miércoles, 22 de febrero de 2012

CRENZAS DE XENTE NA REPUBLICA DOMINICANA.


 É unha rapaza moi áxil e lizgaira. Non para nin un momento detrás da barra do bar onde traballa. Atende os clientes, mete a louza no lavavaixelas, pasa o pano limpando as pegadas dos vasos e botellas e tamén colle a basoira pra retirar os restos que  o personal, guarro as veces, deixa polo chan.
 Outro día, aparecin polo bar, a tomar un “chupito”, de licorcafé, e por unha desas casualidades que hai as veces, estivemos os dous solos.
 Desde tempo atrás tíñamos pendente unha conversa. Mellor dito era ela a que tiña, unha promesa feita. Medio en broma medio en serio, eu preguntérale se coñecia algunha história da sua terra e xentes. Díxome que tiña moitas, mais que sobremaneira acordábase de unha que le sucedera a ela.
 Ela chámase Jhoane, é natural da República Dominicana, e veu a España coa  idea de aforrar uns poucos euros, para voltar a sua terra e invertilos en algo que le proporcione un traballo e unha maneira de vivir. Non le preguntei os anos, mais non debe ter inda os trinta.
 Aprecian-na no choio, e seguro que aforra cartos para montar algo. Espero que le vaia moi ben. Creo que o merece.
 Eu pedírale que me contera algo desas cousas que por alí son tabú, como os embruxamentos ou os males de ollo ou cousa parecida. Dixo que me ia contar un acaecido real que le pasara a ela e a seu hirman, un ano mais vello que ela.
 Empezou:
 Vivíamos nunha casiña nun barrio de Santo Domingo. Era unha casa de planta baixa. Morábamos na casa os catro, os nosos pais, meu hirmán e mais eu. Nos tíñamos, eu sete anos e meu hirmán oito.
 Durmíamos os dous no mesmo cuarto. A casa era pequena; o noso cuarto o dos pais e unha cociña que tamén facía as veces de comedor.
 A casa estaba, como case todas as do barrio, tellada con planchas de cinc, e con paredes febles e fiestras sen moita seguridade. Nos barrios pobres naide entra a roubar a miséria dos veciños.
 Sucedeu que durante un tempo, cando se levantaban os dous hirmans pola mañá, aparecian con marcas como de mordeduras e chupons, nos brazos, pernas e outras partes do corpo. Aquelo molestábales, tiñan escozores e algún pequeno dolor nas zonas afectadas. Os pais, despous de uns días, leveron-nos a un médico que non lle deu demasiada importancia a aquelo.
 Apareceron mais casos iguais polo barrio, e escomenzou un run run entre os veciños. As autoridades non fixeron caso e a cousa seguia.
 Unha avoa dos rapaces, díxole os pais que seguro que era unha bruxa. Debian de vixiar que non entrera pola noite nada nin naide no cuarto.
 Na primeira noite de vixilia, estivo hasta mais de media noite a mai con eles. Non pasou nada e a mai foise a súa cama. De madrugada os rapaces sentiron un ruido no teito de cinc, e o pouco tempo sentiron unha presencia dentro do cuarto. Chameron polos pais e cuando este viñeron, o parecer saiu pola fiestra un gato negro. A rapaza e o hirmán decian que tiña cara de persoa.
 Como a cousa tamén pasaba noutras casas, os veciños formeron patrullas nocturnas para vixiar, o que non facian as autoridades. Foise descubrindo as andainas dun gato negro que rondaba os louxados e liscaba sempre a unha casa que estaba arredada das outras e na que vivia unha señora vella.
 Unha noite cerqueron o gato nunha casa, mais non foron quen de collelo, pois choutou polo alto dos louxados saltando dun a otro. Unha muller levaba un fardelo con sal e o pasar o gato por enriba dela, mandoule uns puñados de sal que o fixo caer o chan. Mais cuando caia viron que collia a forma da muller vella da casa isolada. Tenteron collela, mais ela, bufando e pegando choutos conseguiu chegar a súa casa da que saiu montada nunha vasoira.
 Este foi o relato de Jhoane.
 Pregunteile se souberan algo mais da vella. Dixo que había tres versións. Unha era que morrera. Outra que se desficera no aire. Mais ela pensaba que a real era a que decia que lisquera para unha praia na que habia unha cova onde vivia, e seguia de cando en vez chuchando nalgúns meninos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario