miércoles, 23 de noviembre de 2011

O TI ALEXANDRE


 En Val dos Marcos, sempre houbo personaxes fantásticos, deses que un dice que non deberian morrer nunca, merecentes de que un Plutarco novo que os biografiera, ou polo menos nos deixera un bon panexírico deles.
 Un deses personaxes, polo que eu sinto unha verdadeira admiración, tanto pola súa persona como polas suas ocurrencias, que non eran cousas nimias. Creo que tiña unha grande intelixencia, sabia-a usar e era tremendamente ocurrente. Neste último sentido creo que o seu neto Xetoño, non le vai a zaga. Estou a falar do ti Alexandre.
 Xa por aiquí contei o seu encontro coa bruxa da Veiga, contada por él mesmo e polo seu fillo Agustín.
 Cuando se atopou con ela, unha vez que se cruceron, él volveuse a mirala por detrás, e foi daquela cuando se decatou de que tiña patas de cabra. Maís, unha das cousas que mais le maravillou, foi que a susodicha, levaba postos uns zapatos con un tacón moi alto, que le facian un chusco andar pola lama e carrizos da Veiga.
 Según o ti Alexandre, por levar aqueles “zancos”, facía que a fermosa bruxa por diante, fixera unhas verdadeiras extremonías por detrás. O parecer o movimento das cachas da individua era parecido a roda dun muiño que non fora redonda de todo.
 Nunha ocasión, estando na seitura, ou na acarrexa, xa non o recordo moi ben, sentados no cimo das leiras da Cruz de Pedra, na beira do camiño de Rechouso estabanse a comentar cousas das cidades.
 Eramos sete ou oito, e él estaba alí tamen. Falouse de cousas que pasaban nas cidades e que nin polo asomo se coñecian pola nosa bisbarra. Incluso dauqela difíciles de imaxinar.
 Alguén sacou a colación os zapatos de tacón alto que estaban de moda. A conversa subiu e baixou de tonos, cada quen fixo o seu comentário o respecto, falando do dificil que deberia ser camiñar empioladas no alto daquelas agullas sen caerse etc., etc. .
 Colleu a palabra o ti Alexandre, e todos guardamos un silencio respetuoso, pois esperabamos unha boa sentencia del.
 Co seu deixe e voz caracteristica, dixo; A min gustariame ver a unha desas señoritas, con tacón alto e medias de plexiglas, apañando mollos polas leiras, e esquivando as bostaregas das vacas.
 O rastrollo seguro que pasaba de dez centímetros de cañotos. Polo menos a nos que escoitabamos deunos un bon ataque de risa. A imaxe mental que a min me quedou, foi a de unha moza lizgaira coas canelas cheas de picaduras dos cañotos da palla, coas medias de plexiglas esgazadas e con sucos de sangue entrandole dentro dos zapatos., con un tacón medio esnaquizado, e os dedos asomando por un lado.
 Seria bastante peligroso, sobre todo na Cruz de Pedra, lugar onde abundan os viviróns, coñecidos polos cientifícos como vivora bastarda. Ainda que ó mellor a hora de morder, o zapato salvaba a sua portadora.

4 comentarios:

  1. O que máis oí contar eu do ti Alejandro era a súa voluntariedade para acoller aos guardias civís solteiros. Os casados alugaban casa. Os solteiros había que colocalos nalgún sitio. Facíano despois de reunirse os veciños en audiencia. "Metédeos na miña casa que, dalí, logo sairán". Seica dicía así.

    ResponderEliminar
  2. Esa é outra das anécdotas deste home. Como a da figueira e os seus osos, ou a leria que se traian él e meu pai para enterrarse.Volveremos elas algún día.

    ResponderEliminar
  3. Pous outra vez o carlos de castrelos entrou a nosa casa insultandome ,yo meu abuelo dixole,tu confesentete pork de comulgar doute eu , escapou sin decir esta boca e miña.

    ResponderEliminar
  4. Maria, típico do teu avó. Solventou o problema con palabras, sen necesidade de chegar á "comunión". ¡Cuanto nos queda de aprender daqueles nosos vellos!
    Bicos

    ResponderEliminar