sábado, 21 de abril de 2012

UNHA GRANDE FUNCIÓN



 Cando había un enterro pola banda da moradía do meu sogro, unha vez que aquel acababa, sempre preguntaba pola función. A pregunta era : ¿Qué tal a función?.
 Pasado un pouco de tempo entereime que a función, para o meu sogro dependía fundamentalmente do número de cregos que oficieran. Unha boa función  para él tiña que ter por enriba de dezasete cregos. Nunca le preuntei o porqué daquel número.
 Hoxe lí na prensa que a súa Don José, seguro que le oubera gustado moito o meu sogro; Catro arcebispos, seis bispos e cento vintedous cregos. ¡Menuda función!
 Nos oito días que compartimos habitación no hospital, prometinle ir velo a residencia na que estaba. Non fún. Nunca pensei que nos ia a deixar tan pronto.
 Recordo as conversas que tivemos. Tamén cando le preguntei como debía chamarle e vostede díxome que José. Don José para min esto digo-o eu. A berba Monseñor non me gusta nada. Recorde que nunha daquelas conversas díxenle que seguramente, ou ben vostede me levaría a o ceo ou eu o inferno a vostede. Espero que suceda o primeiro, pois eu nin catégoria teño para o segundo e ganas moito menos.
 Quedoume de vostede un agradable e garimoso recordo. Coido que debeu de ser vostede unha persoa dialogante e amiga de axudar a xente. Polo menos eso e que deducín despous de falar con xente que o tratou.
  Espero que agora xa non teña a necesidade de facer a homilía, e ir o seu despacho, cousa que, entre medio adormilado as veces repetía.
 Pregunteile que qué le parecia Mendez Ferrín como personaxe das letras galegas a raiz dunha conversa sobre él, e vostede díxome que era un bo escritor, mais que era pouco piadoso. Prometole falar con él cando teña a oportunidade e decirlle-lo.
 Tamén le pedín a opinión sobre o jefe supremo da igrexa española, e respondeu que era un home cunha moi boa cabeza e un grande organizador e dirixente. Non se estendeo mais.
 Como le dixen, eu non son católico practicante. Bauticéronme e formo parte dunha igrexa coa que non estou de acordo. Non ven ó caso falar da miña posición o respecto xa o fíxemos. Solo le quero decir que, tal como tamén le dixe inda sei rezar o Pater Noster, eso sí en latín, un xa o recei por vostede, e espero que non sexa o último. Espero que por facelo eu, non le sea contraproducente.
 Desexole que todo aquelo no que vostede creia, le sexa concedido..
 Agora solo quero pedirle u favor: Días atrás, morreu tamén na miña aldea de Sanabria, onde o invitei a pasar algún día, morreu decía, o hirmán dun bon amigo meu. Pídole que pregue por él, mellor dito, polos dous hirmáns. Tamén merecen unha mellor estadía .
 Perdoe o meu galego, non é académico coma o de vostede, pois tento que sexa, sin moito acerto, como o que falaban os meus antepasados na Sanabria Alta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario