lunes, 16 de enero de 2012

A AVARICIA ROMPE O SACO.


 Queridos amigos e amigas: Días atrás escribin por aiquí unha carallada de cando era pequeno. Cando a burra, nas Breas, me mandou o medio da torgueira e me fixo tres buracos, un no frontal, outro nun parietal e o terceiro no ocipital. Por se alguén se sente Santo Tomas, cando queira e me vexa, e eu esté pola laboura, que me pregunte e ó mellor inda le ensino as pegadas do estacazo.
 Alí falaba da memória e dos caprichos da mesma, sobre todo da miña. Teño o que se chama unha memória fotográfica, e que relaciona cousas archivadas nela. Moitas veces cunha certa orden e outras, cousa que no entendo, relaciona  cousas que non teñen relación lóxica ningunha, polo menos eso me parece.
 Veredes o que me acaeceu un día en Barcelona, alá a finais dos sesenta do século pasado. (carallo, xa vou camiño do século, polo menos a metade vai liquidada).
 Daquela, o diñeiro, por moito que agora digan, era tan escaso coma hoxe. Os que o tiñan seguen a telo e os curritos, igual hoxe ca onte, case a dúas velas.
 Eu necesitaba mercar unha camisa, daquelas que se chamaban dos domingos ou de festa. Nun comercio da Travera das Corts, guipera unha da marca Dalí, feita en Redondela por un zamorano chamado Regojo, e que estaban todolos días anunciadas na TVE.
 Estaba no escaparate, a camisa, e tiña o precio posto: 250 pts.(Menos de 2  € de agora. A camisa era chula, e o precio para unha camisa de festa non estaba mal.
 Un sábado pola tarde (polas mañás traballábase), acerqueime por alí con meus hirmaus. Ia comprar a camisa. Entrei no comercio, atendeume unha guapa dependienta, mediume o pescozo, determinou a talla, e confirmandome que valía 250 pts. enbolicouma, deume unha bolsa onde metela, e fun a caixa a pagar.
 Na caixa estaba o dono do comercio, tipo sério e mal encarado donde os houbera. Marcou na máquina rexistradora o precio, deille as únicas 500 pts que tiña, nun billete da devandita cantidade.
 Deume a volta, e como case sempre fago (mal feito), collín o cambio e tal como mo deu metin-no no bolso do pantalón, e sain do comercio.
 O estar na rua, veume a cabeza que tal ve me deran o cambio mal. Saquei os cuartos do bolso e, efectivamente, tiña 750 pts. O malencarado regalábame a camisa e cincocentas pesetas.
 Comenteino cos meus hirmans, e entrei de novo no comercio, co ánimo de desfacer o entorto, cual Quixote moderno.
 O entrar, saiu a dependienta a atenderme, seguramente pensando que quería mercar algo mais, pero o decirle que me parecía que me deran mal o cambio, o seu xefe, ese tiparraco mal encarado, berrou desde o seu curruncho que as reclamacións tiñan que ser no acto, non despous de sair ó camiño e voltar.
 Eu, como comprenderedes, aceptei a reprimenda, e dando as gracias saí do establecimento.
 Cuando estaba xa camiñando hacía o Camp Nou, veu correndo detrás de nos o mal encarado. Mirera na caixa e descubrira a desfeita.
-    Oiga- dixo- le he dado mal la vuelta, venga de nuevo a la tienda.
-    Las reclamaciones en el acto y dentro de la tienda- respondín eu.
 Coido que nunca, tanto ós meus hirmans como a min, nunca saboreéramos tanto en tan ben, o pan amb tumaca que nos metimos entre peito e espalda a conta do xudeu aquel.

1 comentario: