jueves, 23 de febrero de 2012

COUSAS QUE SE PERDEN NA ALTA XEABRA( Y EN LA BAJA) -FIN



 Probable orixen do carro xabrés e galego.

 ¿Quén sabe cantos séculos levaban os carros dos nosos antergos rodando polo mundo?.No Piamonte italiano, nunha descuberta arqueolóxica feita na terramara de Mercurano, ó pé dos Alpes apareceu unha roda coma as que teñen inda os carros que quedan enteiros por Val dos Marcos. Teñen un mión dúas cambas e os ollais. Esto era na terramara de Mercurano na Idade do Bronce. Según  Florentino López Cuevillas, no Miño portugués, no exvoto de Arnoia, hai duas xugadas xunxidas en dous carros; O exvoto de Arnoia e conteporáneo dos nosos castros, polo que antes, xa antes da Idade do Bronce, na Idade do Ferro, xa os carros andanban dando berros polos camiños e inundando os vales e lombeiros dos seus rechouchíos.
 ¡Cantas veces, eu os teño escoitado, traendo centeo, torgos, rachos e levando esterco nos renovos!
O mellor tamén serviron para axudar nas liortas das invasión tribais e non tribais. ¡Cuantas cousas nos podian contar se é que teñen entre eles a súa história!¡O mellor os cantos eran unha maneira de referir a súa!
¡Xa teñen desaparecido tantas cousas, que me temo que os carros non le queden xa días!
  Tamén me quero laiar de todas esas cousas que agora están en vías de desaparición, que se non hai remedio marcharán con todo aquelo que xa desapareceu, ainda que hai cousas que sería importante preservalas como parte dunha cultura que foi destas terras, sempre olvidadas, e as veces algo asoballadas.
 Xa desapareceron vestidos tradicionais ou case, enseres e apeiros de labranza, as maneiras de falar, esa fermosa fala entre galego portugués e castelán, que xa os novos caseque non coñecen. Ë como se unha airazada arrastrera eso como se fora unha névoa.
 Tamén morreron crenzas e costumes, bailes e música e cancións.
 Xa non se fai seitura e como consecuencia non se sinten as cantigas dos seitureiros, nin os berros dos mesmos.
 Son dos que opinan que cualquer tempo pasado non foi mellor, mais todo aquelo que formaba parte dunha cultura,deberia terse en conta. ¡A cultura dos nosos antergos!
 O carro tamén se marcha con todas estas cousas. O malo é que chegados o punto actual dunha economia que solo fixo que especular,  e tentar ter un crecemento sin límite e sen ter en conta que estamos vivindo nun Planeta no que todos os recursos son limitados. Digo mais: OS RECURSOS DEBERIAN SER DE TODOS E NON SO DE UNS POUCOS.
 ¿Qué estarán pensando todos aqueles que viviron da terra, querendoa, conservandoa, e tamén as veces odiandoa polo escaso rendemento?
 Inda recordo eu as verbas dun vello de Sancibrao con relación o lume que queimaba os montes. Decia que o monte solo se debia queimar cando era totalmente preciso, e se había que facelo deneriase facer con moito sentidiño, pous en definitiva, era de onde se vivía.

4 comentarios:

  1. Muitos dos saberes dos nosos ancestros desaparecen como os carros e apeiros de labranza e quen sabe se teremos a obriga de empregalos de novo.
    É unha verdadeira mágoa.

    ResponderEliminar
  2. ¡Oes!, Xa lle escoitei a un gurú da economia, que leva dando todasas as suas predicións no cravo, desde vai vinte nos; que á crise sistémica actual, suederale outra da enerxia. ¡Pois ala a sachar a man e volta a cuidar vacas, que tampouco era tan malo!

    ResponderEliminar
  3. Yo también lo pienso, Xabres: cualquier tiempo pasado no fue mejor. Pero conocerlo bien quizás nos ayude a que el futuro sea... distinto. Además es un acto de justicia, leñe: somos lo que somos por los que estuvieron aquí antes.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  4. Xibeliuss: Dicen por ahí, que la historia debe conocerse para no reincidir. Creo que es verdad. Efectivamente, creo que se lo debemos casi todo a nuestros antepasados y a sus sacrificios.

    ResponderEliminar