jueves, 29 de marzo de 2012

Carta de Cormanlareiro


  

Querido amigo: Quero contarte o que me aconteceu un día nas Muradellas.
Tamén te contarei como levamos a Quinta que teño en Vinhais.Esto outro día.


 Ë o Tuela un gran riu que percorre desde as serras do concello de Lubián, o estreito e garimoso val comprendido entre a Tuiza e a ponte do Cunqueiro, na raia con Portugal.
 É un riu dos  que adoitan levar moita auga durante e despous das grandes nevadas e choivas e pouca nos meses do estío.
 Tamén é un riu que agocha grandes segredos e histórias que as veces non son demasiado coñecidas.
 Ten pozos con nomes tan bonitos e suxerentes como; Os Olmos, As Conchas, Os Barbeiros, O Xardín, O Forno, algúns mais hasta chegar o pozo da Moura, na divisória aproximada entre os terreos de Castrelos e Lubián.
 Aparte de todo o dito, este pozo ten unha característica especial; fai de defensa natural nunha cividade castrexa pequena que agora é coñecida co nome de castro das Muradellas.
 Este pozo e o resultado de una depresión, unha mais, existente no cauce do riu que ó ter que seguir a súa andaina hacia Portugal, enche a devandita depresión para poder verter a auga pola zona mais axeitada na parte mais baixa, para poder siguir o curso.
 Na parte baixa hai unhas cuantas fragas graníticas,  que van dunha beira a outra que semellan unha preseira. Pozo arriba, na marxen esquerda do Tuela está o castro, e enfrente o riu fai un pequeno remanso donde se acumula moita auga. No noso argot, alí a auga dá por enriba das partes pudendas cando están por enriba da gorxa. É decir que cubre.
 Un día do mes de Agosto de non sei cando, decidin acercarme por alí a coller arandos. Na parte alta do pozo da Moura hai unhas arandeiras preciosas, nunha pequena terraza á que é difícil aceder sen correr o risco de caer ó riu.
 Como era no vrao, e facía calor, decidín subir hasta as arandeiras nadando pozo arriba. Espinme e deixei os pantalóns e camisa, supoño que tamén levaba calzoncillos mais non estou seguro, metido todo nunha urz da beira.
 Cuando subía cara o pozo coa idea de mergullarme e chegar as arandeiras, detrás dunha das pedras que parecian formar a preseira, descubrín case de reollo a cauda dunha enorme truta. Desapareceu hacia arriba en direción a zona mais fonda do pozo.Facía unhas grandes ondas.
 Solo puiden ver que era moi grande, seguramente mais de metro e medio. Mais que nada o calculo fixen-no pola cantidade de auga que desplazaba.
 Durante un bon pouco, estive ollando para ver se a volvia  ver, mais todo foi en vano. Entonces, picado pola curiosidade, fun nadando hacia o lugar onde a vislumbrera por última vez. Alí o pozo era fondo, e desde a superficie non se via nada, polo que decidín chapuzar. Enchí os pulmóns de aire e baixei os catro ou cinco metros de profundidade. Ali abaixo non habia nada nin naide. Volví a mergullarme un pouco mais arriba e de sútaque, pasou diante de min o que parecia a truta. Tiña una cauda grande, podia medir efectivamente algo mais de metro e medio. Pasou a tal velocidade que apenas puiden vela ben. Xa sabedes que debaixo da auga as figuras deformanse para os ollos humans. Así e todo quedoume na retina que aquela cousa tiña cara humana. Farteime de cachear o pozo, mais non conseguir mais nada. Cando xa case non habia sol na zona, e xa ia sair, acordeme de que queria coller os arandos. Subí ó cimo do pozo e collí unha bolsiña deles, que levaba a tal efecto. Volví a baixar nadando, e o pasar xusto por baixo da muradella, pareceume ver una entrada hacia a terra. Pareceume que era a sombra a que facia o efecto visual de entrada.
 Acordeime de que o pozo chamábase pozo da Moura. ¿Sería ela, aquello que ví?
 Volvería outro día con mais tempo e mais preparado.
 O que sucedeu no outro día, contarerito nunha proxima.
 Unha aperta.

2 comentarios:

  1. Carallo! O cormanlareiro tiña ganas de arandos que veu un peixe con cara de persoa, máis as ganas dos froitos púdole máis que a sorpresa...
    Un gran relato parente!

    ResponderEliminar
  2. Xoumeco: Cando eu era un rapaz se le decias algo ós vellos que non le gustaba, por alí, decian . "vai os arandos", que era tanto coma mandarte a postura do sol.
    ¡O pozo chámase "O poza da Moura". Haberá que telo en conta.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar