domingo, 3 de junio de 2012

¿É TODO UNHA GRAN METIRA?



 Era un planeta como casi todolos planetas; redondo, mais ou menos.
 Neste planeta, entre varios milleiros de seres vivos vivia unha raza que se consideraba supeior o resto de todo xeito de vida.
 Esta raza que se consideraba superior o resto, tamén tiña escalons entre ela mesma. Habia en cada curruncho onde se escanchaba esta raza, quen se consideraba superior ós seus veciños, tribus que se consideraban superiores a outras e como consecuencia delo tentaban mangonear os seus conxéners.
 Dentro desta raza habia unha espécie, que se arrogou a representación entre a raza e un Facedor Total, con pinta de pertencer a mesma raza. Un espábilado, alá polos anos precedentes a chamada Idade do Ferro, escribiu cinco libros, daquela chamábanse de outra maneira (rollos) donde  decia como unha vez, estando soliño no alto dun monte, escoitou a unha silva falar e decindole que falaba en nome do Gran Facedor.
 Organizaou tal zapatiesta, que inda hoxe en dia, despous de cinco ou sei mil anos despous siguen dando a vara coas súas monsergas, mais adaptadas o que mais conven os intereses desa casta.
 Entre uns e os outros, estan, desde o principio do tempo, dando por saco a aqueles que non son da sua vara.
 Eu teño un amigo que ten a sospeita de que esa raza está aiquí, porque é unha raza que destroza todo aquelo que roza. Meu amigo dí que viñeron este planeta, porque coa súa avaricia xa fixeran deshabitables todolos lugares onde xa estiveran. Escolleronse uns poucos, e cambiaron de planeta. Estarán no actual hasta que tamén o fagan inhabitable, tempo en que tocará liscar a outro
 Estou de acordo co meu amigo.
 Unha das cousas que mais me doen desta situación é que esa raza que se cree superior, en realidade non o é, solo é avara e insolidária. Ten unha ombigueira grandísima, que o único que fai constantemente e mirala.
 Outra das cousas que mais doen é que esa raza, lévase o diñeiro de todos, e enriba non le deixa nin o dereito o pataleo os seus conveciños. Despous de tantos anos seguen a pensar que todo aquelo que os rodea, solo está para eles.
 Para organizarse, inventeron unha cousa que chameron “ a cousa pública”, cousa que eles determinan como é e como non. Cuando les conven cambian as reglas do xogo que cuando as puxeron a andar decián que eran inamovibles. ¡Pensan que o resto é gilipollas!. ¿Quén sabe? O mellor teñen razón.
 Os que non están na “pomada”, deben ter a esperanze de chegar a ela algunha vez, pous non intentan cambiar demasiado ese estado de cousas.
 Creo que a maioria está amodorrada. É unha especie de magote de ovellas, que se non ten un pastor, é capaz de nomear pastor a o primeiro lobo que por diante pase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario