lunes, 11 de junio de 2012

PREMIO XERAIS 2012. (ILLA DE SAN SIMON)






  O sábado día nove deste mes celebrouse o XXIX Premio Xerais de novela e o Merlín .
  Xa ian arredor de vinte e algún ano, que eu non asistía a ningún deles, a pesar de que durante a miña estadía na editorial, durante o primeiro ou segundo ano de ser contratado, foi cando se iniciou, sendo o editor o amigo Luis Mariño.  Recordo que o primeiro premio, dotado con 500.000 pts., (o actual é de 15000..- €) foi concedido a Carlos Reigosa, perodista, que daquela traballaba na axencia  Efe. Teño que decir que daquela, Reigosa convidounos a cear en Madrid a Luis e a min, estando a piques o día seguinte, os dous últimos, de perder o avión de volta a Vigo, despous de facer case famosos os nosos nomes polos altofalantes do aeroporto de Barajas.
  Como decía, xa choveo dende a miña estadía nun premio Xerais. Este ano asistín despous de aceptar unha invitación da amiga Celia para asistir.
  Celebrouse o evento na illa de San Simón, no fondo da ría de Vigo, a carón de Redondela e moi  pertiño de Rande onde repousa, según os ditos, un grande tesouro que os ingleses afundiron xunto cos galeóns que o transportaban desde as américas.
  Un día destes teño que ir a mergullarme por alí, a ver se o atopo, e así arreglo os problemas deste país que leva moitos seculos espoliado, e nunca escarallado definitivamente. Sempre dixen que o noso país debía ser moi rico. Sempre rouban e nunca se acaba. ¿Ou será que nos rouban a nos e non o pais?.
  A Illa de San Simón, e pequeniña. Para ir éla hai que facer a travesía de menos de dez minutos, nun pequeño barco, que se colle no peirao de San Adrián de Cobres. Nunca estivera, como dixen alí.
  É un sitio fermoso, coido que polo pequeniño. Desde 1842, que se fundou, foi un lazareto, dos primeiros que houbo na península. A primeiros do século XX, deixou de selo, e durante a guerra civil franquista e na postguerra, foi un lugar no que levaban ós represaliados e defensores da República, igual que a todos aqueles que algún dos gañadores le tiña xenreira.
 Hai na illa uns xardíns, con arbores case todos de importación, mais no medio hai un paseo que leva o nome dun fermoso e case totémico especimen endémico do país, en vías de estinción nestes nefasto nosos días. Estou a falar do BUXO, do que tiñan sona as gaitas que de él se facian e coido que inda se fan.
  Neste paseo dos Buxos de cerca de cen metros de longo, hai dúas filas de buxos a ambolos dous lados. Son buxos de uns cinco metros de altura e uns vinte centímetros de diámetro, de unha fermosura inesquecible.
 Recomendole a todo aquel que poda, que non deixe de visitar esta illa. Aparte dos recordos que suscita, tamén ten unha boa vista da ria, da ponte de Rande e de Redondela.
  Unha das cousas mais bonitas do premio Xerais deste ano é que foi concedido por unanimidade a dous autores. Un pai e unha filla.
 Non vos fago unha reseña dos autores e das obras premiadas, pois non tedes mais que pinchar na rede as verbas “premio Xerais 2012” e alí xa hai sobrada información, eu non podo decir nada de ningunha das obras porque ainda non as lín.
 Deixovos unha fotografías da zona, inda que a tarde estaba un pouco chiviosa e con pouca luz natural.
  A ver se vos gustan.
                                         Paseo dos buxos


Estátua de Xules Verne, en homenaxe a súa mención na obra 100.000 léguas de viaxe submarino.






Video da saida da illa e regreso a Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario