domingo, 23 de diciembre de 2012

UN BISPO NEGRO, NON É O MESMO QUE UN ARIO

      

    O BISPO NEGRO.

  Xa sabedes que en Val dos Marcos somos a reostia. Bailando, cantando, traballando pouco, criticando o veciño, axudando o veciño poucos, xogando ós paus en Hermisende, collendo bácoras no Tuela, facéndolle a pelota os “derriba”, e moitas cousa mais que agora non me dá a gana de enumerar, sobre todo aquelas que teñen que ver co “atajaná”, verba inventada polo meu amigo “Milio”, e que o parecer algunha vez fixo nas guindeiras da Costa.
 Nesta leria de inventar verbas, un especialista era o “ti Dario”. Aínda que este era mais amigo de facer frases novas que verbas.
 Sirva como exemplo, aquela vez que no mes de Agosto, baixaba do Camiño Novo, e o chegar a porta da tía Aurora, molladiño de arriba a baixo por mor de unha horrísona tormenta, ó decirle a veciña: ¿Qué Dario, ves mollado?. Ël respondeu: “mollóuseme hasta o mesmisimo Don Quixote”. Frase que non se deberia  despreciar polos lingüistas actuais, por aquelo que ten de recoñecemento do noso famoso “Escritor”. Senón sabedes do que vai, preguntade pola aldea de Cervantes de Sanabria e saberédelo por decir de calquera veciño da.
 Hoxe ésta léria vai adicada ó “TI” Dario.
 Nunha ocasión, naqueles días nos que era obligado ir á misa nas festas de guardar e “diomingos”, adoitaban no lugar , o saír de misa facer concello debaixo do balcón do ti Antoño.
 A min aquelas xuntanzas, ¿Qué queredes que vos diga?, gustábanme moito. Nelas podía coller a palabra calquer veciño, expor as súa ideas ou queixas e todo “quisque” escoitaba e debatíase sobre o asunto.Solo o referido a aldea,por suposto.
 Os que estaban e posesión da palabra, tentaban lucirse diante dos conveciños, e ás veces conseguianho. 
 Despous do concello quedaban corriños de homes (o concello era cousa de homes) falando de calquera cousa.
 Algún dia falaremos daquel matriarcado. Xa veremos.
 Debaixo do castañeiro, enfrente o raigame que o milenario árbore xa tiña o ventestate, e debaixo do meu sentalló, formouse un pequeno corro falando das cousas que se levaban daquela polas festas do Nadal. Había sete ou oito homes, o cura e un carabineiro, e tamén o famoso “ti” Dario.
 De todos é sabido que o cura e os carabineros non eran homes.Eran eso que os definia.
 Chegouse a conclusión de que todo aquelo das festas, era pros ricos das cidades, pous era demasiado caro, e enriba o turrón a hora de comelo facía que as encias boteran sangue. Aquelo era durísimo. Alguén dixo que era como unha pedra das de Rechouso.
 Entonces, o “ti” Dario criticando con moita razón o que pasaba mais alá das portelas e os que facían que todo aquelo dos precios fose como era, nun rauto de rabia forte, querendo criticar de maneira contundente ós, xa daquela, políticos inimigos do pobo, foi e soltou: “Mecago no Bispo, …..” e dándose conta de que o crego estaba diante, tratou de arreglar aquelo que podía ser ofensa e o peor motivo de querela polo representante do Bispado de Ourense, rectificou deste xeito:
 “Mecago no Bispo….Negro”.
 El quedou contente, e o crego tamén, notouse pola risotada que soltou.
 Non é o mesmo un Bispo ario que un Negro, ¡non Señor.!

6 comentarios:

  1. Ayyyyyyyy escachei coa risa jajajajaja
    Gústame moito todo o que contas. Es retranqueiro e galego cen por cen,qué mais ten que vivas en zoa de ninguén!
    Moitos bicos,xabres.

    ResponderEliminar
  2. Está ben que as "istorias do abuelo Cebolleta" fagan, ainda que nada mais seña, sacar un pequeno sorriso a alguén. Tampouco teño mais pretensión, aparte de tentar transcribir, con pouca sorte, o idioma dunha terra esquencida secularmente.
    Un abrazo forte.

    ResponderEliminar
  3. Gracias amigo Xabres….vaya con tu república personal, seguro que era la única participante por eso conseguí el primer puesto…jajajaa.
    Fuera bromas, Gracias y a disfrutar de las fiestas.
    Un abrazo.

    P.D. Este texto que has puesto lo voy a copiar y leerlo con el traductor muy despacito..jejeje. Después comentaré.

    ResponderEliminar
  4. jajajaja..pues mejor me quedo con tu texto en galego, la traducción se entiende menos.
    Una sonrisa siempre se agradece amigo.
    Boas festes.

    ResponderEliminar
  5. Suelo volver loco a los traductores. je, je,.
    Seguro que usaste uno de gallego y el gallego mio, no es normativizado, poués pretendo escribir como se habla por la Alta Sanabria.Está aceptado por la Real Academia Galega como variante del gallego.
    De todas formas no es muy difícil, salvo que use algúna palabra local. Pero dentro del contexto, espero que se puda deducir.
    A veces tambien escribo en la lengua de Cervantes.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  6. O tiu Darío era moito, as súas ideas eran áxiles, "baixaban coma balaústres", pero estarían esquecidas se non houbese un oínte atento, por riba das raíces que abren o teu blog, e que aí seguen, como se tal cousa, tan pándegas. Bo ano, e moitas máis historias!!

    ResponderEliminar