lunes, 6 de febrero de 2012

IN MEMORIAM.


 Nacera nunha familia de agricultores de subsistencia. Nacera na mesma terra de direxentes políticos coñecidos. Era intelixente, traballadora e moi fermosa, moi fermosa.
 Casou noviña. Casou cun veciño despous dun noviazgo desde case nenos.
 Había que gañarse a vida. Unha vida nova.Seguian aquel dito antergo que dice : o casado casa quere.
 Na terra que mais políticos ten dado, non habia choio. O choio estaba en terras onde escaseaban os politicos. O mellor é por eso que nesa terra non hai choio. Os políticos debense a aqueles que le pagan por defender as suas ideas, mellor pagar que baixarse a traballar. Podense romper a unllas. Esas unllas que solo estan sucias cando hai que metelas na “fariña”.
 Bilbao foi a sua segunda terra, traballeron a reo para sacar a sua vida adiante, e mais tarde os fillos, que xa son mais vascos que galegos.
 Hoxe, despous de oitenta e catro anos de vida e sesenta vivindo no Pais Vasco, deixounos. Decidiu que era hora de descansar, e marchou nesa viaxe que algú día  todos emprenderemos.
 Deixa dous fillos, e catro netos. O marido xa se adiantou na viaxe en uns vinte anos, Os Altos Hornos, era o que tiñan, a mania de acortarle a vida a aqueles que facian posible a súa existencia.
 Vai moi pouco tamén morreo un politico da mesma terra. Tanto os estamentos civís como a igrexa co seu mandamais a cabeza, que tamén é da mesma terra, fixeronle os honores. Houbo panexíricos de todas as cores, algúns facian a un porse roxo de vergoña allea. Os medios de comunicación, a pesar dos estacazo que este politico les atizou, tamén inclineron a cerviz. ¡Que pena!
  A miña amiga, non saiu nos medios, nin sairá. Salvo a familia nadie se acordará dela. Seguramente a ela importarale un  carallo. Importábanle moito a súa familia, os amigos e a boa xente, o demais dábale igual, tirando a nada.
 Hoxe quero deixar constancia aiquí de que Puri Lage Grandio, era unha muller amante da familia, e amiga das suas amizades, e transixente en casi todas as debilidades humanas.
 Puri: Non te preocupes por non ter sitio nos medios de comunicación. Que sepas que por aiqui seguirásete a querer e mentres a memória esté activa estarás nela, igual que todos aqueles que te precederon, os que tamén queremos.
 

1 comentario:

  1. Por casualidad, me enteré de que alguien había escrito unas letras a Puri. Inmediatamente me abalancé a su lectura para averiguar quién se acordaba de esa señora, que pasó por la vida sin hacer ruido, pero que a mí me dejó un poso. Parece que también a tí. En definitiva, lo único que queda es eso.
    También tú y Angela y Héctor habéis dejado eso en mí.
    Gracias por esas palabras de recuerdo hacia mi madre

    ResponderEliminar