martes, 3 de enero de 2012

PRIMEIRO DIA DAS FESTAS DE REIS-




 Nestes días os mozos de Val dos Marcos andamos atarefados cos preparativos da festa do reinado.
 Nos días pasados, estivemos arrancando torgos. Decidiuse arrancalos na Estante, na beira do camiño, pous así sería mais doado cargalos no carro.
 Había neve e houbo que desenterralos duas veces, unha da neve e outra da terra.. Aparte dos mozos, tamén axudan os menos mozos. Incluso algún casado que parece quere entrar nas farras destes días.
 Ben mirado, nestas datas apenas hai traballo que facer na aldea. Escaldeirar os prados, e facer leña agas de levar as vacas o monte igual que a “res”. Polo tanto está ben que se sume xente, así hai menos oposición nas casas, pous o haber polo menos un membro da familia metido en farra, seran mais expléndidos co aguinaldo.
 Hoxe toca ir cun carro a buscar os torgos. Todolos traballos relacionados coa festa fanse sen concurso de vacas. Todo feito a mau.
 Decidiuse levar dous carros, pous torgos saquéronse abondo e así en dous carros é mais doada a acarrexa.
 Escolléronse dous carros dos mais novos da aldea. Adorneron-os as mozas, que tamén andan na tarea de facer os ramos. Entre elas levan o traballo en segredo, pous non queren que outras mozas sepan como a van facer o ramo.Hai muta competencia para ver quen fai o mellor ramo. Xa veremos o día de reis.
 Hoxe, un grupo de mozos, foron a buscar uns pelexos de viño, e uns garrafón de aguardente. Decidiuse que foran a Moimenta, pous alí o viño era mais barato a aguardente tamén, e seguramente mellor que o traian os comerciantes de Brumoso, aparte de que que o vendedor fixo un bon precio. Dixo que era un bon viño de Vinhais e a aguardente parece que a trouxo da beira do Douro. Solo habia un problema; os carabineros. Xunto co cura, tiñan-nola xurada. O primeiro no quería que se fixera baile “agarrado” e os degundos acataron o que él decia. Coido que algún cacique da zona tamén tivo arte no asunto.
 Fíxose de tal xeito, pois xa habia experencia dos mais vellos, que parecese que se ia a traer nun dos carros dos torgos.
 En realidade o viño xa estaba na quinta do Bernardino de Barxelas, lugar onde o trouxeron de noite os portuguese dous días antes. Solo había que traelos nunha burra polo camiño do Barreiro, como sé se trouxera de Brumoso.
 Os que ian polos torgos, acompñariaos o gaiteiro, Luis, e o Silverio co bombo, o Horácio acompañaría co tambor.
 Pola noite deixouse todo na casa do reinado, sen cousa que mereza apena sinalar, salvo que o final do día o Silverio desacompasaba o tocar o bombo e quixose converter en cantante solista. Claro que algún mais xa inicou a andaina arredor dos pelexos de viño de Vinhais. A aguardente estaba na casa do ti Adolfo. A ver quen era o guapo de tentar gorentala.
 Xa veremos a ver que pasa mañá.

2 comentarios:

  1. Grandioso Xabrés... moi bo cantando e contando en 'directo' o reinado. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Amigo Xoumeco: Teño idea de continuar, cos meus recordos dos reis. Pasou que se interrompeo a leria, pous fun velos allos e maila xeada por Val dos Marcos.
    Apertas.

    ResponderEliminar