martes, 18 de diciembre de 2012

¡FELIZ NADAL, BOAS FESTAS É POUCA ENVEXA!




                                                                ¡Xa choveu!


 Baixábamos polas Teixugueiras. A Lua xa estaba a media altura. Diante de nos ia a nosa sombra, remedando todos os nosos movimentos, e a demais, denunciando aquelas cousas que non queriamos que fosen vislumbradas.

 As manxoeiras ian agachadiñas nun saco de esparto para que non fosen vistas. Mais a lua, que non entendia de agochamentos, reflexábaas en negativo, xusto diante dos nosos pés.

 Eu,a medida que camiñaba, xa nos eidos do Prado Grande, andaba case a brincos tentando pisar na miña sombra, a ver se era capaz de deixala detrás de min. ¡Non o intentedes, sempre é tempo perdido!

 Meu pai, que ia a carón de min, díxome que él xa intentera noutra ocasión acompañando o seu, e non o conseguira. Sabia ben o que eu estaba tentando.

 Eran tempo de Nadal,.Habia que tentar ás camelas, pous dentro da frixideira serian a ledicia de toda a familia. Os peixes nas serras dos montes baixos leoneses, que eran aqueles, non por ser de mares de terra adentro eran peores que aqueles que viñan en camións, camiño de Madrid, e que o pasar polas portelas deixaban o seu arrecendo nada mais.

 Cheguemos a raia, no fondo de Cancelada, e nos prados de Parada, xa deixemos a primeira manxoeira. Eu, non deixei descalzar ó pai, crucei o Tuela a marxe esquerda e no fondo do prado do ti Salvador, armei a manxoeira.

 Cando íamos a cambiar de postura, berrounos o ti Marceneiro da Moimenta, que o parecer tamén andaba no mesmo. Charlemos un pouco de case todo. Fundamentalmente do mal que andaban as cousas. A xente pasaba fame. O que habia e Tras os Montes faltaba polas Frieiras e a Xeabra, e o revés. Encima os guardinhas e os carabineros tiñan demasiado celo polas cousas dos governos, e non facían a vista gorda.

 Se alguén queria que fixeran a vista gorda, deberia ter algo do que acusalos, cousa non demasiado dificil, pous eles tampouco nadaban na abundancia.¡Os que pasabas grandes cousas, nunca os collían!

 Seguimos hacia arriba, e a segunda, armémola no vello paso do fondo de Veigadiz a As Mendreiras. Era un lugar abenzoado polos Fados do riu daquel recuncho, pous alí como a sorte fose propicia é a primeira en entrar fora unha bácora, seguro que a manxoeira se enchía.

 No fondo das Callostra de Veigadiz armémola terceira, a cuarta debaixo do prado do ti “Lias” de Vilares, e hasta o Prado Grande non estaquemos a cuarta, que xunto coa da preseira do fondo de Penacoba, foron as dúas últimas.

 Cuando volviamos otra vez para a casa, volveu a sombra a porse diante de nós. Según meu pai, perderamos tanto tempo que le deramos tempo a lua a porse sobre as terras da Moimenta, e polo tanto facia que a sombra se puxera o reves da ida.

 O dia vintecatro pola mañá, cando íamos a levantar as manxoeiras, o empezar na de Cancelada, xa pensemos que nos levanteran a pescata, pous no fondo das leiras habia duas persoas. Menos mal que era o ti Marceneiro e o Marcelino da Moimenta, que estaban a guardar a nosa manxoeira. O parecer outro individuo xa quixera levala. Eles non le deixeron. Como despous me dixo meu pai ¡Eran uns bós amigos! 
  Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.

 Aquel Nadal, polo menos tres familias, celebremos con trutas as festas.

 O menú foi, mais ou menos: Caldiño de berzas. Alleiras. Chourizas. Trutas fritidas con pemento, allo e ben salgadas. Esterroxas a esgalla e despous do café un bon grolo de aguardente, despous dun bon café, pasado de contrabando desde Portugal.
¡Foi todo moi ben gorentado!

 ¡QUE APROVEITEN OS MANXARES DESTE PRÓXIMO NADAL, AMIGOS!

7 comentarios:

  1. ¡Seguro que recuerdas aquella cena más que muchos otros banquetes posteriores! Una gran historia.

    Felices fiestas y un abrazo, Xabres. A disfrutar lo que se pueda

    ResponderEliminar
  2. Xibeliuss, los recuerdoS son importantes, pero no tanto como para pensar que cualquier tiempo pasado fué mejor. Hubo y Hay de todo en el transcurrir del tiempo de cada uno.
    Por si acaso, FELICIDADES EN ESTA FIESTAS E UNHA FORTE APERTA.

    ResponderEliminar
  3. He disfrutado con la lectura de tu relato, me has trasladado a una época en la que todo era más natural y el pescado muy fresquito. Me ha hecho mucha gracia lo de pisar la sombra...jajajaja eso no hay quién lo consiga, la sombra es muy lista.
    Un abrazo y felices fiestas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Isabel. Felices fiestas para ti y los tuyos. Un abrazo.

      Eliminar
  4. Miña nai! Disfrutei eu máis léndote que ti comendo aqueles manxares. Adoro o teu galego e teu estilo contando historias.
    As troitas de rio son ben ricas.
    Unha aperta forte forte.
    Bo Nadal,querido Xabres.

    Pd.
    A ver se quitas as letras e números que se poñen despois de deixar un comentario, que son un coñazo.

    ResponderEliminar
  5. Ohma, esto non foi polas beiras do Sor (Non Sar), que o mellor coñeces. Foi no Tuela o mellor riu truteiro da peninsula, antes de que fixeran a desfeita medio ambiental das Rias Baixas(autovia), Desde que el "progreso" nos ha salvado del atraso, las cosas van de mal en peor. Como aquelo de Groucho: Imos de derrota en derrota hasta o desastre final.
    Felices festas Ohma e unha aperta forte.

    ResponderEliminar