sábado, 14 de abril de 2012

UN MISTÉRIO EN VAL DOS MARCOS.



 As mulleres rezaban, os homes facian corros aconsellándose. Os rapaces non saían da casa. O medo e o pavor apodereranse da aldea.
 Desde que aparecera por alí a primeira vez, cada vez era  mor o medo da xente. Xa facía deso dous meses e naide fora capaz de desentrañar o enigma. Viñera a Guardia Civil, viñeran uns especialistas, o parecer, e como se nada.
 Todos os luns, as oito da tarde en punto, primeiro subía desde o riu unha nebliña espesa que se enganchaba en tres castañeiros vellos, que estaban dous na parte direita do camiño e o outro enfrente. Se su unisen cunha linea de castañeiro a castañeiro formariase un triágulo equiulatero perfecto.
 Os dez minutos exactos, levantaba a neboa e no medio do camiño quedaba unha carroza con dous cabalos no tiro.
 A carroza estaba cerrada, tiña duas portas unha de cada lado, e o pescante tamén cerrado, onde entraban as rendas dos cabalos. Non se via a ninguén, mais aquelas rendas indicaban que ian ás mans de un conductor da carruaxe. Era de cor azul mariño e nas portas levaba unha cruz vermella, como as propias da cruz vermella.
 Os cabalos eran case roxos, cunha pelaxe relucente e dunha alzada considerable. Tiñan as crins brancas.
 Estaban outros dez minutos xustos. Cando ese tempo pasaba, os cabalos paseniñamente escomenzaban a camiñar camiño arriba en dirección o Castro da Centinela. O rousar no rouso do Camiño Novo, nadie vira nunca pra onde ian. Desaparecian misteriosamente.
 Solo nunha ocasión que un neno de sete anos se le escapera a pelota, coa que xogaba, hasta as patas dos cabalos, acaeceo algo que demostrou que a carruaxe estaba con xente. O acercarse o neno a buscar o seu xoguete de maneira vacilante, abriuse a porta do pescante e baixou un home alto, vestido todo de branco, calzado branco e luvas tamén brancas. Colleo a pelota e acercándose o rapaz entregoulle-la con moito agarimo. Pasoulle-la  man pola cabeza e voltou a subir o carro e pechar a porta detrás de sí.
 A primeira vez que veu a guardia civil, a petición dos veciños, cando aqueles quixeron acercarse a falar con algúen da carruaxe, de súpeto o carro quedou envolto na néboa, e o desfacerse ésta alí xa non habia nada. Solo quedaban as marcas dos ferros das rodas e das ferraduras dos cabalos. Estas marcas tardaban tres días en desaparecer, inda despous de que pasara a res por enriba varias veces.
 Todolos luns a aldea abarrotábase de xente que viña de todolos puntos, pois a noticia estenderase mais alá dos lombeiros, chairas e vales.
 Sempre que alguén tentaba acercarse, sucedia o mesmo. O carro quedaba envolto na néboa e o pouco desaparecia. Os fotógrafos, nunca conseguian que as súas cámaras rexistrasen aquelo. No lugar onde fotografiaban, a carroza sólo saía un dos castañeiros dependendo desde onde fose tomada a fotografía.
 Nada nin naide era capaz de dar unha explicación a aquel feito.
 Ós sete meses da primeira ocasión na que apareceron por alí, sucedeu que un home da aldea, de mais de cen anos, un domingo finou. Estaba considerado o home mais xusto de toda a comarca ainda que tiña algún enemigo sobre todo no eido da política e tamén non se levaba demasiado ben cos curas.
 Morreu as sete da mañá do doingo. Os amigos e amigas veleron o seu corpo na súa pequena casa hasta o día seguinte no que sería enterrado fora do cemiterio da iglesia, pous esta non quixo que fose enterrado no que ela chamaba terra sagrada.
 O enterro estaba previsto para as sete e media do luns. Naquela ocasión as oito, non apareceu o carro cos cabalos, nin a néboa. Era un día radiante do mes de xuño. O corpo do ancián foi levado ó cemitério feito polo concello. Non apareceu por alí ningún crego.
 Leveron o cadaleito hasta a última morada daquel ser humano que abandonara esta vida.
 O acompañamento foi multitudinário, pois como xa se dixo, aquel home era moi querido e respetado, sobre todo polas persoas humildes.
 Quedou , o fin, descansando o corpo daquel home. Cando xa a xente se retiraba ás suas casas e lugares de procedencia, sen saber de onde saira, apareceu sobre o cemitério unha néboa radiante e branca, que foi collendo o corpo dunha carruaxe, con catro rodas en cada esquina. As rodas tiñan unha forma parecida a unha esfera armillar. Era como se puderan rodar en calquera direción e de maneira independente unhas das outras.
 Nas cuatro esquinas do carro elevábanse catro columnas de marmol branco e case transparente. Tiñan enriba unha cuberta dourada, e debaixo, no que seria o estrado, parecia que habia lume.
 De sútaque, saiu do lugar onde fora enterrado o ancian unha, como lengua de fogo, que foi atraida hacia o carro, que por certo non tiña, nesta vez, cabalos. Co mesmo silencio co que aparecera foise deslizando Ladeáiro arriba hasta desaparecer en direción a unha estrela que xa alumeaba no medio e medio da Via Láctea.
 Nunca se volveo a ver ningún daqueles carros.
 Habia un home que sabía o que sucedera: Era o home do Capote Remendado.

2 comentarios: