miércoles, 23 de mayo de 2012

As abrespas, o Modesto e o Pepe en Trasil



 No prado de Trasil do ti Antoño, habia un castañeiro. Era un castañeiro moi vello. Xa estaba trob, o castañeiro,  e a piques de encartarse.
 O castañeiro era do ti Aselmo, inda que estaba no prado do veciño.
 En varias ocasiois, o ti Antoño tentou de cambiarle o castañeiro o ti Anselmo por outro similar, inda que noutro lugar.
 O ti Anselmo negouse. A min escápaseme o porqué do asunto e cambio e mais a negativa, sobre o cambio.Tanto o Pepe coma o Modesto leveronse o segredo a tumba, ainda que algunha vez les fixe a pregunta, tanto estando xuntos, como por separado. Quedeime en “ albis” en relación co que nos ocupa.Eran homes de palabra, e sabian calar.
 Nunha ocasión o castañeiro apareceu incendiado, xustamente polo trobo. Era nun empardecer e xa non habia posibilidade de apagalo, habida conta de que a auga estaba na fonte do Souto, e a maneira de apagalo lume era caldeiro a caldeiro. Inda non se inventeran as mangueiras, e menos se sabía da auga sobre as paredes dos recipientes e a sua maneira de sair escupida por algunha mangueira.
 Toda a noite, estuveron alí o Modesto e o Pepe, para controlar que o fogo non se estendera os palleiros que estaban  ó lado. Eran os palleiros das Vichas, da tia Mariarrosa, e o do ti Antoño..
 O ti Antoño foise a durmir. Según él a perna solta.
  O amñecer do seguinte día, cando o personal que se deitera, se ergueu, o castañeiro xa caera. O lume fixera de  leñador.
 O Modesto e mais o Pepe, estaban esperando a aparición do ti Antoño por alí. Querian verla súa reación.
 Eles xa fixeran as suas cabalas o respecto. O ti Antoño pediriale disculpas o ti Anselmo, éste refunfuñaría, mais aceptaria-as e o conto quedaria neso.
 Cando o sol xa arraiaba polo Castro, apareceu o ti Antoño. Asomou o fuciño pola esquina da pallarega, e viu que o castañeiro estaba no chau casi consumido, con cara de coña acercouse o fillo del e o do ti Anselmo.
 Antes de decir o que él dixo, hai que comentar, para unha mellor comprensión, polo mundo lector deste blogue universal, que o ti Antoño vivíra na Arxentina, donde contraera nupcias cunha prima súa de Castrelos. Inda teño que averiguar se xa se conocian ou se coñeceron por aquelas lonxanas e fermosas terras.
 Polo tanto, parece que era bastante habitual nel, igual que noutros emigrados, o de falar unha mestura de galego-portugués-castelan-e gaucho.
 Chegado a este punto o ti Antoño (meu avó), dixo, entre afirmación e sentencia firme:
  ¿ Has visto!. Ardeu o abrespeiro.
  Tampouco me enterei a que se referia con aquelo de “abrespeiro”.
  Unha aperta a todos os nombrados, que xa vai tempo que  nos deixeron.













2

martes, 22 de mayo de 2012

¿QUEDAN HOMBRES DE VERDAD?



 Hace ya demasiado tiempo que sospecho que cada vez somos, los humanos, mas borregos, menos inteligentes y con una formación muy por debajo de lo que debería ser.
 Sin embargo, dentro del género humano creo que aquellos que se dedican a la política, en los últimos tiempos, son los mejor preparados, para algunas cosas menos para la gestión de la “res” pública. Quiero decir con esto, por si, de casualidad algún político lee esto y cuando digo político no hago distinciones de credo o signo político, me parecen todos iguales.
 Creo que desde hace algún tiempo, en el mundo de los gestores públicos, se ha colado una especie de virus, o a lo peor no hacía falta, que los atolondra  y solo les queda dentro de su pequeño disco duro, demasiado duro a veces, una reminiscencia o un resto de enseñanzas de una época ya finiquitada. ¡Ya me entendéis!
 Para reafirmar lo anteriormente expuesto, solo puedo decir que os fijéis, solo un poquito y en las noticias pequeñitas de la prensa, con relación a nuestros amigos los políticos.
 También en las noticias escritas en grandes caracteres y en primera página. Para hacerse una idea aproximada, hay que tragarse casi todo el espectro de medios según su ideología. Lo que me lleva de cabeza a uno de los grandes males de nuestra sociedad: El llamado cuarto poder. Este cuarto poder está en manos de unos pocos que en un momento han alcanzado su mayor nivel de incapacidad, pero, precisamente por eso han ganado de todas las formas imaginables, el tesoro del “Tío Gilito”.
 Repasamos en el mundo, aquellos que ahora mismo llevan las riendas de la cosa propia, ¡uy!, en que estaría yo pensando, qu9iero decir las riendas de los habitantes de esta maltratada Tierra.
 Nadie piensa en sus conciudadanos, ni en La Tierra. Solo quieren explotar todo lo que se les pone por delante. Recuerdo mi reciente época dentro de la economía de mercado y trabajando para una multinacional que, cada año que cerrábamos y teníamos que hacer el presupuesto para el siguiente, siempre, siempre nos obligaban a un crecimiento alocado sobre el año anterior. En los diez años que trabajé para ellos, el crecimiento desde mi entrada hasta mi salida fue, ni más ni menos que un 250 %(doscientos cincuenta). Y todo en el mundo de la edición de libros de texto, que para llegar a vender todo aquello, solo quedaban dos soluciones, eliminar totalmente a la competencia o colocarle a cada niño media docena de libros de texto.
 Aquí también conocí a un elemento, al que no le bastaba con los beneficios de la actividad corriente. Descubrió una manera legal de pagar menos impuestos con una artimaña contable, legal digo, pero que pagábamos en definitiva en el impuesto de sociedades un 35 % menos. También era partidario de llevar a provisiones lo mínimo exigible. Para él los beneficios eran lo único importante. ¡Había sido ministro de hacienda con el último, por ahora, general dirigiendo??, este país!
 Si me adentro en el pretendido mundo de ayuda a los demás, y que predica la caridad y la pobreza, pasa tres cuartas parte de lo mismo. ¡Han descubierto que la pobreza es para los demás, y la caridad bien entendida empieza por ellos mismos!
 En el mundo de la justicia, ¡Ya me diréis!. Solo tenéis que ver otra vez la prensa. No quiero decir más, pués seguro que a mí, por eso me entrullan!. ¡Jo!.
 Andaba yo en estas, cuando me vino a las mientes, aquel sabio griego, que a medio día, un día de sol radiante andaba en el Ágora, armado de un farol encendido, dando vueltas y más vueltas. Cuando un ciudadano le hizo la siguiente pregunta:
-         Que estás buscando, Diógenes.
-         Estoy buscando un HOMBRE.
 Creo que nosotros también deberíamos buscar el HOMBRE de Diógenes.
 Lo que me queda en el tintero, es para otra vez.

sábado, 19 de mayo de 2012

A vida é inexorable



 Desde o miercoles hasta o venres desta semana que finiquita, estive e San Ciprián de Hermisende. ( É largo o nome, mais hoxe paga a pena.)
 Fui a replantar tomates, pimentos e sementar fabas e algunha cousa mais. Vixiei  os inxertos feitos en marzo, as parreiras de estaca, e unhas estacas de pereiras e abruñeiros, espetados dentro dunhas xardiñeras feitas “ad hoc”.
 O viernes eu tiña que estar de novo en Vigo a mediodía..
 Fui a Porteliña, deile un vistazo o traballo feito, recollí as ferramentas, cerrei coa cadea e o candado a porta da pallarega, e volví a casa coa idea de ducharme e colle-lo portante cara a Vigo.
 Ducheime, a casa xa estaba recollida por Agela, e saín a meter cousas no coche.
 O sair, tamén saiu o Jaime da porta a carón da miña.mPreguntoume:
    - Vais os enterros?.
    -A que enterros?- dixen eu..
   - Os de Hermisende.
  - ¿Emterros?. Inquirí eu
  - Si. Hai dous. Un a medio día e outro pola tarde.
  - ¿Quen morreu?
  - Morreu o Jose, chamado Cabeza de Ferro e o Goyo.
 Quedei case sen saber que decir. ¡Duas mortes no mesmo día nunha aldea de pouquiños veciños, era un caso case inconcebible.!.
 Non podia quedar os enterros.
 Acordeime da familia dos dous. Preguei por eles e iniceí a andadura camiño de Vigo.
 Polo camiño recordei o ano 1964. Estaba eu na  “mili” en Jaca (Huesca). Un día mandéronme ir o corpo de guardia. Había alí alguen preguntando por min. ¿Quen seria?. O mais probable era que houbese un erro. Pola zona non coñecía a naide que preguntera por mín. A distancia desde a aldea hasta alí era de casi tres días en tren. Ou sin casi.
 Cheguei o corpo de guardia, e alí estaba él vestido de paisano. Mellor dito era un paisano.
 Era un paisano en todolos sentidos. Vestido de paisano, e paisano meu. Era de Hermisende.
 Alí diante de min estaba o Goyo.
 Nunca houbera pensado, apriorísticaente, en encontrarme nun cuartel de Cazadores de Alta Montaña, cun mozo de Hermisende, seis ou sete anos mais vello ca mín. Fundamentalmente, coñecíao como veciño de Hermisende, de velo nas festas e pouco mais. As típicas relacións de dous veciños de aldea, sen moito mais.
 Saludémonos,  e coa mesma él invitoune a comer. Non sabía se me deixarian. Falei co capitan de cuartel, espliquelle o que había, e deume permiso hasta a hora de retreta.
 Nunca olvidei aquel día nin o olvidarei xamais.
 Desde aquela, cada vez que nos encontrábamos na bisbarra, tomábamos unhas birras, se habia oportunidade, e charlábamos.
 Fixémonos bos amigos. Era un gran tipo, e encima caíamonos ben un o outro. Ultimamente, fai un par de anos,  foi a última vez que o ví.  Foi en Hermisende no que fora a  antigua casa do “Grilo”. Estaba bastante deteriorado, parece que a sua cabeciña xa non rexía ben. Saludeino, coñeceume, mais a renglón seguido púxose a cantar unha cantiga das que se adoitaban a cantar polos carnavais. Por certo cantaba moi ben.
 Xa dixen non o volvín a ver. Agora entérome que xa abando-ou esta vida.
 Solo podo decir desde aiquí, que era un amigo, unha boa persoa, e que lamento non poder acompañalo na súa última viaxe. Rezarei, coa pouca fé que me deixan ter os representante dun deus que xa nos debeu de abandoar. Espero poder rezarle algún mais.
 ¡ Hasta sempre, Goyo, amigo!







viernes, 11 de mayo de 2012

A Pala dos Albardeiros



 Hai un recuncho no mundo cheo de feitizo e ganas de vivir a pesar da dureza da terra e tamén dá da caluga dos seus acidentais gobernantes.
 Hai, decia, un recuncho no mundo que se chama a Alta Xeabra. E o único recuncho no que inda está o recordo de cando os reis de tres reinos que colindaban nun punto determinado a deliberar as súas renxeiras e merendar xuntos de cando en vez. Ese punto chámase O Penedo dos tres Reinos.
 Pértiño deste Penedo está a famosa poboación prerrománica, nunca dominada polas centúrias romanas , igual que un famoso pobo en Francia que tampouco foi domeñado por Xulio César. Esta famosa cidadela prerromana e autárquica é a famosa en todo o mundo: Val dos Marcos.
 En Val dos Marcos viven de vez en cuando, os descendentes da familia da Barriada de Arriba Os Marcelinos ou os da Igrexa, como queirais chamarles. Tiñan outro nome, mais non me dá a gana de transcribilo.
 Vereis, uns descendentes desta familia, nunha ocasión, xunto cun da familia Lubián de idem, decidiron, nun día de Maio dun ano que xa pasou, decidiron decía ir o nascente do riu Tuela.
 Este riu nace nas vellas serras dos montes de León. No fin, case, da Serra Segundeira, a cabalo dos terminos dos pobos de Lubian, Chaos, Hedroso e Barxacoba.( As clases de xeografía non se cobran).
 Ë o caso, que decidiron facer unha ruta desde os nascentes do Tuela, hasta o famoso santuario da Tuiza. Santuario no que se honra á Nosa Señora das Neves antes do inverno. Apareceu nunha nevada. Coma todas as aparicións, foi a uns pastoriños no mes de Agosto no medio de unha nevada. Inda os pobos de Chaos e  Lubián non se poñen de acordo se foi na terra dun pobo ou do outro.
 Ben, iniciémola andaina desde Barxacoba, subindo as empinadas ladeiras daqueles montes que lindan co termo de Lubián. Ë Barxacoba unha bonita aldea cerca de Porto de Sanabria, Está encaxonada nunha pequena ribeira dun afluente do riu Bibei, afluente que tamén se chama Bibei. Está na marxe direita do pequeno regacho, que rega un pequeno val entre duas montañas,que apenas están separadas por un par de centos de metros unha da outra. ¡Bonita aldea, debeis visitala xunto co cortello dos lobos, e unhas calzadas, seguramente da época medieval, enlastradas, das que xa apenas quedan para ver.!
 Cando estábamos baixando xa, pola beira do Tuela, Xusto, xusto o pasar cerca do lugar coñecido como O Caneiro das Bruxas, indicoume no outro lado do riu a coba Chamada dos Albardeiros.
 Faloume dos dous lugares, especialmente da Pala dos Albardeiros. Non sei o porqué, mais relacioneina coas Alabardas, as famosas espadas prerromanas do Noroeste peninsular. Prometinme a min mesmo volver a visitala outro día.
 Chegou ese día. Armado cunha cámara, unha boa caxata cun ferrón na punta, para subir ben polas morrenas que inda quedan naquelas serras, un zurrón con viandas e un termo de café.
 Cheguei a entrada da pala. Esperaba atopar algo con insculturas. Despous de darle unhas voltas a fraga, buscando algo con que relacionar o nome da pala coas alabardas, non atopei nada.
 Un pouco desilusionado decidin abandonar o lugar e ir visitar o Caneiro das Bruxas. Iniciei a baixada hacia o riu,que tiña que atravesalo para ir o outro lugar. Debaixo  do penedo donde está a pala dos Albardeiros, casi por casualidad, albisquei unha mina, semitapada polo monte. Adentreime por a abertura, retirando parte da maleza.
 Alí había unha entrada soterrada  pola que iniciei unha andaina hasta onde fora posible. Quería explorar aquel lugar. Cada vez estaba mais oscuro. De repente cedeu a terra debaixo dos meus pés e caí por un furado hasta chegar outra vez a terra firme, cun bon batacazo o chegar. Quedei medio inconsciente durante un pouco de tempo.
 Inda medio inconsciente, escoitei unha voz, entre gangosa e atiplada, que parecía estar declamando algo bastante triste. Parecia que falaba dun amor lonxano, dun corazón arrancado con un coitelo afilado, e dunha morea de tempo velando os restos mortais dun amigo.
 Non podía ser. Aquelo tiña que ser inda, os restos da zambucada. Senteime nunha esquina, enriba dunha treixa que alí estaba enrollada. Un adival pros da zona da Terra Chá.
 Cando espertei, pensei que seguia alucinando. O que tiña diante dos ollos era entre cómico e horripilante. Os personaxes que tiña diante eran todos coñecidos.
 Había un de “corpore insepulto”, no alto dun túmulo. Coas mans cruzadas sobre a cintura e vestido cunha túnica de liño pardo. No medio do peito tiña un buraco que le chegaba hasta as costas. No oco era onde estivera o corazón. O corpo tiñao “amojamado”, igual que esas momias que se atopan dentro das pirámides exipcias. Parecia que estaba morto, mais, ás veces xemía e laiabase chamando o seu amigo.
 A carón do “amojamado”, estaba outro personaxe, tamén bastante estraño. Vestido cunha túnica tamén de liño pardo, xa moi gastada sobre todo polo fondo, donde parecía que fora rota para fecer adornos cunhas tiras. Levaba á cinta ceñida unha grande espada, que le arrastraba o moverse. Cada vez que o mojama-esquelete, se laiaba, él acercàbase e falabale de xeito agarimoso e facía ruido co ferro.
 Nunha esquina habia unha figura inconfundible, tanto polo seu porte como polo xeito de estar. Reconocin-no inmediatamente polo “yelmo” que tiña na cabeza: Era o “yelmo de Mambrino”. Non habia dúbida, aquel personaxe era o mismísimo Caballero de la Triste Figura. Estaba ensimismado ou rezando. Coido que mais ben o primeiro, pous do segundo creo que desde que se atopou coa igrexa, alá pola aldea de Santa Comba de Sanabria, xa non o facía. Perdera a fé.
 Nestas apareceron dúas figuras femeninas collidas de ganchete. Cruzaban, paseando e charlando animadamente unha coa outra. O chegar o medio do recinto unha ia hasta o morto-amojamado e a outra hasta o caballero da Triste Figura, facían unha leve inclinación de cabeza, volvian a xuntarse e agarradas de novo reiniciaban o paseo. Entonces, o amojamado suspiraba de maneira arrepiante, e o Cabaleiro da Triste Figura, daba uns saloucos que mesmo parecián os berros dunha dúcia de lobos berrandole á lua.
 Entonces acercouse a min unha espécie de home, pequeno mais rexo, algo patizambo cunha barriga que mais parecía que levaba debaixo do saio un globo terráqueo, que unha barriga. Brazos curtos, maus gordas peludas e dedos curtos tamén, cheos de graxa, como se acabera de facer xabrón, mais sen habelas lavado. Tiña ollos saltois, unhas orellas grandes e desproporcionadas nunha cabeza que apenas se vía, pous levaba unha gorra enroscada na mesma. Supoño que para sacar a gorra necesitaba axuda, ou desenroscar todo.
 ¡Era o fiel escudero de Don Quixote!.- Pregunteille por aquelas personas que alí estaban, e él cunha fachenda casi insultante respondeume: ¡Mira que é vostede pouco letrado!. ¡Aiqui esta a prez da cabaleiria andante que por estas vereas reales, en tempos andivo desfacento entortos, e librando o mundo dos feitizos do desgraciado Merlín e seus amigos, dos que solo se salvaba o Gran Fierabrás.!
 O cabaleiro da cama é o Gran Durandarte, o que o cuida e o seu amigo Montesinos. As princesas que andan paseando son a belísima Dulcinea del Toboso, e a amante de Durandarte doña Belerma. ¡Imaxino que o meu señor e amo, no necesito nomeálo!.
 Cuando saí dalí, baixei a todo correr, cruzando dun salto por enriba do cortello dos lobos, o chegar a él, dun salto cheguei a Lubián onde na vella pensión do Agustín, estaban todalas forzas vivas que foran. Conteilles atropelladamente o que me acaecera, pensando que os ia a asombrar.
 Non fixeron nin puñetero caso. O fondo un vello con cara de coña e chsicandome un ollo dixo: Estiveches na Pala dos Albardeiros, e caiches na cova de Montesinos, ¿Non sí?


martes, 8 de mayo de 2012

Si algunha vez te presentas a ti mesmo.......



 Estábamos cavando as viñas. Era esa época na que xa as cepas tiñan gromos con tenriños acios, que querian decir que unha boa colleita estaba en camiño.
 Daquela xa os días eran longos. Era necesário e saludable, levar unha merendiña, para que o corpo non se viñera a menos co esforzo da guincha.
 A medio día decidimos comer as viandas que nos foran preparadas. Subimos o cimo das viñas, a buscar a sombra dun castañeiro. Cando estábamos dando conta dunha tortilla moi saborosa, e a pundo de repartirnos un cacho de chourizo daqueles que as nosas nais adoitaban conservar en graxa derretida, que facía que estiveran tenriños e xugosos, estalou o primeiro trono.
 Case sen saber como, o ceo foise encapotando, e aquelo colleo a pinta de unha boa tormenta.
 Como xa case tíñamos acabada a xeira nas viñas, convencín o pai de que lisquera para a casa antes de que viñera o forte da tormenta. Eu quedariame a acabar a xeira e baixaria despous o riu a tentar coller algunha bácora, pous de todos é ben sabido que despous dunha tormenta as salmofario entran moi ben a mosca afogada.
 Acabou a tormenta, eu acabai de cavar, e baixei o fondo dos prados de Vilares a tentar ás pintonas.
 Subin riu arriba mandando o engano as correntes do Tuela. Pasei polo pozo dos Barbeiros, e metinme na marañade amieiros que hai arredor da Rabudeira. Non sei se algún de vostedes estaria alí algunha vez. Os amieiros estan mestos, e na maioria dos casos as súas raíces forman na auga unha estupenda maraña na que se esconden as bogas, escalos, barbos e trutas, tamén esconden os ovos dos parrulos e das pitas d'auga.
 Nalgúns lugares, hai que pasar entre dous ou mais árbores e porse de lado, tal é a sua espesura.
 Senteime a fumar un Celtas corto, contemplando a beleza dos raios solares traspasando polo medio das arbores, das suas follas e chegando a estampanarse nos gogos da beira do riu, tamén vendo como o fume do cigarro as debuxaba, alí por onde pasaba.
 Mirando aquelo, que parecia unha cousa do outromundo, tiven a sensación de que a auga deixera de correr riu abaixo, os paxaros cantaban con mais forza e non se sentía ningún outro son, que non fora o trino dos alconchois, e o canto de algunha vazcuallada mesturado co dalgunha miorla truteira.
 Metido naquel momento, no que o tempo parecia que se houbera detido, foi cando, de sútaque, me atopei conmigo mesmo.
 Quedei abraiado de encontrarme a min mesmo, mais cando me fun a saudar, desfixose o feitizo, volvín a meterme outra vez dentro de min, e endexamais me volvín a encontrar.
 Se algunha vez me volvo a encontrar conmigo mesmo seguramente xa non me coñecerei. Un faise vello, as neuronas flaquean e a pereza fai estragos.

jueves, 3 de mayo de 2012

¿EXISTEN AS MOURAS DOS CASTROS?



 Hai días e momentos inolvidables. Hoxe foi un deles. Non podía ser por menos que eu fixera o esforzo de polo, branco sobre negro, e compartilo con todos os amigos e amigas, deste universo de google.
 Ando nestes dias co asunto de pasar a ITV do meu vello vehículo, e facendo de todo para que se manteña inda na estrada, despous de case trece anos de vida e mais de trescentos mil kilómetros percorridos.
 Leveino o servicio oficial, hoxe pola mañá, despous de mercar as pezas que había que cambiar, pous a miseria xa chegou tamén os concesionários de coches.
 Deixeino no taller, preguntei canto tempo tradarían e reparalo, e dixeronme que sobre dúas hora e media. Como o taller está na outra banda de Vigo, eu xa ia preparado para dar unha camiñata polos arredores. Levaba unha chaqueta impermeable a auga, e un bo paraugas. Daqueles que había antes, e que se agora o queres debes ir mercalo a Portugal.
 Empezemos por decir que estaba en Coruxo. O nome xa en sí é case unha imcitación a unha aventura. Coruxo, podería ser o macho da coruxa, ave amiga de igrexas, e camposantos, e faladora polas noites. Seguro que os nosos antepasados os indíxenas prerromanos, xa a debian de ter como ave de agoiros. Bos e maus.
 Decidin subir por un camiño, de terra,  non transitado, en dirección a un castro que, sempre que pasaba pola estrada de Baiona, o miraba e sempre me prometía ir velo.Cheguera o día.
 Cando subía, a media ladeira atopeime cun cartelón que daba a coñecer uns petroglifos nas pedras dos arredores do castro, con indicacións da súa localización e a do propio castro.
 Escollí un dos carreirois que indicaban o aceso a un petroglifo e tamén os castro. Cando subía sentíase o ruido da cidade abaixo, e os cantos do paxaros, que xa deben andar a procura de alimentos para as suas crias, e que de cando en vez se vian saltar nos pinos entre as raiolas de sol que furaban por entre a gallas . Cando estaba a mirar o petroglifo,unhas ferraduras encadeadas como as nosas do Testeiro, albisquei unha bubela cerca de min. Xa ia bastante tempo que non avistaba este enigmático e bonito paxaro. Uns douscentos metros mais arriba xa se via a coroa do castro.
 De súpeto, e case sen darme conta, unha néboa espesa cubriu o castro, e empezou a esgazar auga, como se outro diluvio escomenzera. Menos mal que o parachuvias era de pastor e vaqueiro dos de antes. Libroume dunha boa molladura, tamen axudou unha casoupa reconstruida, que inda que que, co colmado algo estropeado, tamén axudou ó paraugas, mentras durou a zurba de auga.
 Amainou tantiño, e decidin baixar do monte.De súpeto decateime de que nada mais se escoitaba o son da auga caendo no paraugas e nas follas das árbores, e por entre a nebliña todo collera unha forma fantasmagórica. Todo era irreal. A paisaxe do bosque non tiña contornos, non había ruido mais que o da auga, e non se via nigunha clase de vida por ningures.
 Baixei en direción a unha ermida que vira o subir. Non sei se me perdí, mais a ermida non estaba. Vi ao lonxe a zona do petroglifo que vira o subir, e un pouco mais abaixo a estrutura dunha casa a medio construir ou xa medio derruida, eso era difícil de averiguar. De todolos xeitos o verdín xa se apoderera da pedra das paredes. O fixarme naquela casa que o subir non vira, decateime que desde o van da porta, víase do outro lado, o corpo dunha muller debruzado nunha fiestra ollando para o mar, que se vía na ria xunto coas Cies ala, mais abaixo. Tiña unha figura moi elegante e unha cabeleira que le chegaba case os xeonllos. O acercarme, decatouse da miña presencia, e virouse hacia min. Casí quedo estarricado alí mesmo. Aquelo era horroroso. No medio daquela cabeleira so habia como unha raspa de peixe grande e unha calivera cuns ollos grandísimos e fora das órbitas. Cando ia a empezar a correr, tanto a casa como aquela cousa desapareceron como se non houbese estado alí nunca.
 Descubrin o carreirón polo que subira, e con paso que queria fuxir dun estraño ser presentido, casi botandome o alento no cachazo, cheguei a unhas primeiras casas, nas que non habia sinal de vida. Alí no habia nada de signos de que aquelo estivera habitado. Cheguei a conclusión de que estaba no outromundo. Seguro que morrera, e estaba inda pensando que vivia, ou adaptandome a nova situación.
 Baixei un cento de metros mais e de repente atopei a estrada de Baiona, con coches fungando en todolos sentidos, e deime conta de que estaba inda neste mundo, porque un capullo dun conductor meteu as rodas nun charco, e deixoume como se saira dun charco de bulleiro nos días de inverno en Sancibrao.
 Nesto pasou por alí unha muller encorvada, cun pano negro na cabeza e cunha cesta de mentrastos colgada do brazo e díxome:
 ¡Parece que viu vostede a fada-serea, do castro da Moura!

miércoles, 2 de mayo de 2012

¿HASTA CUANDO TENDREMOS QUE SUFRIRLOS?



Despropósitos de malos gobernantes. ¡ Nos estamos habituando a sus despropósitos!
Veréis. Uno que ya empieza a peinar canas e todos los lugares pilosos de mi cuerpo, después de vivir épocas de las que es mejor no acordarse, aunque sí hay que tener presentes.
 Algún día hablaremos de aquellas manifas barcelonesas, en las que las calles de acceso a la de tránsito de la manifestación, estaban tapadas por camiones, furgonetas y alguna cosa más. Manifa que al llegar a la plaza España terminaba, y allí era la guerra total. Los grises con caballos, disparaban, no sé si al aire o a los desperdigados y “peligrosos” manifestantes. Yo “solo” recuerdo aparecer cerca del Prat, después de pisotear campos de patatas y similares, pero con solo un zapato. El otro quedó plantado.
 Pasando a la actualidad, nos vemos metidos de hoz y coz, en cosas que, bajo mi débil punto de vista, no deberíamos permitirle a los políticos.
 Solo como ejemplo quiero hablar de la situación de Asturias.
 En esta comunidad ya llevan dos convocatorias de elecciones consecutivas. En el horizonte se presentan, u otras nuevas o una alcaldada de algo que le llaman justicia.
 A mí se me ocurre una cosa simple y muy sencilla:  Los asturianos ha votado. Parece que hay un empate entre dos partidos de derechas dos de izquierdas y un diputado que nadie, ni ellos mismos, son capaces de ubicar, pero que en definitiva le han votado.
 Como parece que lo que los políticos quieren es gobernar ellos ( de todos es sabido que esa gente está en posesión de la verdad absoluta), pues prefieren ir de votación en votación, hasta la derrota final (perdón Groucho).
 Visto lo visto, lo que menos les interesa a estos supuestos salvadores patrios, es la comunidad. Lo que les interesa es estar en el “machito”, ver las posibiliddes de tener pensiones garantizadas al nivel mas alto, llevarse unas indemnizaciones millonarias, y contar, si es necesario, que ellos asumen su responsabilidad políticas. Las leyes también las hacen ellos, y ahí no modificarán. Por cierto, ¿Por qué no pedimos que las leyes no sean aprobadas por ellos?. ¿Porqué no se someten a referéndums, y que no puedan ser modificadas por decretos?.
 Supongo que los políticos, tal como han dicho en sus mítines, lo único que quieren es el bien de su país.
 Pues bien como tanto los de derechas como los de izquierdas y los del centro, están para mejorar la calidad de vida de sus vasallos, (Huy, ¡en qué estaría yo pensando!?
Los ciudadanos quería decir, lo tiene fácil; en vez de poseer la verdad cada uno,lo que deberían hacer es llegar a un acuerdo de gobernanza, para no gastar mas dinerito del erario publico y traga sapos unos y otros, llegando a la conclusión de que así a lo mejor no podrían tener esas pensiones, pero sí pelear a ver cuales son los que mejor lo pueden hacer, a favor de sus conciudadanos..
 ¡Pido a los que me pongan la camisa de fuerza, que no me la aprieten demasiado.