual para que non se le esqueza o nome e os que veñan detrás tamén disfruten daqueles nomes.
 Naqueles tempos, naquelas fragas adoitaban criar os corvos. Naqueles tempos naquela zona tamén se adoitaba non comer apenas xixa que non fose de porco, polo tanto toda clase de carne que non fora de “roncatudo” era bastante apreciada pola xente que podia agarrala e polo tanto comela.
 Un corvo era unha presa con suficiente entidade como para dar de comer a unha familia durante un par de dias. Era por eso que todos os que daquela estaban “empollinando”, buscaban a maneira de coller un par daquelas crias de corvo coas que podian agasallar a pais e irmans, e o mellor algún veciño.
 As Fragas do Corvo son unha especie de cellas, no medio da ladeira das Mendreiras, debaixo da caleira, xa case na raia con Portugal.
 Os nius dos corvos víanse desde abaixo, mais xusto desde ahí é onde se vé que por esa parte non hai maneira de chegar éles.
 Xa decian os mais vellos que a maneira de chegar os paxaros novos era baixando desde a parte darriba, descolgandose cunha corda. Tamén decian que habia que esperar a que os corvos vellos non estiveran por alí, pous sé se daban conta de que querian roubarle os fillos, cabreabanse e atacaban directamente ós ollos dos ladrois de paxaros.
 Chegou o tempo no que as crias de corvo xa empezaban a deixar o plumón, alguén dixera que os paxaros xa eran grandes, daban para facer un bon arroz, decian.
 As necesidades da casa eran grandes, pous non se comia todolos días o suficiente, e inda por enriba cada pouco tempo desde “os de arriba”,  deixaban as cartillas do racionamento sin validez durante unha semana ou dúas. Deciase que era para vendelo eles no estraperlo. Algunha fortuna parece que partia daquelo. Non se podia decir nada, pous por menos do que vale unha brizna, a calquera le daban un paseo pola estrada camiño da via do tren. Decir que era un ·roxo” era bastante para mandalo de paseo.
 Enganchou e corda nun penedo o suficientemente grande para que aguantara o seu peso, deslizouse hasta a parte das Fragas onde estaban os paxaros.
 Cando se acercou espantouse diante del un dos corvos vellos, dando uns berros que arrepiaban.
 Baixou onde o niu e colleo os dou paxaros que alí habia. Estes berreron tamén, cun arrepiante chirrido que fixo que o corvo grande se precipitara en picado sobre o ladrón de paxaros. Colleo medo e volveu deixalos no seu sitio. Entonces o corvo vello separouse a unha pesca das fragas espereitando o intruso, mais sen atacarle.
 Volveu coller as crias, que volveron a soltar os arrepiantes chirridos que puxeron de novo en movemento o vello, que esta vez atacou coas garras por diante sacandole unha tira de coiro dun brazo o ladrón. Sangraba como un porco. Asustouse e volve a deixar as crias no seu lugar, que caleron.
 Pensou que se seguia, o corvo era capaz de arrancarle os ollos, era mellor deixalo, a fin de contas os paxaros solo darian comida un dia ou pouco mais. Non merecia a pena matalos, en definitiva eran duas vidas que él non debia liquidar. Marchariase.
 Tiña que deslizarse hasta a parte de abaixo, pous apiolar corda arriba era imposible.
 Resbaleronle as maus e caeu enriba dun xeixo grande de cabeza e rodou por enriba das torgueiras.
 Cando atoperon o seu corpo, xa medio podrido, este estaba vixiado e non deixaban acercarse a o mesmo a ningún animal carroñeiro,  unha parella de corvos, que solo con velos escorrentaban a calquera.
 Un deles era soberanamente fero.

4 comentarios:

  1. Toda una historia, Xabres.
    No consigo imaginarme el sabor de un arroz con cuervo, pero el resto del cuento sabe a cierto.
    El aspacto y el comportamiento de los cuervos te hace creíble esto y mucho más.
    Abrazos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo tampoco lo he comido, Xibeliuss, pero he oido que es la carne como otra cualquiera, de ave.
      Unha aperta.

      Eliminar
  2. Eu tamén digo que non sabia eu que se comia a carne do corvo.
    Estupenda historia.
    Aperta.

    ResponderEliminar
  3. Un vello díxome que era tan boa como calquer outra. Renatou dicindo que os bichos mais repugnantes eran os porcos e as galiñaa. Son omnivoros e gostan de toda clese de porqueria. Nembargantes os corvos, aguias e demais aves repinas, son bastante esquisitas nas súas dietas
    Unh aperta

    ResponderEliminar