sábado, 21 de enero de 2012

O MELLOR ENTRENADOR DE ARTES MARCIALES

 
 - Papá, teis que enseñarme a mallar nos mais vellos.
-    Ia logo, ¿Qué pasou?.
-    Estábamos xogando o Parado io collido, e os mais vellos rompian a “cadeneta” e despous mallaban en nos. ¡Claro, son mais grandes e poden mais, teis que enseñarme a darles leña!
-    Mira, cuando sea así, tu ameazaos decíndole que se seguen así, que le vais a encher os dedos de cara!, xa verás como collen medo e te deixan tranquilo.
 Esta conversa tiña-a eu con meu pai no banco de carpinteiro. El estaba facendo unhas portas para algunha casa de algún veciño.
 En principio eu quedei conforme coa “receita” que me dera. De sócate deime conta da parvada que me acababa de decir o pai, e medio cabreado dixenle, que non me engañera, que aquelo era unha parvada e non ia axudarme a defenderme.
-    Papá, teis que axudarme de verdai a que poida mallar neles, senón vain facelo eles en min.
 Fitou para min, e metendo a mau debaixo da pucha que levaba na cabeza, empezou a rascarse, como se de repente tivera a sarna. Pensou un pouco, e cunha mirada que non me pareceu demasiado seria díxome:
-    Mira, voute ensinar a mallar neles. Mais eso debe ser un segredo entre ti e mais eu. Non pode averiguar naide como se fai porque senón despous faranho todos.: “ Cuando sea a ocasión, tu o que tés que facer é cegalos, para mallar neles. Primeiro dasle un puñetazo no ollo esquerdo, e mentras él se rasca nese ollo, vais e dasle no outro. Entonces mentras escofa os dous ollos, xa le podes dar as que queiras no lombo.
-    Sí, sí. Mais ¿se non se deixan dar no ollo esquerdo primeiro?-dixenle eu-
-    Entonces dasle primeiro no dreito-respostou.
-    Xa, pero como son maiores o mellor non se deixan.
-    Bueno – dixo él- entonces solo te queda unha solución.
-    ¿Cuál é, papá ¿
-    Nese caso debes ser precavido. Teis que levar un saco.
-    ¿Un saco, para quei?
-    Para meter dentro os paus que te den.É bon ter onde meter as que le den a un.
 Con aquelas recetas, quitéronseme as ganas de mallar, nos mais grandes.
 Sempre pensei que a xente vella era sabia. 

4 comentarios:

  1. Sabios consellos de pai. Dos que daban que pensar. Se che di que non xogases cos maiores non lle había facer caso.

    ResponderEliminar
  2. Jjejejejej A mi me costó un poco más darme cuenta... de las dos cosas.
    Abrazos, Xabres

    ResponderEliminar
  3. Xibeliuss: Decian por la zona: "morrendo e aprendendo".Siempre será así.
    Apertas.

    ResponderEliminar