lunes, 5 de diciembre de 2011

NOVO TEITO

   

Esta fin de semana estiven por Val dos Marcos. Andei bastante entretido contando urces, xestas e chaguazos. Nunha próxima visita o Val do Tuela acercareime a beira do riu que baixa da Gamoneda, a contar carqueixas.

 O tempo estivo regulin tirando a bon. A medida que pasaban os días ia facendo mais calor. Non xeou.
 Plantei, no tempo que me deixaba libre a conta das matugueiras, unha moreira, un zreixal e dúas arandeiras. Para cando os políticos e os mercados consigan que as pensións dos que xa temos dereito(e que non las debemos a eles) e elas perdan todo o seu poder adquisitivo, xa no terei problemas. Terei froitos da terra que comer, e a eses politicos e mercados vendereile os meus excedentes a precio de ouro a eses mesmos capullos.
 Esta mañá, cando me erguí da cama, achei unha casa grande, pra todos os veciños  dos Val do Tuela.
 Era, en reaidade, solo o teito. A Natureza aproveitou as ladeiras do monte Muga e do Ladeairo pra amarrar a cuberta superior ou louxado, ainda que neste caso no era de louxa.
 Unha néboa gris e uniforme tapaba os alto dos lombeiros, e como consecuencia o mirar pra arriba non se via o azul da atmósfera. Eso sí ás veces, a néboa rachábase, e colábae pola rachadela unha fermosa raiola de Sol. Era como estar dentro dunha palloza cunha bufarda  no medio do colmado.
 Pola noutiña, entre lusco e fusco, os mouchos tiñan as súas conversas pola banda do Castro e as Mioquiñas. De cando en vez berrábales unha raposa, que seguro estaba enfurruñada por non poder durmir.
 Houbo unha boa noticia: O Ladito volveu do hospital, estivera maliño, e parece que volveu xa curado.
 Xa casi non habia cogumelos, e as cacavinas inda non sairon.
 Haberá que comer berzas.

2 comentarios:

  1. Tanto contar xestas, uces e chaguazos... Por eso non te vimos desta vez.
    Comer berzas e bo.

    ResponderEliminar
  2. Sei que estivesteis por alá. Xa sabes despouxa de contar urces hai que clasificalas e logo ir a buscar as berzas.

    ResponderEliminar