viernes, 3 de agosto de 2012

A VIDA É PRO QUE A TRABALLA.



Tiña xa ochenta e seis anos. Na guerra, no Monte Turana de Teruel, morrerale o irmán, dous anos mais vello
 Tiña xa cuarenta e cinco anos cando casou. Casou coa muller que él queria e ela tamén.
 A ledicia chegou a casa cando ela quedou preñada. Ian ter un fillo. Xa tiñan algo polo que loitar, naquelas terras, ricas unhas veces e escasas outras. Xa se sabe que a vida do labrego é así, depende da terra, do sol e da choiva, a mais das plagas. Ël so decide cando fai as cousas o resto depende de factores externos, tales como o bo ou mau tempo, se chove ou non, se vai frio ou xea… e algunha mais..
 Dícese que a ledicia en casa dos pobres dura pouco. O noso amigo, non é que fora pobre. Según él tiña todo o que necesitaba para ir vivindo. Tiña casa, a Natureza, proviáo de todo canto necesitaba, solo tiña que traballala, axudarle a producir, proporcionándole auga, e labor. O resto era aproveitar o esterco dos animais que tiña, que devolvian a Natureza aquelo que comeran, en  forma de nutrinte.
 Mais, a ledicia, como se decia no párrafo anterior, non dura demasiado nalgunha persoas, cousa que o amigo le aconteceu.
 Antes de chegar ós nove meses da preñez, concretamente os oito meses, a súa querida muller púxose de parto.
 Aconteceu o que xa estades a pensar; o fillo naceu morto, a nai so viviu hasta o dia que o sepulteron.
 Ficou soliño, no mundo. Eso sí con traballo a reo, no que se enterrou para non poder pensar. Non queria pensar no que houbera sido a vida  da familia que tiña. Aquelo facia-o chorar sen soltar unha bágoa, e sen dar nin tanxiquera un berro. Era como se un pucheiro cerrado con ferrollos fose inchando. Aquelo tiña que reventar algunha vez.
 Empezou a ter excelentes colleitas, que non necesitaba. Os seus excedentes dábalos a veciños mais necesitados.
 Un día apareceu pola súa casa un home “de negro” vestido, que le dixo que tiña que pagar ó estado un imposto chamado, sobre o valor engadido, os finos chamabanle IVA.
 Era algo que habia que pagar por vender cousas.
 Ël dixo que non vendia nada.
 O de negro díxole que sabian que os veciños recibian parte ou case toda a súa colleita, e que esta era abondosa.
 Respostou que aquelo era algo que a él le sobraba, e, como habia xente con necesidades, él regalábao..
 Eso é competencia desleal, e ademais unha maneira de evadir impostos, polo tanto tiña que pagar o % reglamentário o estado, ademais de unha multa, polos anos pasados. Díxo o de negro.
 Él dixo que eso non o ia facer, que era un roubo. Ademais, engadiu que él non mantiña a prásitos políticos.
 O de negro dixo : “Ya veremos”. E deixole un papel cheo de garabatos, que él meteu na palma daquela mau, que parecia unha pa e apretando-o como se fose cunha prensa das do viño,  tirou o papel a corte dos porcos. Ni estes animais o quixeron comer.
 O dia seguinte, na casa do noso amigo, houbo bastante rebunbio. Veu o Notário da comarca, viñeron dous abogados, e tamén tres homes dos chamados “homes bós” da aldea. Despous de moitas horas todo voltou a sua normalidade.
 Despous de sete días, o noso home chamou o veciño que era tamén parente, e fíxole prometer que se quedaría co seu can de perdices, e coa sua vella espingarda “sarrasqueta”. Él, dixo, marchaba, liscaba daquel lugar, non polo lugar, senon polos que querian aproveitarse do traballo dos demais.
 Pasou catro día visitando todas as terriñas herdadas dos seu antepasados, distribuindo as vacas entre as xentes, igual que os aparellos de abranza despedindose de todo..
 El xa non necesitaria nada. Marchaba. So queria deixar algunha axuda a quen o necesitaba mais.
 El tiña xente oonde ia, que xa le tiñan preparado o resto do porvir.
 Despediuse dos mais achegados, amigos eran todos, e dixo que o día seguinte, embarcaba.
 A mañá seguinte, xa non estaba na casa.
 Cando veu o home de negro, quixo entrar. Chamou a un xuiz, para non collerse os dedos, reventou a pechadura da porta, e entonces atopou o noso amigo.
 Penduraba da viga do cumbreiro, cunha corda cun nó corredizo no pescozo, a lingua fóara, e os ollos fóra das órbitas.
 Atados o pescozo tamén tiña un feixe de escrituras, legais, que donaban todo os mais necesitados.
 Só unha condición: Ös politicos, nin un patacón.