jueves, 22 de diciembre de 2011

¡BON NADAL E BOAS FESTAS!



 Falaban os vellos dunha guerra do mundo. Decian que xa estaba acabando. Naide entendía aquelo. Uns decian que era para que os comunistas non viñeran. Otros como o mestre , decían que era porque os que mandaban non querian liberdade.Creo que se refería a nosa guerra.Eramos ricos, tíñamos unha guerra própia.
 No razoamento daqueles sete rapaces, non cabian aquelas cousas. Na simplicidade do seu razoamento solo entendian que se uns homes loitaban contra outros, era porque seguramente uns eran bos e outros maus. Non entendian outra cousa pola cual a xente debía matarse. Inda por eso de bos e maus, tampouco o tiñan claro. De cando en vez, na aldea os veciños decian: fulano é bon, ou mengano é mau. Se o mau era amigo, non se entendia  que dixeran o contrário e o reves.
 Aquel día pola noite era festa. Decían que nacera, facía moitos anos,  en Belen un pobo de Palestina, o fillo de Deus. Era fillo dunha muller virxen, unha pomba e un carpinteiro.
Daquela os rapaces, que  baixaban polo Camiño Novo abaixo, estaban mais preocupados polo que le traerían as súas mais da Moimenta, aldea portuguesa, a que ian comprar cousas que na propia non había, tales como café, azucar e xabrón. Prometeran traer algo para que na cena comeran como podían comer na casa do cura ou así.
 Tardaban muto en volver. Marcheran pola mañá e xa casi escurecera e non chegaban.
 Seguro que as colleran os guardiñas portugueses e as leveran a cadea. Adeus cea, adeus mais. Cuando estaban falando desto viron que as suas mais aparecian polo rouso do Camiño novo. Correron hasta elas. Un dos rapaces quedou chorando nunha rodeira do camiño. Enchérasele un pé de picos, coas xeadas, os ourizos tiñan os picos mui duros, e no pé tiña un feixe deles cravados.
 Chegueron as mais, axuderon ó ferido. Non era extrano que os picos os feriran. Era inverno, habia neves, xeadas. Polas mañás tanto nas arbores como nos louxados, penduraban aqueles cachos de carouxo, que moitas veces chuchaban como se de caramelos se tratase.
 A hora de cear había, efectivamente, festa. Unhas patatas fritidas con graxa de touciño, unha chouriza inda fresca tamén fritida, e o mais importante as terroxas. Cachos de pan rebozados en ovo fritidos, e despois cheos de azucar polas dúas bandas. Era o azucar o ingrediente que as mais foran a buscar a Moimenta.
 O cura dixera que o fillo de Deus nacera pobriño, nunha corte e que tivera como cama ou cuna a manxadeira das vacas. Parece que cando foi mais grande, materon-no, algunha xente que era como os que decian que ahora estaban en guerra. Non cambiera nadiña o mu ndo. E os rapaces pensaban que ó mellor ahora eran eles os pobres fillos de Deus, pous entre a corte das vacas e o xergón no que dormian solo habia unhas tablas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario