miércoles, 8 de febrero de 2012

A LENDA DE SAN ANDRES DE TEIXIDO


 Hai en Galicia un pequeno santuário, que é menos coñecido que a grande catedral adicada ó apostolo Sant Iago. Hai maliciosos que dín que neste último non está soterrado o apostolo de Xesús, senón o primeiro mártir galego decapitado polo poder terrenal acusado pola envexa de uns cregos que xa daquela empezaban a ter privilixeios terrenais: Prisciliano. Esto é outra históri.
 O santuário de San Andrés de Teixido, que é ó que nos queremos referir, está no concello de Cedeira na parroquia de Régua. Está a aldea deitada na pendente menos agreste da serra da Capelada.
 Nesta serra están os cantís mais altos da peninsula, e seguramente os terceiros mais altos do mundo.
 A peregrinación a San Andrés parece que se iniciou na idade do  ferro. Mais tarde o apostolo Andrés, de Xesus de Nazaret, veu á fin do mundo a cristianizar a comarca, mais o marketing de Santiago, debía ser mais efectivo que o del, e por cada peregrino que chegaba a súa capela en Teixido, chegaban mais de cen a Compostela.
 Andaba, entonces o pobre Andrés un pouco amuado, vagando pola serra e os seus carreiros, con algúns ciumes do seu colega de Compostela por mor da pouca asistencia que tiñan os seus dominios. 
 Estando nesas, atopouno a Noso Señor, que viñera a dar unha volta polo finisterre a ver que tal andaban as captacións de feligreses, e que se acerquera a darle ánimos. O velo tan apenado preguntoule que le pasaba, o que o apostolo respondeo:
 “Divino Mestre: ando cabizbaixo e triste porque, vexo que de todo o mundo veñen xentes a visitar o teu discipulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiños para que xente chegue anda él; sofren e padecen nas longas viaxes hasta Compostela, e con todo a humildade Señor chegan. En troques ninguén vén  a pé de min.Sempre estou soliño ou case, coma se eu nor fose tamén un voso apostolo.”
 O Noso Señor, mirándoo con agarimo díxolle:
 Está ben, Andrés, ti non serás menos que Xacobe. De hoxe en diante prométote que ninguén entrará no ceo sen ter visitado o teu santuário, polo menos unha vez na vida; e aquel que non o faga en vivo terá que facelo despois de morto.
 Desde aquela quedou o dito de que A San Andrés de Teixido, irá de morto quen non foi de vivo.
 Cando os romeiros van a San Andrés, non poden pisar ningún becho que se les cruce, nin matar ningún. Tanto voador como reptil, pous as almiñas dos mortos que non foron de vivos metense en corpos de animais pequenos para cumplir co mandato Divino. Xa sabedes que os camiños do Señor son infindos, e axuda a todos os fieis  a ir a San Andrés de Teixido do mellor xeito posible.
 Nunha ocasión ian a San Andrés de Teixido uns mozos de Lalín. No camiño, no penúltimo milladoiro, antes de chegar a aldea atopáronse cunha calivera. Un deles atízoule unha patada hacia adiante e a calivera rodou polo camiño. Animados os outros fan o mesmo e acercanha un treito. Entón un dos mozos dile os demais que é mellor deixala, mais outro contesta: “ E mellor levála hasta a aldea, pois xa queda pouco. Podemola invitar a comer con nos o chegar”.
 Chegan a San Andrés; Alí a caliveira múdase na cabeza dun cristián que les dí ós mozos “Moitas gracias, amigos, pois coa vosa axuda puiden chegar ata o Santuarío pra poder facer a romaxe que non fixen en vida”.

( Información sacada de relatos de L. Carré Alvarellos, dunha lenda publicada na revista Nos e das Lendas Galegas de tradición oral recopiladas por González Reoredo adaptada por G. Fernánde Alvarez).

4 comentarios:

  1. En la película: El bosque animado, nos dieron una idea de las mil historias de Teixido, fue maravilloso poder soñar con el pobre bandido (cahonsoriaaaa Alfredo Landa) jejejejejeeje
    la santa compaña y mas mas mas.
    Galicia profunda vista por castellanos desde la lente del cine.
    Gracias por tu relato Xabres

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que eu xa fun.
    Agora toca levar os fillos un ano destes.

    ResponderEliminar
  3. Sanabria: Galicia como León y el norte de Portugal, se diferencian muy poco en todo. Aunque haya muchos, demasiados, que quieran o les guste lo contrário. A mi me importa mucho la gente, y esta lleva consigo sus creencias, tradiciones y supersticiones.Es difícil distinguir el grano de la paja, cuando todos hemos sido adoctrinados.
    No quería ser demsiado criptico.
    Un saludo cordial.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo: Eu tamén xa fun, mais cando eso sucedeu non coñecia a lenda. Estou contento, pois así, o mellor, non levan a miña calivera a patadas. Se non doe dame igual.
    Espera un chisco para levar os cativos. Que se enteren cando vaian.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar