sábado, 4 de febrero de 2012

CARTA OS ADMIRADORES.



Querido mundo mundial:
                                          Xa vai uns poucos días que non poño signos, eses signos que chamamos letras, uns detrás dos outros os cuais según o antiguo Catón daban lugar as sílabas e estas unidas as verbas.
                                          Pous ben, non é por perguiza, nin por non ter ganas solo é porque últimamente estou algo atarefado.
                                           Vereis, desde fai un tempo iniciei unha actividade nova, que en principio absorbeme tempo e as veces capacidade mental. Empecei a estudiar algo que a medida que vou coñecendo mellor mais me absorbe. Estou estudiando música.
                                           Solfeo e instrumento. Eso é a miña iniciación no mundo músical.
                                           Teño a sorte de ter dous profesores moi avezados nese mundo músical ainda que son bastante novos. Levan mais de quince anos estudiando música, interpretando música, dirixindo orquestas e ensinando, e inda siguen nelo. Quero decir con esto que eu terei a sorte de estudiar, e cando morra inda non saberei casi nada. E bonito pensar neso, é casi como a propia vida, cuando a acabas seguro que inda non a coñeces demasiado ben.
                                           Non quero descubrir que tipo de instrumento estou estudiando, ainda que polo que me dicen nas aulas, parece que escollín un dos mais difíciles. Eu pensaba que non. Ignorante que é un.
                                           Bueno o caso é ese. Xa empezo a ter ofertas de vários directores mundiais para que les dé color os seu concertos, claro que agora estou liado cunha familia de negras, blancas, redondas, corcheas e demais damas deste mundo. Tíñais que velas, cada unha coa súa forma, os seus falares e demais. Todas tentan que eu me enguedelle, e a bofé que as veces o consiguen.
                                           Na próxima vez que fale desto, xa vos direi onde podedes conseguir mercar as marabillas misacais dun Xabres da Teixeira e Sancibrao, namentras recibide todos unha forte aperta deste avo “Cebolleta” que seguirá dando a tabarra coas súas histórias.
                                          Hoxe entereime do pasamento do amigo Angel do ti Fidel, como non quero facerme o falador ou escribidor de decesos na nosa terra, solo decir que era un home o que eu tiña moito cariño, e constame que él a min. Non sei se Deus me fará moito caso, mais o meu Pai Noso non faltará. A miña devoción o mellor sí. Espero que o Gran Facedor non teña en conta esto último, e o axude no pasamento.
                                          Sen mais por hoxe, recibide todos unha aperta como xa dixen, e a ver se dentro de pouco nos vemos pola terriña.
                                          Abrazos.

                       Firmado: Xanbrés da Teixeira.

4 comentarios:

  1. Xa dirás que instrumento é. Amin seméllanme difíciles todos.

    ResponderEliminar
  2. Paideleo: é o clarinete- Vou facerle a competencia á Meyer- je..

    ResponderEliminar
  3. Algo me comentaran... Cando aprendas, podes ensinarme a min, que nunca esudiei solfeo e boa falta me faría, inda que a guitarra está apoiada nun rinconciño, jejeje.
    Últimamente entro de vez en cuando a cotillear, pero non deixo rastro.
    Biquiños!! Masé.

    ResponderEliminar
  4. Ouuh, Masé, ti por aiquí. Menudo subidón me das. Eso de ensinarte solfeo está feito, mais primeiro terei que aprender eu. Coido que vai pra largo, ainda que xa son quen de darle un chisco de xeito o "himno de la alegría".
    ¿Que tal os axames?. Un biquiño.

    ResponderEliminar